10 minute read

Antes de empezar

Coñece os teus desafíos

COMO SON?

Son tres propostas de situacións, unha para cada trimestre:

• Pensadas para mobilizar coñecementos, actitudes e destrezas e fomentar o intercambio de saberes e o desenvolvemento das competencias.

• Comprometidas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2030.

• Próximas e respectuosas co teu mundo real e coas túas experiencias.

• Cunha estrutura clara e sinxela das tarefas e actividades que vas realizar.

COMO VAS TRABALLAR CON ELES?

AO INICIO DE CADA TRIMESTRE VAS ATOPAR:

Nos diferentes apartados das tres unidades encontrarás contidos que che serán de utilidade; por exemplo, como recrealas literariamente, como definilas segundo cal sexa súa categoría gramatical, como clasificalas segundo súa forma, como escribilas de acordo coas normas ortográficas ou como relacionalas coas familias lingüísticas ás que pertencen.

Ao Inicio De Cada Unidade

VAS ATOPAR:

Que vas aprender?

PRESENTACIÓN DA SITUACIÓN As persoas somos, entre outras moitas cousas pero sobre todo, palabras. Son elas as que nos distinguen do resto das especies xa que, malia que moitos animais posúen sistemas de comunicación propios, carecen da capacidade da linguaxe, que é exclusiva dos humanos. As palabras axúdannos conectar con outras persoas, a designar o que vemos e o que imaxinamos, a expresar noso estado de ánimo, os nosos desexos ou aversións... e, cando as circunstancias nos superan, dicimos que «quedamos sen palabras». Propoñémosche que ao longo deste trimestre te mergulles nas palabras da nosa lingua, no seu significado, no seu son. Que te achegues elas e que as acollas, que as arroles, que as soletrees, que as cantes, que as inventes, que as vistas con novas roupaxes, que enredes con elas... en definitiva, que as fagas túas, que as aprendas, que as ames.

SECUENCIA DE APRENDIZAXE

Eu son Dicionario O Portal das Palabras En familia

AS PALABRAS MILENARIAS Temos na boca palabras milenarias para falarmos de castiñeiros e carballos de andoriñas e de niños de paxaros de fontes, de fervenzas, de regueiros, de rías, mares, cabos e areeiros.[...] Din os versos de Xesús Ferro Ruibal. E así é: temos a fortuna de posuír unha lingua con moitos anos de historia; unha lingua antiga e, á vez, moderna. Un idioma inzado de palabras fermosas, recendentes, agarimosas, sarcásticas, rotundas, técnicas... para así podermos expresar calquera idea ou sentimento, calquera concepto As palabras da nosa lingua son un ben colectivo que fomos creando ao longo de moitas xeracións e que transmitiremos ás vindeiras. De nós depende que, recollendo a arela de Cunqueiro, o galego dure «mil primaveras máis». Nas actividades que che propoñemos analizaremos diversos tipos de palabras en relación con algúns contidos de cada unidade e remataremos cunha tarefa principal: a creación dunha árbore coas vosas palabras preferidas, convertidas en gorentosos froitos.

• Un texto motivador que che descubrirá un marco de desafíos relacionados coas unidades do trimestre.

• Unha proposta do desafío no que se concreta a situación de aprendizaxe.

• A secuencia de aprendizaxe da situación proposta.

1

A diversidade unha característica esencial da natureza humana. Existen diferenzas culturais, raciais, relixiosas, tamén físicas psíquicas. Todos temos, ademais, capacidades e discapacidades, puntos fortes e débiles. En ocasións podemos pensar que as persoas que teñen algún tipo de diversidade funcional non poden facer algunha cousa, pero axiña nos sorprendemos ao descubrir os seus logros. As barreiras están moitas veces na nosa O respecto ás diferenzas e inclusión social de todas as persoas debería ser

DIVERSIDADE

Que entendes por diversidade Coñeces persoas con algunha discapacidade física ou intelectual que adquiriron recoñecemento En que consiste inclusión social?

Comunicación Nesta unidade lerás un fragmento de Lúa unha historia de superación inspirada nunha rapaza coruñesa invidente. Coñecerás vocabulario sobre os sentidos e as sensacións e aprenderás a definir substantivos. Estudarás os textos e as distintas tipoloxías textuais. E practicarás a exposición oral, que é unha competencia imprescindíbel para comunicármonos de maneira fluída. Estudo da lingua Estudaremos os fonemas vocálicos consonánticos, que son materia fónica dos discursos que emitimos. Sabes diferenciar as vogais abertas das pechadas? Pronúncialas correctamente? Repasaremos sílaba e os seus elementos. E reflexionaremos sobre a diversidade lingüística no mundo. Literatura Achegarémonos á literatura oral escrita, ás características das obras literarias. E, por suposto, poderás crear os teus propios textos literarios. Accede ao vídeo de presentación da unidade anayaeducacion.es

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

SECUENCIA DE APRENDIZAXE quedan aínda por derrubar? orientacións en anayaeducacion.es 12 13

Eu son 1.1 Presentámonos ante a clase cunha cartolina coa inicial do noso nome seis palabras coas que nos identifiquemos. 1.2 Expoñemos as cartolinas na aula para coñecérmonos mellor.

