1 minute read

Os ditongos e os hiatos

1 Observa con atención.

Os ditongos

Cando dúas vogais se pronuncian xuntas nunha mesma sílaba, dicimos que forman un ditongo. Unha desas vogais ten que ser sempre i ou u (lar-p ei -ra-das, au -ga).

Non comas m oi tas larp ei radas e bebe au ga con frec ue nc ia ordenador chourizo estoxo Laura gaivota dente outono catorce

2 Divide estas palabras en sílabas.

Breixo oito vermello temporal

• Que sete palabras teñen ditongo? Sublíñao.

3 Observa con atención.

Os hiatos xe a san a dí a a lác mén do te do o

Dúas vogais seguidas que se pronuncian en sílabas distintas forman un hiato (Lu-cí-a, pr e-o -cú-pa-se).

Luc ía pr eo cúpase pola s aú de dos seus d oe ntes.

4 Atopa catro palabras relacionadas coa comida.

• Teñen ditongo ou hiato?

Copio e completo para organizar as miñas ideas ... ...

Dúas vogais seguidas que se pronuncian na mesma sílaba.

Dúas vogais seguidas que se pronuncian en sílabas distintas.

Ditado

Escoita atentamente este texto e fai o ditado.

Os meus pais chámanse Diego e Antía. Gústanos moito saír pasear ou andar na bicicleta. Cremos que facer deporte é moi bo para a saúde. Ademais, intentamos comer variado e tomar larpeiradas só de cando en vez. Canto máis caseiras sexan, mellor! Sabedes cal é o noso almorzo preferido? Iogur con froita! Mmm… está boísimo.

Rodea de vermello os ditongos e de azul os hiatos.

Agora, valora o traballo do teu compañeiro ou compañeira. Que cres que debería mellorar?

Despois do ditado:

This article is from: