2 minute read

COÑECEMOS A LUIS ÁLVAREZ

Next Article
ConcertoArdeLucus

ConcertoArdeLucus

O compositor lucense veu de visita ao cole.

CEIP Anexa, 18/05/2023

Advertisement

Tivemos o pracer de recibir no cole a Luis Álvarez, compositor lucense de música para películas. Nesta visita, o alumnado de 6º de Educación Primaria viu algúns dos seus traballos, o estudio no que traballa e os instrumentos que ten. Despois tivemos un coloquio moi interesante e, ademais, fixéronlle a seguinte entrevista.

Como empezaches coa música?

Empecei tocando o piano con seis anos. Que foi o que che fixo adicarte a facer música para películas?

Durante os estudos dinme conta de que facer música para películas permitía explorar e traballar con diferentes xéneros, non soamente centrarte nun. A música para películas pode necesitar un tema de rock, un tema máis orquestal, heavy metal, etc

De que proxecto te sintes máis orgulloso?

Diría que da música do proxecto de curtametraxe chamado ‘Chaval’, que estivo este ano nominado aos Goya. Estivemos alí e, aínda que foi un proxecto rápido, creo que se conseguiu a finalidade que procurábamos, que era manter ao espectador en tensión.

Lembras algún obstáculo na túa carreira?

Unha pregunta moi interesante. Diría que algunha asignatura que se resistiu na carreira de música á que non lle atopaba o sentido, aínda que máis tarde nalgúns casos o vira. Tamén cando empezas a estudar e traballar ao mesmo tempo, que no meu caso deuse estudiando no Superior de Coruña, podes sentir que non chegas a todo moitas veces.

En que traballas actualmente?

Traballo en distintos proxectos con diferentes artistas de España e de Estados Unidos e cumpro distintas funcións, non soamente compoñer en sí. Ao empezar a compoñer, como plantexas o desenvolvemento do traballo?

Boa pregunta… Depende da película que vaias facer.

Normalmente comezas en reunións con produtores e directores que che comentan as ideas que teñen.

O compositor comeza xeralmente a traballar cando a parte visual da película xa está rematada, entón entras na última parte do proxecto, reúneste con eles e comezas a compoñer. É un traballo de equipo.

Como elixes as agrupacións ou instrumentos?

Depende do que esixa a dirección da película ou o argumento Non o elixo soamente eu, senón que vai da man do proceso.

Que obra túa pensas que conectou mellor coa xente?

Depende… Teño unha peza que ten máis de nove millóns de reproduccións en Spotify, así que podería dicir que esa Tamén a música desta curta da que falei, "Chaval’, chegou a moitos países de Europa e América

Que pensas que é o máis importante á hora de compoñer unha banda sonora?

Eu tamén me pregunto iso! É importante ver o que a dirección pide e traballar en equipo, non pasar por encima e querer ser protagonista. Ti eres un máis do equipo e sirves á producción

Se nun futuro quixéramos adicarnos a iso, que consello nos darías?

Moitas veces, ao redor de ti, hai xente que está facendo cousas e hai que atender a iso. Eu comecei facendo a música para curtametraxes de amigos Tamén aconsello ser orixinal, non caer en copiar o estilo doutros compositores.

Gústache o teu traballo?

Xeralmente si Cando vexo o resultado nas estreas das obras sinto unha moi boa sensación. Despois hai días nos que me sinto moi agobiado ou cansado, teño pouco tempo para durmir por entregar a tempo.

Aceptas calquer traballo ou tes requisitos?

Hai algo que aprender e é que todos valedes moito e non vos podedes deixar pisar por ninguén. Eu teño que notar que valoran o meu traballo e que me tratan ben.

O teu salario provén exclusivamente das bandas sonoras?

Non, é moi difícil. Tamén traballo en estudios e procesos de produción e mestura para distintos artistas

This article is from: