Encántame mirar.
Sempre me fascinaron o cinema e ese secreto pracer de voyeur que me causa mirar imaxes na pantalla. Cando
se atenúan as luces e eu fico sentada na escuridade, durante eses momentos que transcorren xusto antes de se despregar maxicamente o mundo cinematográfico na pantalla, quedo suspendida no espazo e no tempo, nun estado de desexo. Non hai mellor xeito de sentir tal pracer unha e outra vez que nun festival de cine situado nunha das cidades máis bonitas da comunidade española de Galicia e á beira do río Miño, fronte a Portugal, onde se pode pasar dun país a outro simplemente con cruzar a ponte. O Play-Doc é Cinema e constitúe unha celebración da inventiva e do poder visual do aparello cinematográfico. Este festival convida o público a explorar como as películas nos chaman, nos retan, nos inspiran e nos fan volver por máis. O Play-Doc é un testemuño da pura emoción que sente un cando descobre cineastas que crean o tipo de cinema que custa atopar no baleiro das innumerables plataformas de emisión; o Play-Doc ofrécelle ao público a ocasión de descubrir o que este non ía atopar en ningunha outra parte. Na Viennale de 2019, tras coñecer a Sara García Villanueva, codirectora do Play-Doc xunto con Ángel Sánchez, quedei entusiasmada ao recibir o convite de vir a Tui para proxectar unha retrospectiva das miñas primeiras curtas experimentais, así como a miña película máis coñecida, VARIETY. Púxenme a planificar a viaxe de inmediato, pero uns meses despois a covid arrasou a nosa vida e por todo o mundo quedamos todos confinados; ninguén sabía como iamos combater ese virus. Ao cabo, despois de case dous anos de agarda, en 2021 por fin puiden acudir a este festival de cine tan pequeno, íntimo, senlleiro e persoal, que trae un programa meditado, provocador e seleccionado con moito coidado que abrangue cintas, realizadores e convidados procedentes de todas as partes. Levo desde a década de 1980 asistindo a festivais internacionais, pero nunca namorei de ningún como do Play-Doc, deses directores e organizadores tan cálidos e apaixonados, do público e da xente de Tui e da cidade mesma. Mentres paseaba unha tardiña con Sara e Ángel por unha ruela serpeante que ascendía por unha costa bastante empinada, deixoume cativada unha
4
Foto_ Tamara de la Fuente
Bette Gordon







