
1 minute read
Por un mundo máis xusto
A redución das desigualdades é un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS) que propoñen as Nacións Unidas. Isto implica poñer fin á pobreza, garantir unha vida saudábel, promover o benestar para todas as persoas e en todas as idades, etc. Un dos aspectos esenciais é garantir o acceso
Educaci N E Dignidade
De que maneira o acceso á educación elimina as barreiras sociais?
Por que é fundamental garantir unha escola pública e gratuíta de calidade?
«A educación fainos libres». Estás de acordo con esta afirmación?
Sabes que nos países en desenvolvemento unha de cada catro nenas non asiste á escola?
En que medida esta situación contribúe á discriminación de xénero?
Situaci N De Aprendizaxe
Que vas aprender?
1 Comunicación
A lectura inicial, A trenza, achéganos á dura realidade das clases humildes na India, especialmente ás mulleres.
Iniciaremos o estudo das propiedades textuais coa adecuación e a coherencia, imprescindíbeis para que os nosos textos teñan a calidade necesaria.
Ampliarás vocabulario sobre a escola e saberás como definir adxectivos.
Por último, practicarás a elaboración de esquemas, que che van axudar a ordenar e sintetizar a información.
2 Estudo da lingua
Coñeces os elementos que forman a estrutura das palabras?
Diferencias prefixos e sufixos e as súas clases?
Sabes definir as palabras compostas?
Nesta unidade ocuparémonos destes e doutros aspectos gramaticais. Tamén repasaremos a acentuación.
Achegarémonos ás linguas da Península Ibérica e recoñeceremos algunhas características do catalán e do éuscaro.
3 Literatura
Narrativa, poesía e teatro son os tres grandes xéneros literarios. Nesta unidade estudaremos algunhas características do primeiro.
➜ Accede ao vídeo de presentación da unidade en anayaeducacion.es
Secuencia De Aprendizaxe
O laboratorio das palabras
6.1 Combinamos ingredientes diversos e creamos novas palabras ou novas acepcións das xa existentes e creamos o noso «dicionario disparatado».
As cinco vogais
7.1 Poñemos a proba as nosas habilidades lingüísticas para ver quen consegue o maior número de palabras que respondan a estas características: que teñan unha soa vogal, que teñan as cinco vogais, que sexan moi longas...


Amigas e falsas amigas
8.1 Buscamos pares de anagramas, é dicir, «palabras amigas» formadas a partir da combinación das letras doutra.
8.2 Buscamos «falsos amigos» entre diferentes linguas: galego-castelán, galego-catalán, galego-italiano, galego-portugués, galego-inglés. Escribimos a definición en cada unha desas linguas.
+ orientacións en anayaeducacion.es