
1 minute read
CIAL-GLA RA-TEM-DO-PE
Definimos palabras. Os substantivos
Para definir palabras hai que ter en conta a súa categoría gramatical, xa que non definimos igual un obxecto (substantivo), unha calidade (adxectivo) ou unha acción (verbo).
Como definir un substantivo?
Substantivo concreto
Adscribímolo ao xénero ao que pertence e definimos mediante frases do tipo «acción de...», «calidade de...», «situación ou estado de...»
LENTES. Instrumento óptico composto por dúas lentes que se suxeitan ao nariz e ás orellas mediante unha montura e que serve para protexer a vista, corrixila ou ter unha mellor visión. Sin: anteollos.
Substantivo abstracto
Adscribímolo á realidade de que se trata mediante frases do tipo «acción de…», «calidade de…», «situación ou estado de», «fenómeno que…»
AFOUTEZA. s. f. Disposición do espírito que leva a actuar ou a acometer calquera empresa sen temor aos perigos ou dificultades.
En ambos os casos, podemos engadir un sinónimo ou palabra cun significado moi próximo.
Actividades
5 Consulta en diferentes dicionarios a definición dos substantivos anteriores. Cal das definicións che parece máis precisa?
• Fíxate en que nalgúns casos figuran tamén estes termos:
Sin Nimos Ant Nimos Confr Ntese
• Que significan?
6 En parellas, definide estas palabras do texto da actividade 1, pero sen dicir de que palabra se trata.
nariz – mosquito – faro – acuarelas
• Tede en conta que non podedes empregar expresións do tipo «é cando...» nin tampouco sinalar nin facer acenos.