
1 minute read
A mestra que fun…
by ceipanexa

Dise que a creación da identidade docente empeza como alumno ou alumna. No meu caso, non pasou pola miña cabeza ser docente ata miña formación inicial, onde recoñecín as súas implicacións e valorei a importancia desta profesión no desenrolo da sociedade. O ensino é a profesión que ensina a todas as outras profesións!
Advertisement
O momento crucial foi cando me incorporei como docente ao grupo; aí tomei conciencia da significación da tarefa que tiña por diante e establecín as claves para o éxito: confianza en min mesma e nas miñas habilidades e sempre tratar de superarme
A docencia é unha profesión que esixe permanente formación e actualización e que deixa grandes satisfaccións profesionais e persoais. Non o dubidedes nunca!
Ser mestra non é traballar de docente é unha elección de vida. Permíteche ser unha eterna estudante, xa que cando se ensina un tema é cando máis se aprende del.
Ser mestra é escoitar ao alumnado, emocionarte coas súas novas aprendizaxes, crer neles, saber que son diferentes, únicos, especiais!
Estou segura que desde a educación pódese cambiar a mentalidade dun individuo e desenrolar persoas pensantes coa capacidade de tomar decisións por elas mesmas.
Tendo presentes estes principios desenvolvín a miña tarefa ao longo de case trinta e seis anos, con maior ou menor acerto, con máis ou menos ilusión, pero sempre, insisto, sempre tentando facelo o mellor que sabía e podía
Agora deixo o mundo do ensino profesional para volver a ser alumna na vida que me quede por diante. Xa dicía Hipócrates: Ars longa, vita brevis (A arte de aprender algo é longa pero a vida é breve).
Para rematar, unha aperta moi grande para toda a comunidade educativa do CPI Dr. López Suárez de Friol, onde medrei como docente e, á do CEIP Anexa de Lugo, que foi a que me viu partir cara a miña nova vida. Os meus mellores desexos para todos e todas!
Teresa Estévez (mestra xubilada)