9 minute read

3 Literatura Os xéneros literarios

Os xéneros literarios

As obras literarias, segundo o seu contido e a súa estrutura, clasifícanse en tres xéneros principais:

Narrativa

Reúne textos que contan unha historia que lles sucede a uns personaxes nun espazo e nun tempo. Adoitan estar escritos en prosa, pero tamén poden estar en verso.

Comprende textos, case sempre escritos en verso, nos que o/a poeta expresa ideas ou sentimentos mediante o ritmo e unha linguaxe coidada.

Teatro

Está formado por obras concibidas para ser representadas nun escenario por uns actores diante dun público.

O texto teatral contén os diálogos dos personaxes e as anotacións que proporciona o autor/a para a posta en escena: interpretación dos actores, decorados, iluminación...

A novela

O conto

A lenda

A fábula

A poesía narrativa...

A oda

O soneto

A elexía

A canción

O romance...

A traxedia

A comedia

O drama

O sainete...

Ten en conta

A diferenciación entre os xéneros non é ríxida: nunha mesma obra poden coincidir trazos propios de xéneros literarios diferentes.

Os xéneros narrativos

Os xéneros narrativos máis cultivados son:

Novela Conto ou relato

Narración cun desenvolvemento máis completo ca o conto pero sen a amplitude da novela no tratamento dos personaxes e da acción, que aparece condensada. Hai varias clases de novelas: de aventuras, de misterio, históricas, fantásticas, realistas, de ciencia ficción, policiais...

Narración breve que presenta poucos personaxes e ten un argumento sinxelo xa que a acción se concentra nun único tema. Pode ser conto popular de tradición oral ou conto literario.

Narra un acontecemento sen a amplitude da novela no tratamento dos personaxes e da acción, que aparece condensada.

A súa característica principal é a brevidade. Outros trazos, consecuencia do anterior, son: estrutura simple, personaxes minimamente caracterizadas, espazos esquemáticos, condensación temporal, etc.

Narración breve, en prosa ou en verso, protagonizada por animais e que remata cunha sentenza que contén unha ensinanza moral ou consello. Ten, por tanto, un carácter mixto narrativo e didáctico.

Narración que conta un feito extraordinario ou marabilloso como se fose real para explicar a orixe dalgún elemento natural (unha lagoa, un castro...), unha tradición, un suceso histórico, etc.

Narración de feitos fantásticos protagonizados por deuses, heroes ou outros seres sobrenaturais para explicar algún feito ou fenómeno natural (a creación do mundo, a choiva...).

Elementos Do X Nero Narrativo

Seres que protagonizan a acción

Voz que conta a historia

Acontecementos que lles suceden aos personaxes

Lugar onde suceden os feitos Momento en que se sitúa a acción

Actividades

1 Este texto pertence ao xénero teatral. Enumera os trazos que permiten identificalo.

Ábrese o pano.

A escena representa o salón do trono do castelo. [...] Mentres Xelmírez se estende nas súas peroratas, El-Rei Afonso e o Conde de Traba atenden a chegada de Dorotea, que entra en escena.

DOROTEA (facendo unha reverencia ante o trono real): Maxestade...

EL-REI AFONSO: Di, Dorotea: baixa xa a túa señora...? Mira que xa chegamos tarde ás xustas.

DOROTEA: Maxestade, a raíña mándame comunicarvos que persiste no seu desexo de ficar na torre e non asistir ás xustas convosco...

CONDE DE TRABA: Demo de muller!!! Mira que é rabuda...

EL-REI AFONSO (case chorando): Pero... logo por que non quere vir?

DOROTEA: Á raíña non lle molan... non lle apracen as xustas, maxestade; xa vos ten dito que non lle gustan as armas nin o sangue. Ademais, esta fin de semana quería ir ao concerto dos «Rollingus Stonicus» convosco e...

EL-REI AFONSO (sorprendido): Ostrás, o concerto! Xa me esquecera de que llo prometera...

DOROTEA: ... e finalmente, maxestade, a raíña non vai baixar porque non lle peta nin lle sae da gana. Así que, co voso real permiso...

Dorotea sae da escena.

Xosé Neira Cruz, A noite da raíña Berenguela

2 Fíxate nos dous tipos de letra: unha para as anotacións e outra para o texto principal.

• Que información achegan as anotacións?

3 Resume o contido.

4 Reescríbeo como texto narrativo.

5 Xustifica por que este texto pertence ao xénero lírico.

Horizonte

O horizonte era unha vela, un enxame de barcos, un poema de brumas con veos brancos.

Soaban os claríns do concerto mariño, xiraban os delfíns no zigzag do camiño.

O horizonte era unha vela que se estendía, mentres un mar de raios de sol caían.

Ana María Fernández, Versos da tarde laranxa

6 O poema presenta unha paisaxe mariña. Que elementos están presentes? Identifica as sensación acústicas e visuais que caracterizan o espazo.

7 Identifica as metáforas mediante as cales se describe o horizonte mariño.

8 Analiza a métrica e a rima. De que estrofa se trata?

• Consulta, se o precisas, na unidade 7, as regras da versificación.

Actividades

O pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados cómo era o seu pai; pero denantes de saír da casa botoulle unha ollada ó retrato.

Os «americanos» xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no peirao do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcaban nas greas, en procura do pai ensoñado.

De súpeto avistouno de lonxe. Era o mesmo do retrato ou aínda mellor portado, e Migueliño sentiu por el un grande amor e canto máis se achegaba o «americano», máis cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos. Ai!, o «americano» pasou de largo sen mirar para ninguén, e Migueliño deixou de querelo.

Agora si, agora si que o era. Migueliño avistou outro home moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era o seu pai. O rapaz devecíase por bicalo a fartar. Tiña un porte de tanto señorío! Ai!, o «americano» pasou de largo e nin tan sequera reparou que o seguían os ollos angurentos dun neno.

Migueliño escolleu así moitos pais que non o eran e a todos quixo tolamente. E cando esculcaba con máis anguria, fíxose cargo de que un home estaba abrazando á súa nai. Era un home que non se parecía ó retrato; un home moi fraco, metido nun traxe moi frouxo; un home de cera, coas orellas fóra do cacho, cos ollos encoveirados, tusindo...

Aquel si que era o pai de Migueliño.

Castelao, Cousas

9 Cousas é un libro formado por breves textos narrativos acompañados dun debuxo que complementa o texto.

• Por que razón Migueliño contempla o retrato antes de partir?

10 A historia está contada por un narrador omnisciente en 3ª persoa. Localiza trazos que así o indican.

11 A acción narrativa transcorre en dous espazos. Cales? Como son?

12 No texto podemos diferenciar varias partes:

Migueliño na casa contempla o retrato do pai.

Migueliño no peirao. Chegada do pai de Migueliño.

• Localíza os parágrafos que corresponden a cada parte.

13 Analiza o contraste entre o pai soñado e o real. Quen son os «americanos»?

14 Enuncia o tema do relato. Resume o argumento.

Narrador omnisciente:

Sábeo todo acerca dos personaxes (o seu pasado, o seu futuro e ata os seus pensamentos e sentimentos máis íntimos).

Tema:

Idea central en torno á cal xira todo o contido do texto. Responde á pregunta «de que trata?». Formúlase nunha palabra ou nunha frase curta.

Argumento:

Expresión máis ou menos minuciosa das accións que realizan os personaxes.

O monólogo

Un monólogo é un discurso ou reflexión en voz alta dunha persoa que fala soa, ben consigo mesma —soliloquio—, ou dirixíndose a uns interlocutores.

Os monólogos están presentes nas obras narrativas e teatrais: mediante eles, os personaxes expresan os seus sentimentos, relatan feitos acaecidos ou amosan as súas propias circunstancias persoais.

Características lingüísticas dos monólogos

• Oracións curtas e inacabadas.

• Abundantes interrogacións, exclamacións e interxeccións.

• Onomatopeas de valor expresivo.

• Pronomes persoais para sinalar os interlocutores.

• Linguaxe sinxela e descoidada, propia dun rexistro moi informal.

• A entoación, a modulación da voz, os acenos contribúen á expresividade do texto.

Actividades

1 Oíches? Procura en Internet o monólogo «Os camiños máis longos» de Paula Carballeira.

• Localiza características lingüísticas propias destes textos.

2 Le este monólogo coa entoación e as pausas necesarias.

O teléfono, aí está, unha chamada, vai ti saber quen é, eu non teño quen me chame e mais chaman, tamén é un misterio ben misterioso. Eu esixo unha explicación. A ver, xa abro o aparello con medo.

—Quen é? Fale, fale, que estou eu aquí e son o dono do aparello. Fale, non teña medo, que a min non me importa. [...] Cortou, vai. Pois xa que chamaba... [...] Ai, ai, ai, que me parece que me van chamar; estouno sentindo. Aí está, velaí como chamaron, non o dicía eu? Déixame que conteste.

—Diga? —Outra vez—. Fale, home, fale. Non quede aí, home. [...]. A ver, diga algo, calquera cousa, diga trinta e tres, calquera cousa pero non me faga isto, home. Non pode ser que me chame e logo nada [...] A ver se vai ser que non me entende, se cadra non fala galego, e se é inglés ou irlandés?, ou italiano?

—Compripá? Eu a-go-ra fe-cho te-lé-fo-no, lo-go, des-pois, plus, llu, vu-lé, chama ou-tra vez. Eu non co-llo, mi nou, nein, e vos-te-de, llu, tú, dei-xas re-ca-do, mesage, no con-tes-ta-dor. Eu escoito despois, okei? eculicuá? Obrigado. Danke. Veña, vai. —Así, a modiño para que non se ofenda, cortamos.

