1 minute read

1 DO-PE-TÉ XE-DO-A

Comezara pintando flores e sospeitárao xa nese momento, pero nunca notara aquela cousa estraña tanto como cando foi pintando camposas e lle deu por recibir no nariz o cheiro de todo canto pintaba. Case ao mesmo tempo, e mentres ía aumentando os obxectos e paisaxes que retrataba, tamén comezou a acontecer sobre o seu corpo o resto de sensacións de cada cousa que facía aparecer no lenzo: a caloriña seca e fragrante das vacas, a sensación dunha folla de herba que che corta un dedo ao a acariñar, a picadela dun mosquito, esa vibración do aire rebulido de insectos. Logo foi pintando o mar e, sen saír do cuarto, viña tendo os labios rotos e salgados de quen pinta na ribeira, curtíaselle a pel cando aparecía o faro e botaba días a repintalo. Mesmo a auga das acuarelas se volvía salgada e, nas mañás de baixamar, os cadros cheiraban a salitre e area mollada.

2 Localiza neste relato os termos referentes ás sensacións.

• Clasifícaos segundo o sentido ao que fan referencia.

3 Relaciona as palabras de cada serie co sentido ao que fan referencia: a) Guichar, uliscar, apalpar, exhalar, fitar, zumbar, axexar, acariñar, ollar. b) Rebumbio, emanación, caricia, balbordo, lupa, estrondo, dozura, papila, efluvio, asubío, luminosidade, calor, rugosidade, cheirume. c) Suave, insípido, agre, fétido, esponxoso, suculento, exquisito, espiñento, oínte, invisible, acedo.

4 Pon na orde correcta as sílabas e forma palabras que expresan o grao de calor dunha cousa.

• Clasifícaas de maior a menor temperatura.

This article is from: