2 minute read

Estudo da lingua Lingua e sociedade

Ten en conta

Catalán e valenciano son dúas variedades dunha mesma lingua, xa que pertencen ao mesmo sistema lingüístico, que comparten as comunidades de Cataluña, Valencia e Illas Baleares.

• Andorra ten como lingua oficial o catalán, que convive con outros idiomas (castelán, portugués e francés).

• En Portugal, o portugués é a lingua oficial en todo o territorio. Na zona de Miranda de Douro é cooficial o mirandés.

• En España, fálanse oito linguas: galego, castelán, catalán, valenciano, éuscaro, aranés, aragonés e ástur-leonés. Todas, excepto o éuscaro, son linguas románicas, é dicir, proceden do latín.

O castelán é a lingua oficial de todo o Estado. Galego, catalán, valenciano, éuscaro e aranés son cooficiais nos seus respectivos territorios; o ástur-leonés e o aragonés non teñen ata o momento recoñecemento oficial. Ademais, hai que engadir o caló (variante do romaní, falado polas persoas de etnia xitana) e os dialectos árabes falados nos territorios africanos de Ceuta e Melilla.

Temos que considerar tamén as linguas non-orais (o silbo gomero, usado en La Gomera, Canarias) e as signadas (a lingua de signos, que estudaremos na unidade 4).

A Constitución Española (1978) sinala no artigo 3 a diversidade lingüística e cultural de España.

3.1. O castelán é a lingua española oficial do Estado. Todos os españois teñen o deber de coñecela e o dereito de usala.

3.2. As demais linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos.

3.3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.

Actividades

1 Le con atención o artigo 3 da Constitución. Fíxate nas denominación «castelán» / «linguas españolas». A que linguas fai referencia? Como é caracterizado o Estado español?

2 Fíxate no mapa da dereita e di que lingua se fala en cada zona coloreada.

• Investiga a situación de cada unha das linguas españolas. Cales son cooficiais?

3 Con axuda dun dicionario e/ou dun tradutor en liña, completa a táboa seguinte:

Galego Catalán Éuscaro

Adeus Por favor Grazas

Deica mañá a) Coa axuda dun dicionario, localiza os termos correspondentes ás seguintes palabras galegas: vello deica/ata voz todos pequeno subirá b) Oíches?. Busca en Internet o vídeo «Soms els mariners» [Mainasons Vol. 2] e escoita e canta a cantiga. laranxa laranxa

4 Le esta cantiga popular catalá: Mariners com que bufa el vent Mariners, com que bufa el vent, cantem tots una cançoneta! Mariners, com que bufa el vent, cantem tots un petit moment.

I la veu del petit grumet pujarà fins dalt de la cofa. I la veu del petit grumet sonarà com un vell concert.

5 Oíches?. Busca en Internet o vídeo «Els dies de la setmana – Pelina».

• Aprende os días da semana.

• Identifica o fonema que corresponde ás grafías g e j. En que outra lingua peninsular existe ese fonema?

6 Oíches?. Busca en Internet e escoita o vídeo «Koloreak: colores en euskera» (de Lagun Euskaldun).

• Elabora fichas coa denominación das seguintes cores: violeta, encarnado, azul, verde, amarelo, laranxa.

• Escribe cada palabra coa cor que representa ou, se o prefires, escribe cada nome nunha ficha desa cor.

This article is from: