3 minute read

2 Estudo da lingua Gramática

Os fonemas

As linguas están constituídas por sistemas de signos formados por unidades lingüísticas que se organizan e combinan de maneira xerárquica:

O fonema é a unidade lingüística máis pequena. Non ten significado pero si realización concreta na fala, xa que o podemos pronunciar e escoitar.

A nosa lingua posúe 26 fonemas, dos cales 7 son vocálicos e 19 consonánticos.

FONEMA

Non ten significado. Permite distinguir palabras: masa, pasa, rasa, casa, lasa, nasa.

Os fonemas vocálicos

En posición tónica distinguimos sete fonemas: medias anteriores (palatal) central posteriores (velar) pechadas /i/ /u/ semipechadas /e/ /o/ semiabertas /ɛ/ /ɔ/ aberta /a/

Represéntase na escrita por medio de grafías (letras).

No caso das vogais medias, non existe correspondencia única entre grafía e fonema, xa que a mesma grafía representa dous fonemas vocálicos diferentes: monte /o/, código /ɔ/, cedo /e/, festa /ɛ/.

A diferenza de pronuncia das vogais medias permite distinguir palabras: p/ɛ/ ga (verbo), p/e/ga (substantivo); s/ɛ/n (substantivo), s/e/n (preposición).

Lembra que nalgunhas palabras empregamos o acento diacrítico para marcar a abertura media aberta: póla (dunha árbore), pola (galiña).

Actividades

1 Oíches? Escoita o vídeo: #DígochoEu Cantas vogais hai en galego? 5, 7 ou 10? e reflexiona sobre a información que achega.

2 Consulta o dicionario dixital da RAG e escolle o o significado que corresponde coa pronuncia indicada: f/ɔ/ra Verbo ser ou ir. No exterior, en relación a un obxecto ou a un espazo. pr/ɛ/sa Rapidez con que se fai algo. O que se apreixa dunha soa vez coas mans.

Obxecto en forma de esfera. b/o/la Pan, xeralmente circular e de pouca altura.

Sensación producida pola necesidade ou a gana de beber.

Lugar que constitúe a residencia oficial ou central dunha organización. s/e/de p/ɔ/r Verbo poñer. Preposición.

3 Sinala cal é a pronuncia das vogais tónicas nas palabras subliñadas no poema. Podes escoitar o seu recitado na Rede: «Antonio García Teijeiro recita uns poemas de Poemar o mar».

QUERE o mar o que non ten: quere flores de colores quere rosas olorosas quere ovellas sen orellas quere gatos con zapatos quere festas con orquestras quere estradas prateadas quere espellos mais non vellos quere montes e horizontes... Quere o mar o que non ten. Os seus soños non se ven.

Antonio García Teijeiro, Poemar o mar

Vogal tónica semiaberta

Vogal tónica semipechada

4 E ti que dis? Escoita na Rede a canción portuguesa «Festa de São João» e pronuncia as vogais nasais, propias do portugués.

Os fonemas consonánticos

O sistema consonántico galego está formado por 19 fonemas que se clasifican segundo o punto de articulación, o modo de articulación e a vibración das cordas vocais cando os pronunciamos.

labiodentais linguodentais interdentais alveolares palatais velares

Como xa vimos nas vogais medias, nas consoantes tamén atopamos casos nos que non hai unha correspondencia exacta entre o fonema e a grafía que o representa. Fíxate:

• Grafía que non representa ningún fonema: h (hora, hábil).

• Letras diferentes que representan un mesmo fonema:

/b/ (bilabial oclusivo sonoro)........... Grafía b (bacallau); grafía v (vacaloura).

• Mesma grafía para a representación de fonemas diferentes:

/k/ (oclusivo velar xordo)............... Grafía c + a, o, u (cama, copa, cume).

/θ/ (fricativo interdental xordo).......... Grafía c + e, i (cedo, cidade).

• Fonemas que se representan por medio de dígrafos (dúas letras):

/g/ (oclusivo velar sonoro): guedella, guía...

/k/ (oclusivo velar xordo): queixo, quilo...

/ŋ/ (nasal velar sonoro): unha, ningunha...

/tʃ/ (africado palatal xordo): chapeu, choca...

/ʎ/ (líquido lateral palatal sonoro): allo, amalló...

/r/ (líquido vibrante múltiple alveolar sonoro): arroz, carracha...

Actividades

1 Identifica os fonemas que representan as letras destacadas en cada palabra: calcetín boca guedella algunha chave cazadora quecer hélice

2 E ti que dis? Pronuncia os seguintes pares de palabras e escribe o nome dos fonemas que permiten diferencialas: cama / casa caro / carro pelo / peto allo / año cuña / cunha puña / puma una / unha dunha / duna

3 Oíches? Atende ao vídeo: #DígochoEu Dous trucos para pronunciar o n velar para ter clara a diferenza de pronuncia entre o n velar /ŋ/ e o n alveolar /n/.

4 E ti que dis? Identifica o fonema nasal que presentan as seguintes palabras e pronúnciaas correctamente.

5 E ti que dis? A grafía x pode presentar dúas pronuncias: enxame – complexo – taxa – contexto – xamón – sufixo

- O fonema palatal /ʃ/: arxila, caixa.

- O grupo consonántico /ks/: axila, reflexo.

• Le en voz alta as seguintes palabras e indica cal é a pronuncia da grafía x en cada caso.

6 E ti que dis? Localiza na Rede a canción «Chuva Chuvisco Chuvarada» do proxecto ZiS e repite as palabras con ch que aparecen.

• Atende á pronuncia que presenta este dígrafo no portugués.

This article is from: