1 minute read

Brinquiños

Next Article
Biografía

Biografía

Advertisement

Hoxe queremos dar a benvida no CEIP Anexa á primeira revista dixital, “Brinquiños”, xestionada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e elaborada coas achegas do profesorado e alumnado de todos os niveis educativos do Centro.

Os seus obxectivos, entre outros, pasan sempre por potenciar o uso do galego, reforzando a súa dimensión comunicativa e expresiva que nos permite percibir a utilidade da lingua e o seu uso correcto e eficaz, dándolle cada día un novo liderado.

Nas seccións propostas atoparedes algunhas das actividades que se levaron acabo este curso escolar 2022/23, outras poderedes velas na páxina web e nos blogs de aula.

Os nosos xornalistas quedan á procura de novas noticias para continuar informándonos do que vai sucedendo no colexio nos vindeiros cursos escolares.

Só nos queda desexarvos unhas felices vacacións a toda a Comunidade Educativa!!!

Equipo Directivo

This article is from: