Revista Brinquiños 2023

Page 1

Brinquiños

Nº 1
Xuño 2023
Ceip Anexa Lugo
Saúdo da Dirección 1 Semana da prensa - 4º EI 2 Saídas - 4º EI 3-4 Os dinosaurios - 5º EI 5 Lugo no Tempo - 5º EI 6 A nosa clase - 5º EI 7 Laboratorio - 6º EI 8-9 A cidade das formas - 6º EI 10-11 Obradoiro de cociña - 1º EP 12-13-14 Experimentos: a auga e o aire - 2º EP 15 Pasatempos - 2º EP 16 Adiviñas - 2º EP 17 Entrevista á Directora - 3º EP 18-19-20 Extracción do ADN - 3º EP 21-22 Primavera - 4º EP 23 Lendas - 5ºEP 24 Unha pantasma no colexio? - 5º EP 25-26 Para Teresa - 5ºC 27-28-29 A mestra que fun - Teresa Estévez 30 Visita de Anxo Fariña - 5º EP 31 Concerto Arde Lucus - 5º EP 32 Despedida - 6º EP 33-34 Sección Musical - Aula de música 35 Coñecemos a Luis Álvarez - Aula de música 36-37 Proxecto Ecohortas - Pedagoxía Terapéutica 38-39 Por un mundo neuroinclusivo - Dpto de Orientación 40 Lugares de culto e Calendario Litúrxico - Relixión 41 Letras Galegas 2023 42 Biografía Francisco Fernández del Riego - 6º EP 43-44 Xogos Populares - Educación FÍsica 45 Música tradicional galega 46 A biblioteca recoméndanos 47
Coordinación: Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Ceip Anexa Maquetación: Ana Elisa González Fernández e Carmen Rodríguez López Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración! Páx
ÍNDICE

Hoxe queremos dar a benvida no CEIP Anexa á primeira revista dixital, “Brinquiños”, xestionada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e elaborada coas achegas do profesorado e alumnado de todos os niveis educativos do Centro.

Os seus obxectivos, entre outros, pasan sempre por potenciar o uso do galego, reforzando a súa dimensión comunicativa e expresiva que nos permite percibir a utilidade da lingua e o seu uso correcto e eficaz, dándolle cada día un novo liderado.

Nas seccións propostas atoparedes algunhas das actividades que se levaron acabo este curso escolar 2022/23, outras poderedes velas na páxina web e nos blogs de aula.

Os nosos xornalistas quedan á procura de novas noticias para continuar informándonos do que vai sucedendo no colexio nos vindeiros cursos escolares.

Só nos queda desexarvos unhas felices vacacións a toda a Comunidade Educativa!!!

Equipo Directivo

1 Voltar ao índice

SE A

SEMANA DA PRENSA

Nomesdemarzo, traballamosaSemanada prensa. Coñecemos o xornal deLugo“OProgreso”.

Informámonos de moitas novas e tamén xogamos coas súas páxinas.

Coloreando e debuxando, a figura humana fomos formando.

2
Alumnado 4º EI Voltar ao índice

Saídas 4º de E.Infantil

O día 1 de marzo visitamos a Biblioteca

Nodal. Aprendemos a facer préstamos, miramos moitos contos e tamén visitamos a ludoteca.

3 Alumnado 4º EI Voltar ao índice
4 Alumnado 4º EI Voltar ao índice
O día 12 de maio fomos a “Lugo no tempo” e descubrimos un montón de cousas sobre a nosa cidade, contadas polo polbo Breogán.
Alumnado 5º EI 5 Voltar ao índice
Alumnado 5º EI 6 Voltar ao índice
Alumnado 5º EI 7 Voltar ao índice
Alumnado 6º EI 8 Voltar ao índice
Alumnado 6º EI 9 Voltar ao índice
10 Alumnado 6º EI Voltar ao índice
Alumnado 6º EI 11 Voltar ao índice
Alumnado 1º EP 12 Voltar ao índice
Alumnado 1º EP 13 Voltar ao índice

Ingredientes

Amorodos

Melón

Sandía

Uvasbrancasenegras

Plátanos

Nubesdegominola

Pausdebrochetas

PREPARACIÓN:

1.Lavamosbenasfroitas.

2.Pelamosetroceamosenanacosomelón,a sandíaeoplátano.Quitamosotaloaosamorodos.

3.Ensartamosasfroitasnopaudabrocheta. Podemosincluirunhanubeaoprincipioeaofinal.

4.Presentamosasbrochetas,porexemplo, cravándoasnunharodaxadesandía.

5.Elistoparasaborear!

brochetas
ESCANEAPARAVERMÁISFOTOS ALUMN@S 1ºB Alumnado 1º EP 14 Voltar ao índice
de froitas

Experimentos: a auga e o aire

Inchando globos

Materiais necesarios:

Un globo, bicarbonato, vinagre, unha botella e un embude.

Instrucións:

Pon medio vaso de vinagre dentro da botella

Coembudebota4culleradiñas de bicarbonatodentrodo globo.

Abre a boca do globo e colocao na boca dabotella

Deixa caer o bicarbonato dentro da botella e observa como seinfla solo.

Auga doce e auga salgada:

Xogamos co Beebot para repasaros contidos e tamén realizamos un mural para identificar os usos e as características da auga doce e da auga salgada.

O ciclo da auga: Realizamosvariosexperimentos relacionadoscos cambios de estado da augae cociclo da auga, onde inclusorealizamos unha maqueta para ilustrar este fenómeno.

Sólido ou líquido?

Materiais necesarios:

3tazasde maicena

1vaso de auga.

5gotas de colorante alimenticio.

Un recipiente onde facer a mestura

Se suxeitasamesturacon forza,esta convertirase nun sólido, pero se extendes a palma da túa man, a mestura pasará de sólido a líquido como porarte de maxia

Alumnado 2º EP 15 Voltar ao índice

Horizontais:

1.Partedocorpoentreopescozoeaspernas.

3.Animalquesealimentadeplantas.

5.Aireenmovemento.

7.Precipitaciónenformasólida.

8.Partedaplantaqueestádebaixodochan.

Verticais:

2.Animalquenacedeovos.

4. Propiedade dun material que se pode dobrar sen romper.

6.Máquina simple enformadebarraríxida.

SOPA DE LETRAS DO CICLO DA sarabia
chuvia
de ciencias gasoso auga líquido xeo sólido vapor Alumnado 2º EP 16 Voltar ao índice
Encrucillado
Alumnado 2º EP 17 Voltar ao índice

Entrevista á Directora, Mª Lucía Núñez Saavedra

En que consiste o seu traballo?

Se tivera que escoller unha palabra que defina o meu traballo sería “paixón” porque a paixón resulta imprescindible para xestionar todas as necesidades diarias dun centro educativo como o noso.

Paixón para xestionar cada curso escolar a todas e cada unha das persoas. Vos xa sabedes que son moitas!

Paixón para recibir, presentar e planificar todas as actividades e documentos que se desenvolverán

Paixón para atender ás familias

Paixón por un traballo ben feito que non sempre é facil de conseguir.

Canto tempo foi mestra, antes que directora?

Levo traballando trinta e cinco anos na ensinanza. Vinte destes, formei parte de equipos directivos e dezasete como directora de dous centros, seis no CEIP Castelao de Belesar, en Vilalba, e once no CEIP Anexa de Lugo, do que fun alumna de nena como vosoutros nos antigos estudos de EXB.

Na miña especialidade como mestra de Educación Infantil fun titora 24 anos e continúo sempre a apoiar en distintas sesións escolares a este nivel educativo.

Prefire ser mestra ou directora?

Gustábame moito ser mestra en Infantil, escollín esta especialidade por verdadeira vocación, pero é verdade que ser directora resultou ser para min un verdadeiro desafío.

Mirar cara a diante para garantir obxectivos de futuro para cada neno e nena do noso colexio, a utilización das novas tecnoloxías (E-Dixgal en quinto e sexto) e o Plan Dixital, a aprendizaxe significativa da segunda lingua (inglés) con seccións bilingües e a colaboración dunha auxiliar de conversa, de aspectos relacionados co medio ambiente, o reciclaxe e o horto, reformar e organizar a biblioteca escolar como espazo de encontro, etc...

18 Voltar ao índice Alumnado 3º EP

Que é o máis dificil de dirixir neste colexio? O edificio, os outros mestres, os pais/nais ou os nenos e nenas, quen lle da máis traballo?

O traballo máis laborioso é o burocrático que inclúe a todos os sectores que nombrades.

Se me preguntades que é o máis difícil para min, diría que é todo aquelo que ten que ver coas persoas que conforman a nosa comunidade educativa e que conflúen no centro

O seu traballo, deixalle tempo para a súa familia?

Nestes cursos anteriores houbo momentos moi complicados, en particular, durante a pandemia Covid19.

En canto a ser Directora é case unha forma de vida, cunha involucración horaria de 24 horas, cun compromiso diario co centro e as familias.

Ser Directora é apoiar nos momentos difíciles e celebrar conxuntamente os logros nos momentos bos.

Cantos fillos ten?

Teño dous fillos Unha filla de trinta e seis anos e un fillo de trinta e tres Eles sempre me apoiaron neste camiño

Gustaríalle que os seus fillos foran directores?

Creo que o máis importante é que eles tomen as súas propias decisións.

É máis dificil ser nai, mestra ou directora?

Todas teñen momentos enriquecedores e momentos case tormentosos. As tres gústanme!

Con quen traballa máis tempo?

Si ben me atopo involucrada con todo o Centro no traballo diario teño máis contacto coa xefa de estudos o profesorado e algúns pais e nais

19 Voltar ao índice Alumnado 3º EP

Cal é o mellor momento do día?

Cando chego a casa e despois de poñer as zapatillas sei que ese día foi o que tiña que ser, o día no que todas as pezas do puzzle do colexio encaixaron para crear unha obra perfecta, en armonía; cando os procesos de ensinanza aprendizaxe de cada aula encaixaron, nun ambiente equilibrado e coas condicións de espazos, tempos e ambiente educativo axeitados.

Cando paseo polo colexio e miro os murais feitos polo alumnado, os premios obtidos por eles, os proxectos docentes

Se lle concederan un desexo para mellorar o colexio, cal escollería?

Que as ratios das clases non superasen os 15 alumnos/as e máis recursos humanos para atendelos.

Alumnado 3º EP 20 Voltar ao índice

Extracción do ADN

Acompañados da profesora María Villar López, e dúas investigadoras do seu Departamento, o alumnado de 3º curso realizamos unha actividade moi, moi interesante: "A extracción do ADN caseiro".

Se penetramos no interior dunha dos nosas células, cunha simple ollada podemos ver o fervoroso bulicio de reaccións que se producen día tras día, miles e millóns de veces sen que nos decatemos.

O núcleo celular é o encargado del albergar o ADN, o noso libro de instrucións.

O ADN contén a información necesaria para que un organismo funcione correctamente

Este tipo de actividades, deben ser realizadas baixo a supervisión dun adulto.

Materiais que utilizamos:

Auga (sen clorar)

Vaso ou tubo de plástico transparente (non serve o vidro)

Cloruro Sódico (sal de mesa)

Lavalouzas

Etanol ao 96% (vale alcol das feridas)

alcol 21 Alumnado 3º EP Voltar ao índice

Procedemento:

Preparamos unha solución de auga con sal: disolver en medio vaso de auga 2 culleres pequeñas de sal de mesa, manter na neveira ata o seu uso.

Preparar unha solución de lavalouzas en auga: disolver un chorro pequeno ou unhas gotas (dependendo do concentrado que sexa o lavalouzas, debe facer escuma, pero non demasiada) en medio vaso de auga, manter na neveira ata o seu uso.

Manter o alcol no conxelador ata o seu uso.

Morder as meixelas e producir saliva (de onde se extrae o ADN é das células da mucosa oral). Verter a saliva no tubo de plástico.

Engadir uns 2 ml da mestura de sal.

Inverter suavemente o tubo, sen axitar.

Engadir uns 2 ml da disolución de lavalouzas.

Inverter suavemente o tubo, sen axitar.

Engadir uns 6 ml de alcol frío deixando que caia pola parede do mesmo.

Agora podemos facer dúas cousas:

Inverter suavemente o tubo, sen axitar e agardar a que aparezan uns fíos esbrancuxados.

Verter o alcol que é transparente sobre a capa acuosa. Entre as dúas capas, comezarán a formarse burbullas e deberán aparecer fíos esbrancuxados.

Eses fíos esbrancuxados, semellantes a unha nube, é o teu ...

ADN ADN ADN Alumnado 3º EP 22 Voltar ao índice
23 Alumnado 4º EP Voltar ao índice

A lenda conta que a filla do Señor de Torre de San Paio de Narla, foi salvada por un plebeyo de morrer pateada por un cabalo.

Namoráronse, e como o pai de Berta ( a rapaza) prohibiulles verse, decidiron fuxir xuntos.

Despois de andar moitas horas polo monte, agocháronse nunha cova, na "Cova da Serpe"

O réptil saíu a recibilos e botouse sobre eles

O rapaz sacou un puñal pequeno do cinto e fíxolle unha ferida de morte na testa, pero a cobra, trabouno e afogouno.

Cando chegaron os homes do pobo, Berta estaba a agarrar a man do seu namorado morto. Dise que toleou e que acabou fundando un convento.

O rapaz está soterrado na igrexa de Friol.

24 Alumnado 5º EP Voltar ao índice

Un día de semana cando os alumnos de 5ºB estaban esperando p ao mirar para as fiestras do piso superior, avistaron unha sombra que se movía con moita rapidez. Alporizados, os alumnos comezaron a sinalar e berrar: “que era aquela sombra que se vía na fiestra?”

Cando entraron no colexio, subiron as escaleiras de dúas en dúas a procura da sombra. No corredor non había ninguén, só percibiron un ruído que soaba moi ao lonxe Buscaron, e buscaron, pero non a atoparon

Na clase...cando estaban resolvendo un problema de matemáticas, un rapaz que estaba ao fondo da aula, viu pasar á sombra. Abraiado e confundido, avisou aos seus compañeiros O caos foi total, o medo apoderouse de todos. Os que estaban nas últimas filas escaparon para diante e os demais metéronse debaixo da mesa da profesora. Reinaba un silencio total.

Entre todos decidiron achegarse á porta da aula, abrir un anaco... e mirar se vían á sombra. Non a viron, só escoitaron outra vez o ruído Tranquilizáronse e seguiron con mates, lengua, lingua uff que mal! Case era mellor q

Baixaron ao lecer pensando onde estaría agachada a sombra, nos baños, nos corredores, na biblioteca, no almacén, e mesmo no ximnasio; podería agocharse en calquera lugar. Decidiron separarse por grupos para buscar nos distintos lugares

Os do primeiro grupo dirixíronse correndo á biblioteca, alí atoparon a Lucía Pedíronlle permiso para revisar todos os estantes, pero nada Onde estaría! Os seguintes grupos seguiron buscando no almacén... nos corredores, pero non atoparon nada sospeitoso

25
UNHA PANTASMA NO COLEXIO?
Alumnado 5º EP Voltar ao índice

No pavillón, os do último grupo, atoparon a Emilio e preguntáronlle se vira pasar unha sombra. Emilio quedou moi sorprendido e os alumnos que estaban con el, empezaron a berrar e foron correndo a agocharse nos baños. O profesor tivo que calmalos. Despois, o grupo regresou á súa aula sen resolver o misterio.

Xa preto da hora de saída, os alumnos, comezaron a buscar por todos os recunchos do corredor do segundo andar. E... atoparon a sombra nos baños, acurralárona entre todos e ao achegarse decatáronse que era Alfonso, o conserxe, que levaba roupa negra e facía ruído cuns zapatos novos que tiñan a goma sen desgastar. Resolto o misterio, os rapaces quedaron tranquilos.

26 Alumnado 5º EP
Voltar ao índice
ESTE CONTO ESTÁ ADICADO A ALFONSO, O NOSO CONSERXE.

Querida Teresa: Que tal estás?

Nós ben! Neste trimestre estivemos facendo moitas actividades. Na horta plantamos patacas, leitugas, amorodos, pementos, tomates, millo, cabazas que xa están crecendo, e a semana pasada xa puidemos levar leitugas para a casa; estaban moi boas!

Hai unha semana tivemos un pequeno concerto con compañeiros/as doutros colexios na plaza de Santa María cantando cancións de Arde Lucus, pasámolo moi ben, pero desafinamos un chisco e rematou chovendo

Ese día vimos profesoras que tivemos cando er e veunos ver moita

Ademáis tivemos varias saídas: protección contra os incendios, feira do libro, e as próximas serán ao museo Provincial e a Celeiro na mariña lucense; e ti, xa fixeches algunha viaxe das que querías facer?

Alumnado 5º EP 27 Voltar ao índice

Tamén, a principio de maio, nos veu visitar Anxo Fariña, o escritor de Megatoxos; e por certo, xa empezaches a escribir o teu libro?

Temos moitas gañas de lelo cando o remates

Foi un pracer terte como nosa profe durante estes dous anos tan marabillosos e sinceramente, botámoste todos moito de menos.

Unha aperta enorme!

Os teus alumnos de 5ºC

Alumnado 5º EP 28 Voltar ao índice

Moita Sorte, Teresa!!

Alumnado 5º EP 29 Voltar ao índice

A mestra que fun…

Dise que a creación da identidade docente empeza como alumno ou alumna. No meu caso, non pasou pola miña cabeza ser docente ata miña formación inicial, onde recoñecín as súas implicacións e valorei a importancia desta profesión no desenrolo da sociedade. O ensino é a profesión que ensina a todas as outras profesións!

O momento crucial foi cando me incorporei como docente ao grupo; aí tomei conciencia da significación da tarefa que tiña por diante e establecín as claves para o éxito: confianza en min mesma e nas miñas habilidades e sempre tratar de superarme

A docencia é unha profesión que esixe permanente formación e actualización e que deixa grandes satisfaccións profesionais e persoais. Non o dubidedes nunca!

Ser mestra non é traballar de docente é unha elección de vida. Permíteche ser unha eterna estudante, xa que cando se ensina un tema é cando máis se aprende del.

Ser mestra é escoitar ao alumnado, emocionarte coas súas novas aprendizaxes, crer neles, saber que son diferentes, únicos, especiais!

Estou segura que desde a educación pódese cambiar a mentalidade dun individuo e desenrolar persoas pensantes coa capacidade de tomar decisións por elas mesmas.

Tendo presentes estes principios desenvolvín a miña tarefa ao longo de case trinta e seis anos, con maior ou menor acerto, con máis ou menos ilusión, pero sempre, insisto, sempre tentando facelo o mellor que sabía e podía

Agora deixo o mundo do ensino profesional para volver a ser alumna na vida que me quede por diante. Xa dicía Hipócrates: Ars longa, vita brevis (A arte de aprender algo é longa pero a vida é breve).

Para rematar, unha aperta moi grande para toda a comunidade educativa do CPI Dr. López Suárez de Friol, onde medrei como docente e, á do CEIP Anexa de Lugo, que foi a que me viu partir cara a miña nova vida. Os meus mellores desexos para todos e todas!

30 Voltar ao índice

Visita de Anxo Fariña

No mes de maio, o alumnado de 5º, recibimos a visita do escritor e ilustrador do libro "Megatoxos e o aprendiz de druída", Anxo Fariña.

Anxo Xabier Fariña Temprano, nado en Vigo en 1977, é un ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís en galego.

Cando tiña 11 anos, ilustrou o seu primeiro libro, e, dende entón, no parou; ten publicado máis de cincuenta libros e máis de cen como ilustrador.

Ademáis de escribir, gústalle facer escalada, os reloxos e escoitar a música de Frank Sinatra. Na súa visita, converteu a Marco e a Mara en...

Alumnado 5º EP 31 Voltar ao índice

ConcertoArdeLucus

Todocomezouaprincipiodomesdeabrilcando,aprofesorade música,Elena,veucunharapazachamadaAlís.Alís,ensinounos unhascanciónseexplicounos,que,odía12demaio,íamoscantar conmáisde700rapacesnaPrazadeStaMaría.

Esascancións,practicámolasmoitoenmúsica.Díasdespois,Elena,díxonos,queíasero ensaioxeral,odía27deabrilnomesmolugar.

Echegouograndía!Oscursosde5º,ealgúnsde6º,doscolexiosdeLugo,fomosáPraza deStaMaríaaensaiar.Saíuxenial!

Elena,comentounosque,contresvoltiñasmáis,abondaría!

Tivemosquecaracterizarnosderomanos,castrexos...Estabamosbencontentos!

Chegouo12demaio!

Acompañadosdastitorasedaprofe demúsica,colocámonosenposición paracelebrarqueafestividadede "ArdeLucus"foinomeada"Festade IntereseTurísticoInternacional".

Levouuntempocolocarnosaos700 participantes,pero,estabamostan contentos,que,oresultadonon puidosermellor! FOIXENIAL!!

5º EP
Alumnado
32 Voltar ao índice

O alumnado da Anexa que escribe esta despedida, non vai seguir neste centro, xa que remata a etapa de Primaria. Adiviñades quen somos?

Somos os de 6º de primaria.

A verdade é que todos estes anos con vós, foron perfectos, pasamos por moitas cousas boas e outras non tan boas. Nin as nosas xoves e pequenas cabezas, se acordarán de todo...

Agora despois de nove anos neste centro, como diciamos xa estamos en sexto de primaria a piques de chegar ao instituto. Queremos recordar algunhas das cousas máis importantes desta xeración 2014-2023.

Ao chegar ao centro en Infantil, case ninguén coñecía a outras persoas e todo era realizar pequenas e sinxelas tarefas como: deletrear as palabras máis simples, empezar a escribir noso nome...

Infantil a verdade é que foron dos mellores anos que pasamos cos nosos compañeiros e mestres: xogando, cantando, bailando... Pouco a pouco fómonos facendo maiores e houbo un cambio á escola primaria que foi difícil, pero aínda así máis bonito que complicado.

Logo empezamos a aprender a ler e escribir, tarefas que a uns lles gustaban máis ca outros Posteriormente comezou o traballo co ordenador, que en principio nos custou moito, xa que nos tiñamos que preocupar da súa custodia, e velar porque non se estragase. Tamén era complicado escribir nel, xa que non tiñamos nocións de mecanografía.

Pero ao final fómolo conseguindo e xa somos uns expertos na materia

Alumnado 6º EP 33 Voltar ao índice
DESPEDIDA DA ANEXA

Co que si gozamos moito todos foi cando comezarmos a ter festivais: coma cando cantamos e tocamos música tradicional galega ou cando estivemos disfrazados de seres terroríficos, no Samaín ou tamén no entroido que cantamos a todo pulmón a ritmo de ACDC, Terbutalina...

Tamén nos divertimos moito nas excursións, unhas cunha aplicación mais práctica como a prevención de incendios, a ciberseguridade, as normas de tráfico; outras eran máis de cultura e obradoiros coma visitar museos , facer talleres...

Finalmente queremos agradecer a todos vós, que estiverades sempre aí e facer que o cole sexa o que é , o mellor de todos.

Prometémosvos que viremos a visitarvos cando nos sexa posible.

Alumnado 6º EP 34 Voltar ao índice
Unha forte aperta. Alumnado de sexto.
Parabéns Rapaces! Parabéns Rapaces!

SECCI NMUSICAL … Ó

Entodasaspelículas,series,videoxogos haibandassonorasquedinmoitodoargumento.

nos videoxogos de combate cando te achegas a un inimigo soa música intensa; cando gañas soa música alegre…a música sempre está

algúns exemplos son as bandas sonoras das películas de star Wars, harry potter, piratas do caribe…

Estetrimestrecoñecimosvarios compositoresecompositorasdebandas sonoras.Algúnsnomesson:hanszimmer, JohnbarryouMaxsteines

As bandas sonoras axudan a crear e reforzar determinadas sensacións durante as escenas.

*dato curioso*

A primeira bso da historia creouse no 1908.

*dato curioso*

*dato curioso*

’memorias de áfrica’ gañou o óscar á mellor bso en 1985. Aos poucos días o compositor enfermou e tivo que retirarse.

Disneypixarsuma12Óscar grazas ás súas bandas sonoras

Alonso León, Noa Miguélez

EMMA NÚÑEZ , ROI OTERO IRIA ROJO

Aula de Música 35 Voltar ao índice

COÑECEMOS A LUIS ÁLVAREZ

O compositor lucense veu de visita ao cole.

CEIP Anexa, 18/05/2023

Tivemos o pracer de recibir no cole a Luis Álvarez, compositor lucense de música para películas. Nesta visita, o alumnado de 6º de Educación Primaria viu algúns dos seus traballos, o estudio no que traballa e os instrumentos que ten. Despois tivemos un coloquio moi interesante e, ademais, fixéronlle a seguinte entrevista.

Alumnadode6ºdeEducaciónPrimariaduranteavisita
Aula de Música 36 Voltar ao índice

Como empezaches coa música?

Empecei tocando o piano con seis anos. Que foi o que che fixo adicarte a facer música para películas?

Durante os estudos dinme conta de que facer música para películas permitía explorar e traballar con diferentes xéneros, non soamente centrarte nun. A música para películas pode necesitar un tema de rock, un tema máis orquestal, heavy metal, etc

De que proxecto te sintes máis orgulloso?

Diría que da música do proxecto de curtametraxe chamado ‘Chaval’, que estivo este ano nominado aos Goya. Estivemos alí e, aínda que foi un proxecto rápido, creo que se conseguiu a finalidade que procurábamos, que era manter ao espectador en tensión.

Lembras algún obstáculo na túa carreira?

Unha pregunta moi interesante. Diría que algunha asignatura que se resistiu na carreira de música á que non lle atopaba o sentido, aínda que máis tarde nalgúns casos o vira. Tamén cando empezas a estudar e traballar ao mesmo tempo, que no meu caso deuse estudiando no Superior de Coruña, podes sentir que non chegas a todo moitas veces.

En que traballas actualmente?

Traballo en distintos proxectos con diferentes artistas de España e de Estados Unidos e cumpro distintas funcións, non soamente compoñer en sí. Ao empezar a compoñer, como plantexas o desenvolvemento do traballo?

Boa pregunta… Depende da película que vaias facer.

Normalmente comezas en reunións con produtores e directores que che comentan as ideas que teñen.

O compositor comeza xeralmente a traballar cando a parte visual da película xa está rematada, entón entras na última parte do proxecto, reúneste con eles e comezas a compoñer. É un traballo de equipo.

Como elixes as agrupacións ou instrumentos?

Depende do que esixa a dirección da película ou o argumento Non o elixo soamente eu, senón que vai da man do proceso.

Que obra túa pensas que conectou mellor coa xente?

Depende… Teño unha peza que ten máis de nove millóns de reproduccións en Spotify, así que podería dicir que esa Tamén a música desta curta da que falei, "Chaval’, chegou a moitos países de Europa e América

Que pensas que é o máis importante á hora de compoñer unha banda sonora?

Eu tamén me pregunto iso! É importante ver o que a dirección pide e traballar en equipo, non pasar por encima e querer ser protagonista. Ti eres un máis do equipo e sirves á producción

Se nun futuro quixéramos adicarnos a iso, que consello nos darías?

Moitas veces, ao redor de ti, hai xente que está facendo cousas e hai que atender a iso. Eu comecei facendo a música para curtametraxes de amigos Tamén aconsello ser orixinal, non caer en copiar o estilo doutros compositores.

Gústache o teu traballo?

Xeralmente si Cando vexo o resultado nas estreas das obras sinto unha moi boa sensación. Despois hai días nos que me sinto moi agobiado ou cansado, teño pouco tempo para durmir por entregar a tempo.

Aceptas calquer traballo ou tes requisitos?

Hai algo que aprender e é que todos valedes moito e non vos podedes deixar pisar por ninguén. Eu teño que notar que valoran o meu traballo e que me tratan ben.

O teu salario provén exclusivamente das bandas sonoras?

Non, é moi difícil. Tamén traballo en estudios e procesos de produción e mestura para distintos artistas

Aula de Música 37 Voltar ao índice www luisalvarezmusic com

Ecohortas

Apúntaste a cultivar? Apúntaste a cultivar?

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial pero que ademáis estean comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030 (ODS)

O programa abarca diversas temáticas; no noso caso, participamos no programa “ Rede eco hortas escolares” dirixido a iniciar unha horta ecolóxica nas nosas instalacións e empregar dita horta como contexto de aprendizaxe e de inclusión para nenos TEA, onde o traballo na horta convértese no centro de interese para traballar diferentes áreas curriculares e permitíndonos tamén traballar outros ámbitos e habilidades. Está dirixido a dúas aulas do noso centro, sendo a nosa intención amplialo nos vindeiros anos.

A integración na Rede implica actividades de horta e actividades de aula en temáticas directamente relacionadas na que todos e todas podemos participar. Para iso, contamos coa colaboración de “Amigos da Terra”, entidade coordinadora da Rede, ofrécenos apoio técnico, recursos educativos e formacións específicas sobre agroecoloxía escolar e/ou ODS.

Pedogoxía Terapéutica 38 Voltar ao índice
Pedagoxía Terapéutica 39 Voltar ao índice

Por un mundo neuroinclusivo para tod@s

O pasado 31 de marzo, no Ceip Anexa, sumámonos á celebración do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.

Baixo o lema "Chamémolo polo seu nome", promovemos diferentes actividades para concienciarnos e sensibilizarnos sobre a súa realidade e construir unha sociedade máis inclusiva.

Os nosos murais fóronse enchendo de símbolos do infinito, amosando coas súas cores a diversidade e singularidade das persoas con autismo. Iluminamos de cor azul a fachada do noso colexio, agregándonos á campaña "Ilumina de azul".

Lemos contos, visualizamos vídeos e, deseñamos e elaboramos carteis

Departamento de Orientación 40 Voltar ao índice

Lugares de culto e Calendario Litúrxico

Co alumnado dos cursos inferiores de relixión, traballamos os lugares de culto, recortando, coloreando e montando unhas fermosas igrexas.

Para comprender o calendario litúrxico, é dicir, para comprender as distintas celebracións relacionadas coa vida de Xesús, elaboramos un cubo onde coloreamos as imaxes relacionadas con esas datas e escribimos o seu nome

41 Relixión Católica Voltar ao índice
Letras Galegas 2023
42 Voltar ao índice
Francisco Fernández del Riego

Biografía

Francisco Fernández del Riego, naceu en Lourenzá (Lugo) o 7 de xaneiro no 1913. Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director , xunto a Ramón Piñeiro López Fernández del Riego estudou Dereito e Filosofía.

Aos dezasete anos, cando marchou coa súa familia a Madrid matriculouse na facultade de Dereito.

Cando retornou a Galicia, rematou os estudos de Dereito e, despois da guerra civil, deu clases en dous colexios de Vigo e traballou no bufete do seu amigo Valentín Paz Andrade. En Galicia tamén comezou os estudos de filosofía que nunca acabou.

No ano 1933, Fernández del Riego fundou, xunto con outros intelectuais, a revista "Nós", esta revista buscaba revitalizar a cultura galega e impulsar a súa presenza no panorama literario. A través das súas páxinas, Francisco Fernández del Riego e os seus compañeiros promovían a utilización da lingua galega e a reivindicación da identidade e cultura propias.

43 Voltar ao índice

O seu traballo no ámbito cultural e a súa extensa obra converteuno nun dos principais intelectuais galegos do século XX e a comezos do XXI.

Traballou arreo polo idioma e a cultura galega: foi membro do Seminario de Estudos Galegos; escribiu en moitos xornais e revistas; fundou a Editorial Galaxia; presidiu a Fundación Penzol; traballou na BBC, emisora inglesa, facendo programas en galego; foi membro e presidente durante catro anos da Real Academia Galega...

Francisco escribiu 20 libros, os nomes de algúns son: “Camiño andado”, “O rio do tempo”, “Un país e unha cultura”

Fernández del Riego morreu o 26 de novembro de 2010 en Vigo

Premios de Francisco Fernñandez del Riego

• Medalla Castelao

• Medalla de Ouro da cidade de Vigo

• Convértese en Doctor Honoris Causa polo

seu labor a prol da cultura galega.

• Premio Laxeiro

44 Voltar ao índice Alumnado 6º EP

Conmemoramos o Día das Letras Galegas

Xogos Populares

Educación Física 45 Voltar ao índice

Música Tradicional Galega

O noso agradecemento á "Asociación Cultural Foliada de Bosende" por acompañarnos neste día tan especial.

Escoita o Himno Galego 46 Voltar ao índice

unhas vacacións cheas de aventuras!

A Biblioteca recoméndanos ... EducaciónInfantil
deEP
1ºe2º
deEP
3ºe4º
deEP
5º e 6º
47 Voltar ao índice
A cultura non se pode politizar seitariamente, perténcelle ao país, que se interpreta a través dela"
Voltar á páxina principal
Francisco Fernández del Riego
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.