Pentavox nº9

Page 16

Arrhythmia son un power trío de Lugo que están a amosar ó mundo que con plena dedicación e un traballo ben organizado pódese chegar o gran público sen venderse nin transformar a base do seu son. Ademais están a a coidar o aspecto audiovisual dun xeito abraiante. Hoxe contestan ás nosas preguntas para os coñecer un pouco mellor ás persoas tras a banda. O voso nome é desconcertante; fálanos de problemas rítmicos e está claro que tendes o ritmo no sangue, de onde ven entón a elección de Arrhythmia escrito ó estilo British para a banda? Coñas de local de ensaio cando inda non eramos nin esta banda. Dunha mala tarde quedou “Arritmia” e o de pasalo ó inglés foi unha simple cuestión de copyright.

16

O voso segundo traballo é un estoupido de son. Parece que acabades de dar un paso mais de cara a vos gañar a vida con isto. Que plans podedes adiantar ós nosos lectores para o que resta de 2016? A verdade é que temos moitos máis festivais, algúns sen anunciar, dos que contabamos ao comezar o ano. Todo está saíndo a pedir de boca, supoñemos que inflúen moitos factores como coñecernos máis musicalmente, fixar uns obxectivos comúns, dar prioridade sempre á calidade ás presas por sacar novo material que é algo que temos claro hai un tempo. Tamén temos un manager dende hai un ano que fai que só nos preocupemos en tocar e compoñer e iso nótase unha barbaridade.

Cal foi o momento ou o detonante que fixo que pensarades en adicarvos a isto da música? Cada un de nós toca dende hai moito tempo, tivemos outras formacións e sempre foi o noso principal hobby sen maiores pretensións. Cando en 2012 nos xuntamos os tres si notamos que podía ser diferente e que tiñamos que fixar un estilo e tratar de innovar dentro do que se fai aquí. Levounos un tempo pero parece que agora aparecen os froitos.

somos 3 sobre o escenario pero o resultado final cara ó espectador é moito mellor

Como é iso da conta atrás? O primeiro disco chámase III, o segundo II, o terceiro será I? Quedádesvos sen marxe de ser así, que pasará co cuarto traballo, que agardamos chegue a existir algún día? Na anterior pregunta falabamos duns obxectivos e implican unha conta atrás. Coidabamos que tiñamos que sacar un EP como toma de contacto que foi “III” que nos abriu moitas portas sobre todo grazas ó tema “Diñeiro”, este segundo “II” é co que conseguimos arriscar un pouquiño máis, coqueteando con diversos estilos: dende o metal a un chisco de electrónica e pensamos que “I” vai a ser a máxima expresión do que desexamos. Esto non significa que teñamos unha data de caducidade, cando teña que rematar que remate. Nun disco no que hai tantos arranxos, como facedes para levar todo ese son ó directo sendo só tres persoas? Sodes un trío pero soades a moito mais. É un tema que nos preocupa dende que nos formamos como trío e que limitou moitísimo o anterior traballo porque non atopabamos formas de levar ó directo algo demasiado arranxado.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.