
1 minute read
Biografía
by ceipanexa

Francisco Fernández del Riego, naceu en Lourenzá (Lugo) o 7 de xaneiro no 1913. Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director , xunto a Ramón Piñeiro López Fernández del Riego estudou Dereito e Filosofía.
Advertisement
Aos dezasete anos, cando marchou coa súa familia a Madrid matriculouse na facultade de Dereito.
Cando retornou a Galicia, rematou os estudos de Dereito e, despois da guerra civil, deu clases en dous colexios de Vigo e traballou no bufete do seu amigo Valentín Paz Andrade. En Galicia tamén comezou os estudos de filosofía que nunca acabou.
No ano 1933, Fernández del Riego fundou, xunto con outros intelectuais, a revista "Nós", esta revista buscaba revitalizar a cultura galega e impulsar a súa presenza no panorama literario. A través das súas páxinas, Francisco Fernández del Riego e os seus compañeiros promovían a utilización da lingua galega e a reivindicación da identidade e cultura propias.



O seu traballo no ámbito cultural e a súa extensa obra converteuno nun dos principais intelectuais galegos do século XX e a comezos do XXI.



Traballou arreo polo idioma e a cultura galega: foi membro do Seminario de Estudos Galegos; escribiu en moitos xornais e revistas; fundou a Editorial Galaxia; presidiu a Fundación Penzol; traballou na BBC, emisora inglesa, facendo programas en galego; foi membro e presidente durante catro anos da Real Academia Galega...
Francisco escribiu 20 libros, os nomes de algúns son: “Camiño andado”, “O rio do tempo”, “Un país e unha cultura”

Fernández del Riego morreu o 26 de novembro de 2010 en Vigo