2 minute read

Entrevista á Directora, Mª Lucía Núñez Saavedra

Next Article
Brinquiños

Brinquiños

En que consiste o seu traballo?

Se tivera que escoller unha palabra que defina o meu traballo sería “paixón” porque a paixón resulta imprescindible para xestionar todas as necesidades diarias dun centro educativo como o noso.

Advertisement

Paixón para xestionar cada curso escolar a todas e cada unha das persoas. Vos xa sabedes que son moitas!

Paixón para recibir, presentar e planificar todas as actividades e documentos que se desenvolverán

Paixón para atender ás familias

Paixón por un traballo ben feito que non sempre é facil de conseguir.

Canto tempo foi mestra, antes que directora?

Levo traballando trinta e cinco anos na ensinanza. Vinte destes, formei parte de equipos directivos e dezasete como directora de dous centros, seis no CEIP Castelao de Belesar, en Vilalba, e once no CEIP Anexa de Lugo, do que fun alumna de nena como vosoutros nos antigos estudos de EXB.

Na miña especialidade como mestra de Educación Infantil fun titora 24 anos e continúo sempre a apoiar en distintas sesións escolares a este nivel educativo.

Prefire ser mestra ou directora?

Gustábame moito ser mestra en Infantil, escollín esta especialidade por verdadeira vocación, pero é verdade que ser directora resultou ser para min un verdadeiro desafío.

Mirar cara a diante para garantir obxectivos de futuro para cada neno e nena do noso colexio, a utilización das novas tecnoloxías (E-Dixgal en quinto e sexto) e o Plan Dixital, a aprendizaxe significativa da segunda lingua (inglés) con seccións bilingües e a colaboración dunha auxiliar de conversa, de aspectos relacionados co medio ambiente, o reciclaxe e o horto, reformar e organizar a biblioteca escolar como espazo de encontro, etc...

Que é o máis dificil de dirixir neste colexio? O edificio, os outros mestres, os pais/nais ou os nenos e nenas, quen lle da máis traballo?

O traballo máis laborioso é o burocrático que inclúe a todos os sectores que nombrades.

Se me preguntades que é o máis difícil para min, diría que é todo aquelo que ten que ver coas persoas que conforman a nosa comunidade educativa e que conflúen no centro

O seu traballo, deixalle tempo para a súa familia?

Nestes cursos anteriores houbo momentos moi complicados, en particular, durante a pandemia Covid19.

En canto a ser Directora é case unha forma de vida, cunha involucración horaria de 24 horas, cun compromiso diario co centro e as familias.

Ser Directora é apoiar nos momentos difíciles e celebrar conxuntamente os logros nos momentos bos.

Cantos fillos ten?

Teño dous fillos Unha filla de trinta e seis anos e un fillo de trinta e tres Eles sempre me apoiaron neste camiño

Gustaríalle que os seus fillos foran directores?

Creo que o máis importante é que eles tomen as súas propias decisións.

É máis dificil ser nai, mestra ou directora?

Todas teñen momentos enriquecedores e momentos case tormentosos. As tres gústanme!

Con quen traballa máis tempo?

Si ben me atopo involucrada con todo o Centro no traballo diario teño máis contacto coa xefa de estudos o profesorado e algúns pais e nais

Cal é o mellor momento do día?

Cando chego a casa e despois de poñer as zapatillas sei que ese día foi o que tiña que ser, o día no que todas as pezas do puzzle do colexio encaixaron para crear unha obra perfecta, en armonía; cando os procesos de ensinanza aprendizaxe de cada aula encaixaron, nun ambiente equilibrado e coas condicións de espazos, tempos e ambiente educativo axeitados.

Cando paseo polo colexio e miro os murais feitos polo alumnado, os premios obtidos por eles, os proxectos docentes

Se lle concederan un desexo para mellorar o colexio, cal escollería?

Que as ratios das clases non superasen os 15 alumnos/as e máis recursos humanos para atendelos.

This article is from: