4 minute read

Extracción do ADN

Acompañados da profesora María Villar López, e dúas investigadoras do seu Departamento, o alumnado de 3º curso realizamos unha actividade moi, moi interesante: "A extracción do ADN caseiro".

Se penetramos no interior dunha dos nosas células, cunha simple ollada podemos ver o fervoroso bulicio de reaccións que se producen día tras día, miles e millóns de veces sen que nos decatemos.

Advertisement

O núcleo celular é o encargado del albergar o ADN, o noso libro de instrucións.

O ADN contén a información necesaria para que un organismo funcione correctamente

Este tipo de actividades, deben ser realizadas baixo a supervisión dun adulto.

Materiais que utilizamos:

Auga (sen clorar)

Vaso ou tubo de plástico transparente (non serve o vidro)

Cloruro Sódico (sal de mesa)

Lavalouzas

Etanol ao 96% (vale alcol das feridas)

Procedemento:

Preparamos unha solución de auga con sal: disolver en medio vaso de auga 2 culleres pequeñas de sal de mesa, manter na neveira ata o seu uso.

Preparar unha solución de lavalouzas en auga: disolver un chorro pequeno ou unhas gotas (dependendo do concentrado que sexa o lavalouzas, debe facer escuma, pero non demasiada) en medio vaso de auga, manter na neveira ata o seu uso.

Manter o alcol no conxelador ata o seu uso.

Morder as meixelas e producir saliva (de onde se extrae o ADN é das células da mucosa oral). Verter a saliva no tubo de plástico.

Engadir uns 2 ml da mestura de sal.

Inverter suavemente o tubo, sen axitar.

Engadir uns 2 ml da disolución de lavalouzas.

Inverter suavemente o tubo, sen axitar.

Engadir uns 6 ml de alcol frío deixando que caia pola parede do mesmo.

Agora podemos facer dúas cousas:

Inverter suavemente o tubo, sen axitar e agardar a que aparezan uns fíos esbrancuxados.

Verter o alcol que é transparente sobre a capa acuosa. Entre as dúas capas, comezarán a formarse burbullas e deberán aparecer fíos esbrancuxados.

Eses fíos esbrancuxados, semellantes a unha nube, é o teu ...

A lenda conta que a filla do Señor de Torre de San Paio de Narla, foi salvada por un plebeyo de morrer pateada por un cabalo.

Namoráronse, e como o pai de Berta ( a rapaza) prohibiulles verse, decidiron fuxir xuntos.

Despois de andar moitas horas polo monte, agocháronse nunha cova, na "Cova da Serpe"

O réptil saíu a recibilos e botouse sobre eles

O rapaz sacou un puñal pequeno do cinto e fíxolle unha ferida de morte na testa, pero a cobra, trabouno e afogouno.

Cando chegaron os homes do pobo, Berta estaba a agarrar a man do seu namorado morto. Dise que toleou e que acabou fundando un convento.

O rapaz está soterrado na igrexa de Friol.

Un día de semana cando os alumnos de 5ºB estaban esperando p ao mirar para as fiestras do piso superior, avistaron unha sombra que se movía con moita rapidez. Alporizados, os alumnos comezaron a sinalar e berrar: “que era aquela sombra que se vía na fiestra?”

Cando entraron no colexio, subiron as escaleiras de dúas en dúas a procura da sombra. No corredor non había ninguén, só percibiron un ruído que soaba moi ao lonxe Buscaron, e buscaron, pero non a atoparon

Na clase...cando estaban resolvendo un problema de matemáticas, un rapaz que estaba ao fondo da aula, viu pasar á sombra. Abraiado e confundido, avisou aos seus compañeiros O caos foi total, o medo apoderouse de todos. Os que estaban nas últimas filas escaparon para diante e os demais metéronse debaixo da mesa da profesora. Reinaba un silencio total.

Entre todos decidiron achegarse á porta da aula, abrir un anaco... e mirar se vían á sombra. Non a viron, só escoitaron outra vez o ruído Tranquilizáronse e seguiron con mates, lengua, lingua uff que mal! Case era mellor q

Baixaron ao lecer pensando onde estaría agachada a sombra, nos baños, nos corredores, na biblioteca, no almacén, e mesmo no ximnasio; podería agocharse en calquera lugar. Decidiron separarse por grupos para buscar nos distintos lugares

Os do primeiro grupo dirixíronse correndo á biblioteca, alí atoparon a Lucía Pedíronlle permiso para revisar todos os estantes, pero nada Onde estaría! Os seguintes grupos seguiron buscando no almacén... nos corredores, pero non atoparon nada sospeitoso

No pavillón, os do último grupo, atoparon a Emilio e preguntáronlle se vira pasar unha sombra. Emilio quedou moi sorprendido e os alumnos que estaban con el, empezaron a berrar e foron correndo a agocharse nos baños. O profesor tivo que calmalos. Despois, o grupo regresou á súa aula sen resolver o misterio.

Xa preto da hora de saída, os alumnos, comezaron a buscar por todos os recunchos do corredor do segundo andar. E... atoparon a sombra nos baños, acurralárona entre todos e ao achegarse decatáronse que era Alfonso, o conserxe, que levaba roupa negra e facía ruído cuns zapatos novos que tiñan a goma sen desgastar. Resolto o misterio, os rapaces quedaron tranquilos.

Querida Teresa: Que tal estás?

Nós ben! Neste trimestre estivemos facendo moitas actividades. Na horta plantamos patacas, leitugas, amorodos, pementos, tomates, millo, cabazas que xa están crecendo, e a semana pasada xa puidemos levar leitugas para a casa; estaban moi boas!

Hai unha semana tivemos un pequeno concerto con compañeiros/as doutros colexios na plaza de Santa María cantando cancións de Arde Lucus, pasámolo moi ben, pero desafinamos un chisco e rematou chovendo

Ese día vimos profesoras que tivemos cando er e veunos ver moita

Ademáis tivemos varias saídas: protección contra os incendios, feira do libro, e as próximas serán ao museo Provincial e a Celeiro na mariña lucense; e ti, xa fixeches algunha viaxe das que querías facer?

Tamén, a principio de maio, nos veu visitar Anxo Fariña, o escritor de Megatoxos; e por certo, xa empezaches a escribir o teu libro?

Temos moitas gañas de lelo cando o remates

Foi un pracer terte como nosa profe durante estes dous anos tan marabillosos e sinceramente, botámoste todos moito de menos.

Unha aperta enorme!

Os teus alumnos de 5ºC

This article is from: