4 minute read

Eólicos, un problema real?

Canto á facilidade de adaptación, os enquisados destacan o feito de poderen coñecer mellor a toda a xente que vive aquí. Séntense máis preto da súa natureza interior e son máis felices vendo a natureza deste lugar.

Axuda recibida cando foi precisa

Advertisement

Todas as persoas entrevistadas dixeron que recibiran axuda, menos unha. Algúns dixeron que os veciños quedaron co seu fillo sempre que lles fixo falta e a outros ensináronlles as aldeas para non se perderen ou presentáronlles xente para que non se sentisen sós. A algúns convidáronos a comer ás suas casas. Tamén recibiron axuda dos amigos e compañeiros de traballo.

Nivel de aceptación ou discriminación

As persoas que entrevistamos dixeron que se sentían aceptadas e a gusto pero que sabían que a outra xente os vía como unha persoa de fóra, mesmo con algún rexeitamento. Tamén dixeron que tiveron moita sorte cos seus veciños. Só dúas persoas afirmaron que se sentían discriminadas. Nalgúns casos indicaron que a aceptación tamén depende daquilo en que traballen. Hai profesións máis aceptadas ca outras.

Persoas con que viñeron ao Courel

A maioría viñeron sós, outros viñeron coa súa parella e separáronse e outros viñeron coa parella e fillo.

Motivos para ter emigrado

Metade dos entrevistados viñeron por traballo. Outros, porque lles gusta o Courel, vivir na natureza.

Facilidade para encontrar emprego e nivel de satisfacción

O emprego é un tema bastante complicado. Algúns xa viñeron aquí con el; outros din que non é nada doado atopalo. Metade dos enquisados están satisfeitos co seu traballo. A outra metade afirma que non ten oficio ou cre que non cobra o suficiente.

Aspectos a mellorar no Courel

Os aspectos a mellorar no Courel que declaran estas persoas son os servizos médicos e as infraestruturas de transporte. Tamén queren unha maior participación por parte dos veciños, a dinamización das zonas, tendas de comidas típicas doutros países e unha maior implicación por parte da administración. Un dos aspectos ao cal todos lle dan a máxima importancia é á repoboación das aldeas. Din que é fundamental que a xente se dea conta do patrimonio que posúen para implicarse máis no coidado da terra.

Conclusión

En conclusión, como vimos, hai varios tipos de inmigración e de inmigrantes, os cales costuman ter desvantaxes sociais, entre as que destaca a dificultade para encontrar un emprego. Con todo, no noso concello, metade das persoas inmigrantes viñeron xa con traballo e están satisfeitas co que cobran.

As principais diferenzas encontradas entre o Courel e o lugar de orixe son o clima, o tempo que leva ir dun sitio a outro e a despoboación. En xeral, ninguén tivo grandes dificultades de adaptación. De feito, só unha persoa das entrevistadas afirma non ter recibido ningunha axuda. Hai quen resalte o feito de que son vistos como “de fóra” e todos recoñecen que hai cousas que mellorar no concello, mais a maioría séntese ben e aceptada.

Resumo EÓLICOS, UN PROBLEMA REAL?

Gema Montero García*, Adrián Pardo Rodríguez* *CPI Poeta Uxío Novoneyra

Ante as continuas novas sobre a proliferación de parques eólicos, decidimos averiguar cales eran os seus impactos positivos e negativos, coñecer a opinión dos diferentes sectores implicados (título persoal, asoc. afectada por PE, asoc. naturalista, consultora ambiental e empresa promotora), ver si estes estaban informados e indagar si se estaban a facer ben as cousas durante a planificación dos PE. Realizamos entrevistas e unha enquisa na que contestaron persoas de 5 sectores. Analizando os datos pensamos que en xeral a xente está informada sobre o tema. Observamos diferencias á hora de valorar os impactos negativos e positivos entre os 5 sectores. Os datos fannos pensar que moitos dos impactos negativos non se están a recoller correctamente nos estudos de impacto ambiental e que non se teñen en conta os espazos protexidos á hora de planificar un PE.

Introdución

A finais de ano, comezaron a aparecer novas en prensa e en redes sociais sobre a proliferación de PE en Galicia, denunciando unha normativa anticuada, estudos de impacto ambiental mal realizados... e incentivando que a xente fixera alegacións. Con máis de 131 PE en tramitación, Galicia ten unha media de produción de 115kW/km2 , fronte ós 46 kw/Km2 do estado español ou os 72 kW/km2 de Alemaña. Con todo esto, hai tamén voces a favor dos PE argumentando diminución de prezos na factura da luz, diminución de gases contaminantes e xeración de emprego.

Obxetivos do traballo

A raíz de todo esto, plantexámonos: -Averiguar cales son os impactos reais que xera un PE, tanto negativos como positivos. -Coñecer de primeira man a opinión que teñen os distintos sectores sobre a enerxía eólica. -Indagar si se están a facer ben as cousas no proceso de planificación e construción dos PE (estudos de impacto ambiental ben feitos, respecto polos os espazos protexidos…)

Hipóteses

Ó comezo do traballo as nosas hipóteses foron: - A enerxía eólica apenas ten impactos negativos - En xeral, existe descoñecemento polos impactos provocados polos PE. -Parte da oposición á construción dos PE está xerada polo descoñecemento. -Os estudos de impacto ambiental recollen todos os impactos provocados polos parques eólicos. -Os PE respectan os espazos naturais protexidos.

Material e métodos

Para realizar este traballo recadamos datos do número de PE planificados en Galicia,

This article is from: