U1
O acento gráfico 1 Le o seguinte texto e observa as palabras destacadas.
O último sábado do verán estiven na praia de Panxón cos meus curmáns Uxía e Marcos. Atopamos cunchas moi fermosas que vou gardar na miña colección. Pasamos un día fantástico xuntos! Estou desexando repetir! 2 Le de novo o texto anterior. • Copia todas as palabras que teñan acento gráfico. • Divídeas en sílabas e rodea a sílaba tónica. • Clasifícaas segundo o lugar que esta ocupe. Último lugar
Penúltimo lugar
Antepenúltimo lugar
ve-rán
U-xí-a
úl-ti-mo
?
?
?
O acento gráfico Algunhas palabras levan sobre a vogal tónica un signo ´ para marcar a intensidade; é o acento gráfico: sábado, Panxón, curmáns...
DITADO Escoita atentamente este texto e fai o ditado. Nas vacacións, Breogán, María e André fixeron unha reportaxe fotográfica da aldea dos seus avós. Colleron as cámaras e fotografaron unhas árbores enormes, o can Crispín, a antiga estación do tren... Cando chegaron á casa merendaron un bocadillo de xamón, unha mazá e un zume de limón. Rodea as palabras que teñen acento. Despois, clasifícaas na táboa do exercicio 2. Agora, valora o traballo do teu compañeiro ou compañeira. Que cres que debería mellorar? Despois do ditado: Ortografía
Presentación
Caligrafía
21