6 minute read

1 Comunicación Estudo dos textos

O texto

Os seres humanos comunicámonos principalmente a través da linguaxe mediante discursos que chamamos textos.

O texto é unha unidade comunicativa completa que se transmite oralmente ou por escrito nunha determinada situación. Un poema, un anuncio publicitario, unha canción... son textos.

Mensaxe: información que se transmite.

Emisor: persoa que transmite a información.

Comunicaci N

Receptor: persoa que recibe e interpreta a información.

Os tipos de textos

Código: conxunto de signos que coñecen emisor e receptor e permite que o primeiro elabore a mensaxe e o segundo a interprete.

Canle: medio material a través do cal se transmite a información ou mensaxe (sonora —sons—, visual —textos, imaxes—, etc.)

Segundo A Canle De Transmisi N

Texto oral

Transmítese mediante fonemas, percíbese mediante o oído. Canle oral-auditiva canción, conversa, conferencia, debate

Actividades

Texto escrito

Transmítese mediante grafías, percíbese mediante a vista ou o tacto -braille-. Canle visual (ou táctil) novela, artigo, folleto, instancia, carta

1 A lingua de signos e o sistema braille permiten a comunicación das persoas con discapacidade visual ou auditiva.

• A través de que medio ou canle (sonora, visual, táctil...) se transmite o texto?

• Cal é código empregado en cada caso?

Tanto nos textos orais coma nos escritos, a mensaxe transmítese mediante palabras —código verbal—, pero estas poden ir acompañadas doutros elementos que serven de apoio á expresión lingüística e completan a información:

– O texto oral pode empregar recursos paralingüísticos (calidade da voz: volume, entoación, ritmo, pausas, silencios...) e linguaxe non verbal (acenos, miradas...).

– O texto escrito pode empregar recursos tipográficos (tipo de letra, signos de puntuación, subliñados, maiúsculas...) e iconográficos (imaxes, gráficos, iconas...).

Existen tamén textos dixitais que se transmiten a través dun dispositivo electrónico mediante unha canle visual e/ou oral. Ademais das grafías e/ ou fonemas, incorporan imaxes, son, vídeos, ligazóns e outros elementos multimedia. Comparten, por tanto, características do texto oral e do texto escrito.

Actividades

2 Un xeroglífico é un texto a modo de adiviña que non emprega signos lingüísticos, senón símbolos e imaxes que representan a palabra ou a frase a descubrir.

• Fíxate nestes xeroglíficos e anota a solución.

Ten en conta

Algúns textos sempre son orais, por exemplo unha conversa nun ascensor. Outros, porén, sempre son escritos, por exemplo unha instancia presentada nunha oficina. Pero hai textos que poden ser orais ou escritos segundo a situación comunicativa na que se produzan. Por exemplo: un poema pódese escribir e ler ou pódese recitar e escoitar.

Prenda de vestir Parte do corpo Que queres cear? Para fritir o peixe cómpreche unha ...

• En parellas, probade a crear a mesma mensaxe empregando un código non verbal (acenos, movementos..).

3 Oíches? Un podcast é un arquivo de audio que se pode escoitar en liña ou ben descargalo nun dispositivo persoal.

Entra na páxina web de Podgalego.

• Selecciona unha categoría que che interese (música, humor, feminismo, deportes, cine...).

• Analiza o tipo de texto e os seus elementos (canle, código, emisor, receptor, mensaxe).

Ten en conta

Dependendo do tipo de texto, predominará unha tipoloxía textual ou outra, pero o máis habitual é que se combinen entre si. Así, un texto académico pode incluír elementos narrativos, descritivos, expositivos ou argumentativos. Unha novela contén narración (a acción), descrición (de persoas, de espazos) e diálogos entre os personaxes.

Textos da vida cotiá

Pertencen ao ámbito persoal e das relacións sociais.

Exemplo: carta, mensaxe de whatsapp...

Segundo O Mbito De Uso

Textos dos medios de comunicación

Diríxense a un público heteroxéneo.

Exemplo: informativo de radio, crónica...

Segundo A Intenci N Ou Obxectivo

Informativo

Comunicar un coñecemento a un receptor.

Exemplos: reportaxe, noticia....

Literario

Crear unha impresión estética no receptor.

Exemplos: poema, novela, obra dramática...

Prescritivo

Dar indicacións sobre o modo de realizar unha actividade.

Exemplos: receita de cociña, regulamento...

Segundo A Forma Do Discurso

Texto narrativo

Relata feitos, reais ou imaxinarios, que lles suceden a uns personaxes nun espazo e nun tempo determinados.

Exemplos: novela, conto, noticia...

Texto descritivo

Texto dialogado

Texto expositivo

Textos académicos

Pertencen ao ámbito escolar.

Exemplo: exame, enciclopedia...

Persuasivo

Convencer o receptor dunha idea.

Exemplos: anuncio, discurso electoral...

Presenta os trazos característicos de seres, paisaxes ou obxectos.

Exemplos: conto, novela, guía de viaxe, folleto...

Reproduce un intercambio de mensaxes entre dúas ou máis persoas que se alternan no uso da palabra.

Exemplos: entrevista, debate, teatro, novela...

Transmite información de maneira obxectiva sobre un tema.

Exemplos: libro de texto, artigo dunha revista, folleto...

Texto argumentativo

Defende unha opinión e achega argumentos e razóns que a xustifican.

Exemplos: debate, artigo de opinión, crítica...

Actividades

4 Relaciona cada texto coa tipoloxía textual que lle corresponde:

Texto expositivo

Texto narrativo Texto descritivo

Texto instrutivo

Texto dialogado

A paisaxe de vellos edificios soterrados entre árbores foi dando paso a densos bosques e logo a unha estrada deserta. Chegaron á Ponte da Morte, sobre as vellas vías do tren. Desde ela podía verse como o sarcófago metálico que cubría a central nuclear de Chernóbil brillaba a poucos quilómetros de distancia. [...]

Iria Misa, A cidade do átomo

Marmelada de amoras

1. Lavamos ben as amoras e metémolas nunha pota xunto ao azucre e o zume de limón.

2. Deixamos que coza todo uns 45 minutos. Cando empece a ferver, remexémola de vez en cando para que non se pegue e imos desfacendo cun garfo as amoras.

3. Escolle un bo pan e fai a torrada máis deliciosa do mundo. Bo proveito!

A Terra

A Terra é un planeta do Sistema Solar que xira sobre si mes- mo e ao redor da súa estrela —o Sol— na terceira órbita máis interna. Así mesmo, é o fogar de millón de especies de seres vivos, incluíndo os seres humanos e actualmente é o único corpo astronómico onde se coñece a existencia de vida. gl.wikipedia.org

Internouse no corredor. Escoitou pisadas, que nun primeiro momento confundiu co son dos seus propios pasos. Inspirou e expirou un par de veces, esforzándose por conter o ritmo frenético do seu pulso, camiñando sen facer ruído. [...]. Detívose a carón da porta do cuarto de Svetlana, contou ata tres e, tirando de toda a súa valentía, asomou a cabeza pola porta.

Iria Misa, A cidade do átomo

—Que queres dicir? Estou enferma? —preguntou levando as mans á gorxa.

Máscara sacudiu outra vez a cabeza nun aceno negativo.[...]

—Hai moito tempo que non como nin bebo nada. Sabes que non lembro o sabor do chocolate?

Máscara gardou un respectuoso silencio.

—Estou... morta? É iso o que me estás a intentar dicir?

Iria Misa, A cidade do átomo

A exposición oral

«Arte de falar en público», así define o Dicionario Xerais a Oratoria

Falar en público é unha situación á que moitas veces temos que enfrontarnos e en moi diversas circunstancias.

Esta destreza, como calquera outra, pode aprenderse e perfeccionarse. Unha improvisación, un discurso, un e,,, son algunhas posibilidades para practicar o desenvolvemento das nosas habilidades lingüísticas.

Para realizar unha exposición oral debes seguir estes pasos:

Onde vas falar? Para quen? De canto tempo dispós?

PREPARA O TEMA

Busca información. Le, subliña, anota, selecciona a información de interese.

ELABORA UN GUIÓN

Elabora un guión cos puntos que vas desenvolver. Pensa na estrutura adecuada (presentación – desenvolvemento – conclusión).

EMPREGA RECURSOS DE APOIO

Fotos, carteis, presentacións dixitais...

ENSAIA A EXPOSICIÓN

PLANIFICA O DISCURSO 1 6 2 3 4 5

Practica ante o espello ou grávate para valorar a túa actuación. Cronometra a súa duración.

Expón o tema ante os compañeiros e compañeiras. Ten en conta os seguintes aspectos:

• Mira de fronte e mantén contacto visual.

• Fala co volume de voz apropiado.

• Pronuncia con claridade, vocaliza ben para que te entendan.

• Fala con fluidez e cun ritmo correcto.

• Evita un ton monótono e xoga coa expresividade da voz.

• Mantén unha expresión relaxada e unha postura corporal natural.

• Emprega un vocabulario adecuado ao propósito comunicativo (rexistro formal). Unha exposición na clase non é o mesmo que unha conversa informal no patio.

• Emprega conectores para relacionar as ideas e as partes do discurso: en primeiro lugar... por un lado... como dicía... por conseguinte... en resumo... para rematar...

• Constrúe oracións breves e sinxelas.

• Evita as palabras comodín (cousa, iso...) e as expresións tipo aaaa..., emmmm...

Practicamos

1 Escolle un tema e pensa un título atractivo. Algunhas propostas:

- Unha película que te mantivera sen alento e co corazón nun puño.

- Un invento valioso para a humanidade.

- Unha viaxe que lembres con especial cariño.

- Unha afección ou actividade de lecer que che resulte apaixonante.

2 Unha vez realizadas as exposicións, valorade a súa calidade e puntuade cada un destes aspectos:

CONTIDO

Presentación da exposición

Estrutura e organización

Conclusións

Claridade de ideas

Argumentación

EXPRESIÓN VERBAL

EXPRESIÓN CORPORAL OUTROS

Linguaxe clara Vocabulario apropiado e preciso

Pronunciación

Fluidez

Intensidade de voz

Velocidade e ritmo

Mirada. Contacto visual

Xestos

Postura corporal

TOTAL TOTAL TOTAL

Recursos externos empregados

Duración

Orixinalidade TOTAL

VALORACIÓN GLOBAL

This article is from: