Facilidade de adaptación Canto á facilidade de adaptación, os enquisados destacan o feito de poderen coñecer mellor a toda a xente que vive aquí. Séntense máis preto da súa natureza interior e son máis felices vendo a natureza deste lugar. Axuda recibida cando foi precisa Todas as persoas entrevistadas dixeron que recibiran axuda, menos unha. Algúns dixeron que os veciños quedaron co seu fillo sempre que lles fixo falta e a outros ensináronlles as aldeas para non se perderen ou presentáronlles xente para que non se sentisen sós. A algúns convidáronos a comer ás suas casas. Tamén recibiron axuda dos amigos e compañeiros de traballo. Nivel de aceptación ou discriminación As persoas que entrevistamos dixeron que se sentían aceptadas e a gusto pero que sabían que a outra xente os vía como unha persoa de fóra, mesmo con algún rexeitamento. Tamén dixeron que tiveron moita sorte cos seus veciños. Só dúas persoas afirmaron que se sentían discriminadas. Nalgúns casos indicaron que a aceptación tamén depende daquilo en que traballen. Hai profesións máis aceptadas ca outras. Persoas con que viñeron ao Courel A maioría viñeron sós, outros viñeron coa súa parella e separáronse e outros viñeron coa parella e fillo. Motivos para ter emigrado Metade dos entrevistados viñeron por traballo. Outros, porque lles gusta o Courel, vivir na natureza.
120