1
Vai
de museos!
Imaxina que hoxe estás moi aburrido ou aburrida. Que poderías facer para entreterte? Hai moitas opcións: podes ir ao parque, dar un paseo, ler un libro, cociñar en familia, debuxar... E que che parecería ir a un museo?
Como o ves? Na túa localidade hai algún museo? Cres que os museos son lugares divertidos?
O dato En Galicia existen máis de oitenta museos oficiais e moitas iniciativas privadas.
Para esta unidade...
Obxectivo en acción Pensa nos beneficios de visitar un museo e inventa un novo sobre algo que che interese.
Leo noticias sobre museos
Sigue o fío! 8
Algúns museos ofrecen actividades especiais para as escolas.
Escoito historias do verán
Que foi o que máis che gustou deste verán?