Suso de Toro, Círculo

Creamos Mon Logos

3 E ti que dis? Creación literaria. Escolle unha personaxe dunha novela que leses recentemente e coñezas ben e redacta un monólogo sobre un aspecto fundamental do argumento.

4 E ti que dis? Interpreta o monólogo ante os compañeiros e compañeiras.

Deseña o escenario, a maquillaxe e o vestiario que se adapta aos personaxes e á localización da novela.

5 E ti que dis? Gravade en vídeo as vosas intervencións.

• Vocalizade ben, con boa entoación, con pausas, cun ton de voz adecuado e con naturalidade, como se se tratase dunha conversa privada.

• Lembrade gravar en formato horizontal.

• Coidade o encadre, a iluminación e o son (podedes usar micrófono).

• Duración: uns 4 ou 5 minutos.

• Editade o vídeo, incorporade unha portada co título e unha pantalla final cos créditos.

6 Compartide os vosos vídeos nas redes sociais do voso centro.

A señora Sowerberry emerxeu dunha pequena trastenda ofrecendo o aspecto dunha muller baixa, fraca e enxoita con cara de lurpia.

—Querida —dixo o señor Sowerberry con deferencia– este é o rapaz do hospicio, do que che falei.

Oliver fixo unha reverencia.

—Miña nai! —dixo a muller do empresario—. Que pequeno é![...] Eu non vexo que se aforre nada cos nenos da parroquia. Sempre é máis custo de mantelos có que valen, pero os homes sempre pensan que teñen razón. Veña! Baixa por esas escaleiras, saco de ósos.

E, coa mesma, a muller do empresario fúnebre abriu unha porta lateral e empurrou a Oliver cara a un tramo de escaleira moi empinado que levaba a unha cela de pedra húmida e escura, que forma a antesala da carboeira e á cal chamaban «a cociña». Alí estaba sentada unha rapaza sucia, cos tacóns dos zapatos comidos e unhas medias azuis de estame que xa non tiñan arranxo.

—Charlotte —dixo a señora Sowerberry—, dálle a este rapaz parte das sobras que gardaramos para Trip. Non veu pola casa dende a mañá e terá que apañarse sen elas. Supoño que este rapaz non será tan melindroso como para non comelas, eh, rapaz?

Oliver, a quen lle brillaran os ollos só coa mención da comida e que xa tremía coa impaciencia por devorala, respondeu que non, e puxéronlle diante un prato cheo de míseras viandas. [...] a) A que xénero literario pertence este texto? Xustifica a resposta. b) Identifica os seguintes elementos. personaxes – espazo – tempo – narrador c) Analiza a caracterización de Oliver: idade aspecto físico situación familiar d) Dickens denuncia nesta novela a explotación infantil na Inglaterra do século xix alimentación leito trato e) Que trazo da personalidade da señora Sowerberry se fai evidente? f) A serventa Charlotte e o can Trip son outros personaxes aludidos no fragmento. Localiza a información sobre eles. g) Ponlle un título acaído que recolla a idea esencial do fragmento. h) Que tipo de narrador ten o texto? Xustifica a resposta. i) O texto combina fragmentos narrativos, descritivos e dialogados. Localiza exemplos. l) Compara a situación e Oliver coa de Lalita, a personaxe da lectura inicial. Indica similitudes e diferenzas entre ambos.

—Ben —dixo a muller do empresario fúnebre unha vez que Oliver rematou a cea, que ela contemplara horrorizada e en silencio, con temerosos agoiros sobre o seu futuro apetito–, acabaches xa?

Como non había ningunha outra cousa comestible ao seu alcance, Oliver respondeu que si.

—Pois entón vén comigo —dixo a señora Sowerberry collendo un farol sucio e afumado e guiándoo escaleiras abaixo—. A túa cama está debaixo do mostrador. Non che importará durmir entre os cadaleitos, non? Aínda que tanto ten que che importe ou que non, porque non podes durmir en ningún outro sitio. Veña, que non penso estar aquí toda a noite.

Oliver non se entretivo máis e seguiu submisamente a súa nova dona.

• Charles Dickens é o autor desta obra. Coñeces algunha outra obra deste escritor?

• Anota os seguintes aspectos en relación coa situación do rapaz protagonista na casa do señor e da señora Sowerberry.

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

Reflexiona E Valora

Valora o teu grao de reflexión sobre as actividades da situación de aprendizaxe vinculadas a esta unidade.

Aspectos para analizar ✔ ✘

Participaron todos os compañeiros e compañeiras da aula nas actividades?

Conseguistes pasar un momento creativo e lúdico ao realizalas?

Que xogo che gustou máis?

Sorprendeuche algún compañeiro ou compañeira pola súa creatividade nestes xogos?

Cres que a lingua e algo inmutable ou é como un organismo vivo que medra, cambia e se nutre da innovación?

Que «falso amigo» che sorprendeu máis? Entre que linguas cres que hai máis «falsos amigos»?

Pon A Proba As T As Competencias

Realiza la autoevaluación competencial incluida en anayaeducacion.es

This article is from: