
1 minute read
Ecohortas
by ceipanexa
Apúntaste a cultivar? Apúntaste a cultivar?

Advertisement
O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial pero que ademáis estean comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030 (ODS)
O programa abarca diversas temáticas; no noso caso, participamos no programa “ Rede eco hortas escolares” dirixido a iniciar unha horta ecolóxica nas nosas instalacións e empregar dita horta como contexto de aprendizaxe e de inclusión para nenos TEA, onde o traballo na horta convértese no centro de interese para traballar diferentes áreas curriculares e permitíndonos tamén traballar outros ámbitos e habilidades. Está dirixido a dúas aulas do noso centro, sendo a nosa intención amplialo nos vindeiros anos.
A integración na Rede implica actividades de horta e actividades de aula en temáticas directamente relacionadas na que todos e todas podemos participar. Para iso, contamos coa colaboración de “Amigos da Terra”, entidade coordinadora da Rede, ofrécenos apoio técnico, recursos educativos e formacións específicas sobre agroecoloxía escolar e/ou ODS.






