
1 minute read
Estudo da lingua Ortografía
Ten en conta
A sílaba tónica é aquela que se pronuncia con máis intensidade. A maior parte das palabras monosílabas son tónicas ( sal, cor); porén, as que teñen máis dunha sílaba presentan unha tónica e o resto son átonas ( cá -li-do, mor- ce -go ).
Unha sílaba é o fonema ou conxunto de fonemas que pronunciamos nas palabras con cada golpe de voz. Por tanto, os fonemas forman sílabas que, á súa vez, constitúen palabras.
Segundo o número de sílabas as palabras poden ser monosílabas (mar), bisílabas (ven-tá), trisílabas (ca-dei-ra) e polisílabas (co-mu-ni-ca-ción). Se temos en conta a posición da sílaba tónica, as palabras son agudas (can-ción), graves (cor-po), esdrúxulas (rá-pi-da) e sobreesdrúxulas (pe-dí-de-lle-la).
Ditongos, tritongos e hiatos
Hai sílabas que presentan dúas ou máis vogais (ou-ro, min-guou). A estes encontros vocálicos chamámoslles: ditongos e tritongos. Cando dúas vogais seguidas pertencen a sílabas diferentes, trátase dun hiato (ru-í-do, a-re-a).
Ditongo
Dúas vogais pertencentes á mesma sílaba.
Ditongo decrecente a, e, o + i, u moi-to, fai-xa, lou-ro
Ditongo crecente i, u + a, e, o cien-cia, lin-gua
Tritongo
Tres vogais nunha mesma sílaba, sendo pechadas as dos extremos.
ca-suais, viei-ro
Ditongo homoxéneo iu, ui triun-fo, pui-do
Hiato
Dúas vogais pertencentes a sílabas diferentes.
Dúas vogais abertas ou medias
Unha vogal aberta ou media e unha pechada tónica ou viceversa
Dúas vogais pechadas, sendo tónica a segunda ce-o, lago-a, ca-er sa-ú-do, ví-a, rí-o mu-í-ño, fi-ún-cho
Actividades
1 Divide en sílabas estas palabras: fiestra faiado pingüín pais saída raíz minerais póusao minguou correa lousa lóstrego
2 Localiza a sílaba tónica e clasifica as palabras do exercicio anterior.
Agudas Graves Esdrúxulas
3 Distingue nas seguintes palabras os ditongos, tritongos e hiatos: actuou, caída, lagoa, mingüei, constrúe, xuízo, marea, viúvo, leite, cousa.

Ditongo Tritongo Hiato
4 Clasifica os ditongos destas palabras: leria, lousa, viviu, cuarzo, paciente, seixo, auga, bilingüismo.
DITONGOS
Crecentes
Decrecentes Homoxéneos
5 Con palabras do poema, completa a táboa: Dous corazóns aniñan no peito mariñeiro, un deles sempre é doce, malia ser augamar salgada, con raíces no infinito do corpo, e o segundo de pedra, que leva arterias cordas e que ancora cada home no seu lugar do mundo.
Miro Villar, Gameleiros
2 palabras agudas
2 palabras graves
3 palabras con ditongo decrecente
2 palabras con ditongo crecente
1 palabra con hiato