E N R E D O C O A C U LT U R A
A Real Academia Galega A sede da Real Academia Galega é tamén a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. Sabes quen foi esta muller tan importante?
A Real Academia Galega (RAG) é unha institución creada en 1906 co obxectivo de fomentar a nosa cultura e establecer o uso correcto da lingua galega. Ten tres seccións de traballo: Lingua, Literatura e Historia.
1
Consulta o vídeo «A orixe da nosa lingua guapa» feito pola RAG para explicar o nacemento do galego.
• Debuxa a pota da lingua galega que fai a profe no encerado, cos seus ingredientes. • Por que di que a nosa lingua é «guapa»? • Escoitade a canción «Lingua guapa» e cantádea todos xuntos. A RAG tamén decide a personalidade literaria á que se lle dedica cada ano o Día das Letras Galegas.
2
As seguintes persoas foron homenaxeadas pola RAG. • Consulta a web e anota unha obra de cada unha. • Quen foi profesora e escribiu moitos libros para a infancia?
Manuel María
18
María Mariño
Lois Pereiro
María Victoria Moreno