
5 minute read
Xurados / Juries
from Play-Doc 2022
by PlayDocFest
XURADO
COMPETICIÓN INTERNACIONAL LARGOS Y CORTOS / International Features and Shorts Competition
Advertisement
ÉMILIE CAUQUY
Émilie Cauquy ten ao seu cargo a promoción dos fondos cinematográficos da Cinémathèque française e é responsable do proxecto HENRI, a plataforma de VBD da institución, así como do catálogo virtual de restauracións. Programa distintos ciclos con regularidade, en especial para Il Cinema Ritrovato (Boloña) (Marie Epstein, Colette, Nicole Vedrès, Musidora), alén de emisións caracterizadas pola súa espectacularidade que oscilan entre a proxección, a performance e a lectura teatral (Germaine Dulac, Musidora, Georges Méliès). Émilie Cauquy is in charge of the promotion of the Cinémathèque française's film collections. She is in charge of the HENRI project, the institution's VOD platform, as well as the online catalog of restorations. She regularly programs cycles, notably for Il Cinema Ritrovato in Bologna (Marie Epstein, Colette, Nicole Vedrès, Musidora), as well as spectacular screenings between projection, performance and theatrical reading (Germaine Dulac, Musidora, Georges Méliès).
HADEN GUEST
Haden Guest é director do arquivo cinematográfico de Harvard, de cuxa filmoteca, que emite ao longo de todo o ano, é curador, e na que tamén se dedica a supervisar o programa de colección e conservación activa, dunhas dimensións que aumentan sen cesar. Comisariou o programa cinematográfico de diversos festivais, como a Viennale, o Oberhausen e o Mar del Plata, e de museos como o Haus der Kunst (Múnic), o Museo Nacional de Arte Moderna e Contemporánea (Seúl) e a Fundación e Museo Gulbenkian (Lisboa). É profesor titular do Departamento de Arte, Cinema e Estudos Visuais de Harvard, onde imparte cursos de historia do cinema e prácticas arquivísticas. Haden Guest is director of the Harvard Film Archive, whose year-round cinematheque he curates while also overseeing its ever-growing collection and active preservation program. He has curated film programs for festivals including the Viennale, Oberhausen, Mar del Plata as well as museums such as the Haus der Kunst in Munich, the National Museum of Modern and Contemporary Art in Seoul, and the Gulbenkian Foundation and Museum in Lisbon. As Senior Lecturer in Harvard's Department of Art, Film, and Visual Studies, he teaches courses on film history and archival practice.
ANDREA MENEGHELLI
Andrea Meneghelli é curador dos Fondos Cinematográficos da Fondazione Cineteca di Bologna. O seu labor comprende a conservación, catalogación e dixitalización, a ampliación dos fondos mediante a realización de novas adquisicións, a restauración e a distribución internacional dos filmes da Cineteca. No seu traballo abrangueu, así mesmo, a xestión de iniciativas europeas dedicadas á difusión en liña do patrimonio audiovisual, a programación de retrospectivas en festivais cinematográficos, a edición de coleccións de DVD dedicadas ao cinema documental italiano, a escrita de varios ensaios e artigos sobre historia do cinema e a publicación de diversos libros, revistas e publicacións periódicas. Tamén é membro do consello asesor do festival de cine Il Cinema Ritrovato. Andrea Meneghelli is curator of the Film Collections at Fondazione Cineteca di Bologna. His work covers conservation, cataloging, digitization, collection enhancement through new acquisitions, restoration and international distribution of Cineteca's films. He managed European initiatives devoted to the on-line diffusion of the audiovisual heritage, programmed retrospectives in film festivals, edited DVD collections devoted to Italian documentary cinema, wrote several essays and articles on film history and published various books, magazines, and periodicals. He is also member of the advisory board of the film festival Il Cinema Ritrovato.
XURADO
COMPETICIÓN GALICIA / Galician Competition
RAMIRO LEDO
Fundador e director de Atalante, distribuidora cinematográfica creada en 2021 que combina no seu catálogo cinema independente e de autor contemporáneo, óperas primas e filmes de patrimonio. Foi socio fundador da cooperativa NUMAX e o seu presidente desde 2014, proxecto ao que pertenceu até 2021. Desde 2019 é tamén director xerente e programador de DUPLEX Cinema. É vicepresidente de Próxima (asociación de distribuidoras de cinema independente e de autor en versión orixinal) e presidente de Promio, red de cines independientes. O seu labor cinematográfico foi recoñecido co premio Entrepreneur of the Year Award en 2020 por Europa Cinemas. Founder and director of Atalante, a film distribution company created in 2021 that combines independent and contemporary auteur films, debut films and heritage films in its catalogue. He was a founding partner of the NUMAX cooperative and its president since 2014, a project to which he belonged until 2021. Since 2019, he has also been managing director and programmer of DUPLEX Cinema. He is vice-president of Próxima (an association of original-language independent and auteur film distribution companies) and president of Promio, a network of independent cinemas. His film work was recognised with the Entrepreneur of the Year Award in 2020 by Europa Cinemas.
ELOÍSA SUÁREZ
Eloísa Suárez traballa na actualidade na programación de cinema e música do Goethe-Institut Madrid. Iniciouse como programadora en SHORT SHOTS Madrid e no Festival de Cinema en Español de Berlín programando cinema latinoamericano. Programou semanalmente o Cine Club Goethe, así como o ciclo «50 películas / 50 años» con motivo do aniversario do Goethe-Institut en México. Tamén impartiu seminarios sobre as vangardas no cinema alemán e elaborou programación en estreita colaboración con redes de cineclubes polo territorio mexicano, ademais de ofrecer programas e asesorías para os usuarios do acervo fílmico do Goethe-Institut Mexiko. Eloísa Suárez is currently working in film and music programming at the Goethe-Institut Madrid. She started as a programmer at SHORT SHOTS Madrid and at the Berlin Spanish Film Festival programming Latin American films. She programmed weekly the Cine Club Goethe, as well as the cycle "50 películas / 50 años" ("50 Films / 50 Years") on the occasion of the anniversary of the Goethe-Institut in Mexico. She also gave seminars on the avant-garde movements in German cinema and developed programmes in close collaboration with film club networks throughout Mexico, in addition to offering programmes and advice for users of the Goethe-Institut Mexiko's film collection.
GEMMA VIDAL
Gemma Vidal é produtora executiva en Atresmedia Cine, con foco no desenvolvemento, o financiamento e a distribución do cinema español. Anteriormente traballou como coordinadora de produción na produtora e distribuidora Avalon e foi experta para o desenvolvemento de longametraxes do capítulo MEDIA do programa Europa Creativa. Foi a directora responsable da Incubadora de The Screen, o programa para o desenvolvemento de longametraxes da ECAM, consistente nunha serie de mentorías, workshops e financiamento dirixido a produtores, directores e guionistas emerxentes e residentes en España. Gemma Vidal is executive producer at Atresmedia Cine, focusing on the development, financing and distribution of Spanish cinema. She previously worked as production coordinator at the production and distribution company Avalon and has been an expert for the development of feature films for the MEDIA strand of the Creative Europe programme. She was the director in charge of The Screen's La Incubadora, the programme of Madrid’s School of Cinematography and Audiovisual Studies (ECAM) for the development of feature films, consisting of a series of mentoring sessions, workshops and financing aimed at emerging producers, directors and screenwriters living in Spain.