2 minute read

Para terminar COMPRENDE E APLICA A Galiza supérase nos Paralímpicos

Dous ouros, unha prata, oito diplomas e aínda con posibilidades de sumar máis títulos a poucas horas de que rematen os Xogos certifican o bo momento no país para deportistas con algún tipo de diversidade funcional. Os Xogos Paralímpicos de Toquio 2020 demostraron que o esforzo e a valía teñen recompensa.

engádeselles a decisión de marchar fóra do país por motivos laborais ou para optar a unha mellor preparación.

Con todo, dezaseis deportistas da Galiza (catorce máis dous de apoio) viaxaron até Toquio desafiando toda unha pandemia mundial para participar nos Xogos Paralímpicos que rematarán mañá na capital nipoa.

Os ouros de Susana Rodríguez e Adi Iglesias

As maiores satisfaccións para a Galiza no medalleiro viñeron do tríatlon e o atletismo. A médica e deportista viguesa Susana Rodríguez gañou o primeiro ouro galego dominando a proba de tríatlon e marcando un tempo final de 1:07:15. Despois, participou na final de 1 500 metros na clase T11 conseguindo diploma ao quedar en quinto lugar.

O segundo ouro galego saíu da final de 100 metros lisos na categoría T13 e chegou da man de Adiaratou Iglesias, a atleta do club Lucus Caixa Rural, nunha espectacular carreira na que marcou un tempo de 11.96.

O deporte paralímpico fálanos de exemplos de superación, de vontade de medrar e alcanzar os obxectivos malia as dificultades que hai no camiño. As e os deportistas con algunha discapacidade funcional non o tiveron fácil e, no caso galego,

A pesar de ser a máis rápida no tempo de reacción, Iglesias non saíu do todo ben e tivo que ir de menos a máis para terminar remontando e gañando a carreira. E para rematar a súa excelente participación en Toquio conseguiu a prata na final dos 400 metros lisos na categoría T13. [...] a) Define coas túas palabras estes conceptos. xogos paralímpicos diversidade funcional b) Localiza os substantivos correspondentes ás distintas disciplinas ou modalidades deportivas. c) Resume o contido. d) Identifica os seguintes elementos. i) Indica o timbre da vogal tónica destas palabras: recompensa e) A cohesión do texto conséguese, entre outros recursos, mediante a repetición de palabras do campo semántico do deporte. f) «Con todo», «A pesar de», «E para rematar» son algúns dos conectores textuais empregados. g) Localiza un topónimo e o seu xentilicio. h) Sinala e define os fonemas que se corresponden coas grafías marcadas:

• Redacta unha definición de cada unha.

• Inventa outro título que recolla a idea esencial.

• Localiza esas palabras e explica o significado.

• Localízaos e clasifícaos segundo o significado.

Caixa Rural viguesa

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

Reflexiona E Valora

médica atleta deporte esforzo exemplos pandemia galego fóra l) Clasifica as palabras segundo a presenza de ditongo ou hiato: reacción apoio nipoa categoría país malia conseguiu saíu despois m) Cres que o deporte contribúe a mellorar a vida das persoas e promover a integración social?

• Procura información sobre a campaña da RTVG #NonMiresXoga. O seu lema é: «Os límites están só na nosa mirada». Que quere dicir? Cal é o seu obxectivo?

• Redacta un texto coa túa opinión sobre esta cuestión. Aplica as propiedades textuais aprendidas.

Valora o teu grao de reflexión sobre as actividades da situación de aprendizaxe vinculadas a esta unidade.

Aspectos para analizar ✔ ✘

Que temas ou ideas predominaron na elección de palabras coas que vos identificastes?

Que información dalgún compañeiro ou compañeira che pareceu máis interesante?

Cal das familias léxicas resultou máis rica?

Cantas palabras incluíches ao glosario das linguas peninsulares?

Descubriches algún tipo de dicionario que descoñeceses?

Que dicionario consideras máis completo? Cal empregas con maior frecuencia?

Que razón xustifica a elección da palabra preferida?

Pon A Proba As T As Competencias

Realiza la autoevaluación competencial incluida en anayaeducacion.es

This article is from: