
1 minute read
Comunicación Léxico
A escola
Actividades
1 Escribe as palabras que corresponden ás seguintes definicións: a) Grao de estudos que se obtén ao rematar o ensino secundario. b) Notas que o alumnado toma á man durante as explicacións na aula. c) Profesor ou profesora responsábeis da orientación dun grupo. d) Sala equipada cos medios necesarios para realizar investigacións e experimentos. e) Puntuación obtida nun exame ou en calquera tipo de proba. a) Fixar algo na memoria. b) Adquirir o coñecemento de algo por medio do estudo ou da experiencia. c) Transmitir uns coñecementos.
2 Relaciona cada definición co termo que corresponde.
• Ten en conta que o verbo aprender ten un dobre significado.
3 Con axuda dun dicionario, escribe palabras da familia léxica dos verbos anteriores:
Familia léxica: conxunto de palabras que comparten un mesmo lexema. Por exemplo: libro–libreiro–libraría.
4 Define coas túas palabras os seguintes conceptos: ensinanza superior ensinanza secundaria ensinanza pública ensinanza privada coeducación
5 Clasifica estes adxectivos en dous grupos de significado oposto: ignorante, letrado, inculto, instruído, formado, indouto, ignaro, culto
Actividades
6 Consulta nun dicionario a definición das seguintes palabras: cultura educación instrución formación
• Cales son sinónimas?
7 Completa as frases coas palabras anteriores que mellor acaen: ... profesional ... primaria ... xeral
8 Son recíprocas ou inversas as palabras antónimas que se necesitan mutuamente porque non pode existir unha sen a outra. Por exemplo: comprar–vender, avoa–neta.
• Emparella as seguintes: educador profesora discente alumna educando docente
9 Explica o significado das seguintes expresións fraseolóxicas:
Crear escola Cultura xeral
O mellor mestre é o tempo e a mellor mestra a experiencia
10 Escolar, escolante, escolarizar e escolanía son palabras da mesma familia léxica
• Define cada unha, tendo en conta a sús categoría gramatical.
Definimos palabras. Os adxectivos
Para definir palabras hai que ter en conta a súa categoría gramatical, xa que non definimos igual un obxecto (substantivo), unha calidade (adxectivo) ou unha acción (verbo).
Para definir un adxectivo:
• Damos unha explicación do significado. Ex.: «nacarado: feito de nácara».
• Empregamos fórmulas do tipo: «Dise de…», «Relativo a…», «Aplícase a…». Ex.: «felino: pertencente ou relativo ao gato ou outros animais». «Feliz: que sente ou causa felicidade».
Actividades
11 Localiza os adxectivos deste texto e redacta unha definición adecuada:
Unha sima de máis de trinta metros descendía entre dúas interminables paredes verticais, ciceladas quen sabe se polas mans de Neptuno ou Poseidón, ata chegar ao fondo onde as ondas impactaban con virulenta enerxía provocando ruxidos enxordecedores.
Alba Guzmán, Xoaniña de Deus