3 minute read

Estudo da lingua Gramática

Ten en conta

As clases de palabras que presentan morfemas de xénero e número son: o substantivo, o adxectivo, os determinantes e moitos pronomes. Estes morfemas serven para marcar a concordancia entre as palabras: A s nadadora s están preparad a s

A palabra é a unidade lingüística básica que empregamos para comunicármonos.

Estrutura das palabras

A maior parte das palabras (substantivos, adxectivos, verbos, etc.) están formadas polos seguintes elementos:

• Lexema ou raíz: é a parte invariábel que contén o significado léxico (lúa, irmán).

• Morfemas: únense ao lexema para completar o seu significado (lúas, irmás). Segundo o contido que achegan, pódense clasificar en:

– Flexivos: aportan información de xénero e número (atent-o, escoitad-a-s) e as desinencias verbais (acert-a-re-mos).

– Derivativos: únense ao lexema para modificar o seu significado (amigu-iñ-o) ou crear palabras novas (des-contar, fals-idade). Poden ser:

• Prefixos: antes do lexema. Ex.: pro-activa.

• Sufixos: despois do lexema. Ex.: ferr-aría

Actividades

1 Separa no teu caderno o lexema dos morfemas: cabeleira, beberon, hábiles, vermellas, camións, preacordo, colocades, libraría.

2 Localiza o lexema e clasifica os morfemas flexivos das seguintes palabras: rapazas, cantaremos, solucións, antigo, soles, chamases, reloxos.

Morfemas flexivos

Lexema

Xénero Número Desinencias verbais rapaz- -a- -s

3 Clasifica as palabras marcadas segundo teñan ou non morfemas derivativos:

Relatounos historias de enormes aves prehistóricas que quedaran enleadas no Trópico de Cáncer; explicounos como a súa bisavoa tivera que solucionar o atragoamento dunha balea con outro paralelo en mal estado que se precipitara ao océano; falounos do custoso mantemento dos paralelos cada dez ou quince anos mediante mans de pintura prateada, tarefa dificultosa onde as houbese [...].

Iria Collazo, A casa do paralelo 54

Con morfemas derivativos Sen morfemas derivativos prehistóricas aves

4 Identifica os prefixos e sufixos destas palabras: vaqueiro, salgadura, descontrol, prexuízo, inhumano, triángulo, escenario, carballeira.

Os morfemas derivativos

• Os prefixos van antes do lexema e modifican o seu significado: electoral (preelectoral, postelectoral).

• Os sufixos colócanse despois do lexema. Poden ser:

– Alterativos ou apreciativos. Modifican o significado do lexema sen cambiar a categoría gramatical da palabra:

• Aumentativos: barcaza

• Diminutivos: barquiña

• Despectivos: barcucha

– Derivativos. Modifican o significado do lexema e crean palabras novas: barqueiro

Actividades

5 Clasifica as palabras segundo o tipo de sufixo alterativo que presenten:

Algúns prefixos: a- , an- (negación, privación): atípico, analfabeto. anti- (oposición): antialérxico, antiadherente. bi- , bis- (duplicidade): bianual, bisneta. des- (acción contraria): desabotoar, desabrigado. orto- (correcto): ortografía, ortodoncia. poli- (varios): polideportivo, policromada. pre- (anterioridade): prehistoria, preámbulo.

Algúns sufixos derivativos:

-dura, -mento (acción): trabadura, padecemento.

-izo , -ado (temporal): outonizo, reinado.

-ada (golpe): lapada, morrada.

-al (colectivo): xestal, toxal.

-ario , -eiro (colectivo): poemario, cancioneiro.

-án, -á (xentilicio): ferrolán, ferrolá.

-aría (lugar): libraría, notaría.

6 Crea palabras novasescollendo prefixos e sufixos que mellor lles acaian: flor dente informe de/s- -mento -ción

-eiro , -eira (oficio): carniceiro, peixeira.

-ista (oficio): ciclista, florista.

7 Indica que significado engade o sufixo nestas palabras:

Ex.: Flor (floración) maquinista – peixaría – ourensá – receitario – misal – barbeiro prefixo sufixo lexema morfemas flexivos desinteresadas des- interes- -ad- -as

8 Completa a táboa separando os elementos que compoñen cada palabra: desinteresadas, extraoficial, novidade, pianista, policlínico, bidireccional, monstruoso, veciñanza.

Ten en conta

As palabras simples, derivadas, compostas e parasintéticas poden levar ademais morfemas flexivos de xénero e número: monas, menciñeiros , solpores , paraugueiros

As clases de palabras

• Segundo a súa estrutura, as palabras poden ser:

Simples

Formadas por un lexema.

Derivadas

Conteñen un lexema e un ou varios morfemas derivativos (prefixos e/ou sufixos).

Compostas

Constan de dous ou máis lexemas.

Parasintéticas pedra, nen-a, os-o enxeñ-eir-a, super-mercado para-sol, vaca-loura

Formadas por dous lexemas e un morfema derivativo (paraugueiro) ou por un lexema con prefixo e sufixo simultaneamente (entristecer).

• Segundo a flexión, é dicir, a modificación que se fai dunha palabra mediante os morfemas flexivos, as palabras clasifícanse en:

Con flexión

Substantivos Adxectivos Determinantes

A maior parte dos pronomes Verbos

Actividades

Sen flexión

Preposicións: por, con Conxuncións: e, mais

Interxeccións: ai!, oh!

Adverbios: moi, tan

9 Escribe a palabra que corresponde a cada imaxe e di se é simple, composta ou derivada:

Actividades

10 Clasifica as palabras marcadas no texto segundo a súa estrutura:

En Lungomare a luz do solpor recortaba casas, portas, fiestras, distinguindo unhas doutras, como cada letra dunha palabra soletreada por un neno. […] No último ano ocorreran algunhas mudanzas: xa non era a rapaza despreocupada de se o vento lle descubría ou non as pernas. E a presenza dos mozos causáballe un certo desacougo, aínda que non era desagradable. Menos mal que a esta hora non había moita xente na rúa.

Marilar Aleixandre, A filla do minotauro baile variábel substantivo

11 Clasifica as seguintes palabras segundo o exemplo: baile, despois, antigas, nin, conseguirán, el, dende, dous.

12 Escribe cinco palabras derivadas de: móbil mar casa óso

13 Localiza unha palabra composta en cada ringleira: supermercado ollomol campamento automóbil contradición

Variábel / invariábel Clase de palabra camaleón pedregullo sacarrollas imprimación velocidade desleixado baixorrelevo milladoiro barcarola zumegar bibliografía xordomuda cornamusa camareiro colorante celador sanatorio mediodía dentadura parola

14 Clasifica as seguintes palabras e completa a táboa: reirrei – botafumeiro – embarcar – interdental – xornalista – posdata

Prefixo + lexema

Derivadas

Compostas

Parasintéticas

Lexema + sufixo

Prefixo + Lexema + sufixo

Lexema + lexema

Lexema + lexema + sufixo

Prefixo + Lexema + sufixo (simultáneos)

15 Clasifica as seguintes palabras en derivadas ou parasintéticas: setemesiño – intocábel – desabotoar – hiperactividade – alaranxada

Casos especiais de acentuación

This article is from: