
1 minute read
ConcertoArdeLucus
by ceipanexa
Todocomezouaprincipiodomesdeabrilcando,aprofesorade música,Elena,veucunharapazachamadaAlís.Alís,ensinounos unhascanciónseexplicounos,que,odía12demaio,íamoscantar conmáisde700rapacesnaPrazadeStaMaría.
Esascancións,practicámolasmoitoenmúsica.Díasdespois,Elena,díxonos,queíasero ensaioxeral,odía27deabrilnomesmolugar.
Advertisement


Echegouograndía!Oscursosde5º,ealgúnsde6º,doscolexiosdeLugo,fomosáPraza deStaMaríaaensaiar.Saíuxenial!
Elena,comentounosque,contresvoltiñasmáis,abondaría!
Tivemosquecaracterizarnosderomanos,castrexos...Estabamosbencontentos!
Chegouo12demaio!
Acompañadosdastitorasedaprofe demúsica,colocámonosenposición paracelebrarqueafestividadede "ArdeLucus"foinomeada"Festade IntereseTurísticoInternacional".
Levouuntempocolocarnosaos700 participantes,pero,estabamostan contentos,que,oresultadonon puidosermellor! FOIXENIAL!!

O alumnado da Anexa que escribe esta despedida, non vai seguir neste centro, xa que remata a etapa de Primaria. Adiviñades quen somos?
Somos os de 6º de primaria.
A verdade é que todos estes anos con vós, foron perfectos, pasamos por moitas cousas boas e outras non tan boas. Nin as nosas xoves e pequenas cabezas, se acordarán de todo...
Agora despois de nove anos neste centro, como diciamos xa estamos en sexto de primaria a piques de chegar ao instituto. Queremos recordar algunhas das cousas máis importantes desta xeración 2014-2023.
Ao chegar ao centro en Infantil, case ninguén coñecía a outras persoas e todo era realizar pequenas e sinxelas tarefas como: deletrear as palabras máis simples, empezar a escribir noso nome...
Infantil a verdade é que foron dos mellores anos que pasamos cos nosos compañeiros e mestres: xogando, cantando, bailando... Pouco a pouco fómonos facendo maiores e houbo un cambio á escola primaria que foi difícil, pero aínda así máis bonito que complicado.
Logo empezamos a aprender a ler e escribir, tarefas que a uns lles gustaban máis ca outros Posteriormente comezou o traballo co ordenador, que en principio nos custou moito, xa que nos tiñamos que preocupar da súa custodia, e velar porque non se estragase. Tamén era complicado escribir nel, xa que non tiñamos nocións de mecanografía.
Pero ao final fómolo conseguindo e xa somos uns expertos na materia
Co que si gozamos moito todos foi cando comezarmos a ter festivais: coma cando cantamos e tocamos música tradicional galega ou cando estivemos disfrazados de seres terroríficos, no Samaín ou tamén no entroido que cantamos a todo pulmón a ritmo de ACDC, Terbutalina...

Tamén nos divertimos moito nas excursións, unhas cunha aplicación mais práctica como a prevención de incendios, a ciberseguridade, as normas de tráfico; outras eran máis de cultura e obradoiros coma visitar museos , facer talleres...

Finalmente queremos agradecer a todos vós, que estiverades sempre aí e facer que o cole sexa o que é , o mellor de todos.

Prometémosvos que viremos a visitarvos cando nos sexa posible.