En familia 2.1 Elaboramos familia léxica dunha das palabras da actividade anterior. 2.2 Anotamos palabras sinónimas antónimas das incluídas na actividade anterior. Plurilingües 3.1 Elaboramos un glosario multilingüe coas nosas palabras para recoller as linguas da Península Ibérica. Dicionario 4.1 Investigamos sobre os distintos tipos de dicionarios. 4.2 Buscamos na Rede os dicionarios en liña da lingua galega e realizamos busca dalgunhas palabras. O portal das palabras 5.1 Entramos na web O portal das palabras buscamos información sobre a palabra do ano e do día. 5.2 Comentamos cal delas é nosa preferida explicando as razóns da nosa escolla.

En que medida o acceso ao traballo facilita inclusión independencia de todas as persoas?

• Os pasos da secuencia de aprendizaxe que corresponden á unidade cunha síntese das explicacións necesarias para o seu desenvolvemento.

CALES SON?

• Un feixe de libros

• Territorios literarios

• Previdos... cámara... acción!

Nas P Xinas Finais De Cada Unidade

VAS ATOPAR:

Para terminar

COMPRENDE Y APLICA ¿Qué has aprendido?

Le atentamente o texto e realiza as actividades.

ADI IGLESIAS, PRATA EN 400 METROS a) Define coas túas palabras estes conceptos. xogos paralímpicos diversidade funcional b) Localiza os substantivos correspondentes ás distintas disciplinas ou modalidades deportivas. Redacta unha definición das características de cada unha. Resume o contido. Inventa outro título que recolla a idea esencial. d) Identifica os seguintes elementos.

A Galiza supérase nos Paralímpicos Dous ouros, unha prata, oito diplomas e aínda con posibilidades de sumar máis títulos poucas horas de que rematen os Xogos certifican o bo momento no país para deportistas con algún tipo de diversidade funcional. Os Xogos Paralímpicos de Toquio 2020 demostraron que esforzo e a valía teñen recompensa.

Emisor Receptor Mensaxe Código Canle

U

Indica o timbre da vogal tónica destas palabras:

Ao Finalizar O Trimestre

VAS ATOPAR:

REVISADE O TRABALLO EN EQUIPO

U  3

O deporte paralímpico fálanos de exemplos de superación, de vontade de medrar e alcanzar os obxectivos malia as dificultades que hai no camiño. As e os deportistas con algunha discapacidade funcional non tiveron fácil e, no caso galego, engádeselles decisión de marchar fóra do país por motivos laborais ou para optar a unha mellor preparación.

Con todo, dezaseis deportistas da Galiza (catorce máis dous de apoio) viaxaron até Toquio desafiando toda unha pandemia mundial para participar nos Xogos Paralímpicos que rematarán mañá na capital nipoa. Os ouros de Susana Rodríguez e Adi Iglesias As maiores satisfaccións para Galiza no medalleiro viñeron do tríatlon e o atletismo. A médica e deportista viguesa Susana Rodríguez gañou o primeiro ouro galego dominando proba de tríatlon e marcando un tempo final de 1:07:15. Despois, participou na final de 500 metros na clase T11 conseguindo diploma ao quedar en quinto lugar. O segundo ouro galego saíu da final de 100 metros lisos na categoría T13 e chegou da man de Adiaratou Iglesias, a atleta do club Lucus Caixa Rural, nunha espectacular carreira na que marcou un tempo de 11.96. A pesar de ser a máis rápida no tempo de reacción, Iglesias non saíu do todo ben e tivo que ir de menos a máis para terminar remontando e gañando a carreira. E para rematar a súa excelente participación en Toquio conseguiu a prata na final dos 400 metros lisos na categoría T13. [...]

A. E 04/09/21 http://www.nosdiario.gal (adapt.)

A cohesión do texto conséguese, entre outros recursos, mediante repetición de palabras do campo semántico do deporte. Localiza esas palabras e explica o significado. f) «Con todo», «A pesar de», «E para rematar» son algúns dos conectores textuais empregados. Localízaos e clasifícaos segundo o seu signifig) Localiza un topónimo e o seu xentilicio. Sinala e define os fonemas que se corresponden coas grafías marcadas:

Cai R al

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE esforzo exemplos pandemia galego recompensa fóra l) Clasifica as palabras segundo a presenza de ditongo ou hiato: país conseguiu apoio nipoa categoría médica atleta deporte saíu despois m)Cres que o deporte contribúe a mellorar a vida das persoas e promover a integración social? Procura información sobre campaña da RTVG #NonMiresXoga. O seu lema é: «Os límites están só na nosa mirada». Que quere dicir? Cal é o seu obxectivo? Redacta un texto coa túa opinión sobre esta cuestión. Aplica as propiedades textuais aprendidas.

REFLEXIONA E VALORA Valora o teu grao de reflexión sobre as actividades da situación de aprendizaxe vinculadas esta unidade.

Que temas ou ideas predominaron na elección de palabras coas que vos identificastes?

Que información dalgún compañeiro ou compañeira che pareceu máis interesante?

Descubriches algún tipo de dicionario que descoñeceses? Que dicionario consideras máis completo? Cal empregas con maior frecuencia?

PON A PROBA AS TÚAS COMPETENCIAS Realiza la autoevaluación competencial incluida en anayaeducacion.es

• Unha reflexión sobre os avances realizados na situación de aprendizaxe ao longo da unidade.

• Unha proposta de avaliación das túas competencias que podes descargar da web de anayaeducacion.es

TOC, TOC, ABRINDO PORTAS

Revisa a túa planificación ao traballo. Competencias. Contesta completa a seguinte lista de confrontación sobre a planificación de tarefas, e utilízaa para autoavaliar a túa planificación do proxecto. Ítems

Trabállase en equipo, en colaboración, con reparto de tarefas. 10 % Consideran unha reflexión posterior ao finalizar proxecto (propostas de Incorpóranse gráficas que favorecen a comprensión dos resultados. Trabállase completase padlet de vocabulario. 10 % Puntuación planificación proposta, da planificación, ou a bastante incompleto ou Fai un correcto uso das etc).

Completa a seguinte rúbrica de avaliación do traballo en equipo: coavaliación. Cada compoñente do grupo responde estas cuestións sobre si mesmo e sobre o resto de compañeiros do grupo, respecta en: ao que se formulou planificación esixida. correcta, incompleta. investigar.

Traballo en grupo igual demostran

Fai un uso correcto resultados asociados ás

Fai un uso aceptable para conseguir bos

Non fai un bo uso das obxectiva. utilizando sempre claras, fala con algunha claras, incorreccións

Roles: traballo en grupo compañeiros intervir regular seu rol compañeiros intervir non intervén para

Ao finalizar, reflexiona e comproba se alcanzaches estes obxectivos: Completa no teu caderno

O teu portafolio do desafío, con:

• Tarefas de reflexión e difusión.

• Tres propostas para descargar da web de anayaeducacion.es:

Unha escala para a planificación de tarefas e a súa autoavaliación.

Unha escala de coavaliación do traballo en equipo.

Situaci N De Aprendizaxe

Presentaci N Da Situaci N

As persoas somos, entre outras moitas cousas pero sobre todo, palabras. Son elas as que nos distinguen do resto das especies xa que, malia que moitos animais posúen sistemas de comunicación propios, carecen da capacidade da linguaxe, que é exclusiva dos humanos.

As palabras axúdannos a conectar con outras persoas, a designar o que vemos e o que imaxinamos, a expresar o noso estado de ánimo, os nosos desexos ou aversións... e, cando as circunstancias nos superan, dicimos que «quedamos sen palabras».

Propoñémosche que ao longo deste trimestre te mergulles nas palabras da nosa lingua, no seu significado, no seu son. Que te achegues a elas e que as acollas, que as arroles, que as soletrees, que as cantes, que as inventes, que as vistas con novas roupaxes, que enredes con elas... en definitiva, que as fagas túas, que as aprendas, que as ames.

SECUENCIA DE APRENDIZAXE Plurilingües

Nos diferentes apartados das tres unidades encontrarás contidos que che serán de utilidade; por exemplo, como recrealas literariamente, como definilas segundo cal sexa a súa categoría gramatical, como clasificalas segundo a súa forma, como escribilas de acordo coas normas ortográficas ou como relacionalas coas familias lingüísticas ás que pertencen.

As Palabras Milenarias

Temos na boca palabras milenarias para falarmos de castiñeiros e carballos de andoriñas e de niños de paxaros de fontes, de fervenzas, de regueiros, de rías, mares, cabos e areeiros.[...]

Din os versos de Xesús Ferro Ruibal. E así é: temos a fortuna de posuír unha lingua con moitos anos de historia; unha lingua antiga e, á vez, moderna. Un idioma inzado de palabras fermosas, recendentes, agarimosas, sarcásticas, rotundas, técnicas... para así podermos expresar calquera idea ou sentimento, calquera concepto ou emoción.

As palabras da nosa lingua son un ben colectivo que fomos creando ao longo de moitas xeracións e que transmitiremos ás vindeiras. De nós depende que, recollendo a arela de Cunqueiro, o galego dure «mil primaveras máis».

Nas actividades que che propoñemos analizaremos diversos tipos de palabras en relación con algúns contidos de cada unidade e remataremos cunha tarefa principal: a creación dunha árbore coas vosas palabras preferidas, convertidas en gorentosos froitos.

Unidade 3

A diversidade é unha característica esencial da natureza humana. Existen diferenzas culturais, raciais, relixiosas, tamén físicas e psíquicas. Todos temos, ademais, capacidades e discapacidades, puntos fortes e débiles.

En ocasións podemos pensar que as persoas que teñen algún tipo de diversidade funcional non poden facer algunha cousa, pero axiña nos sorprendemos ao descubrir os seus logros. As barreiras están moitas veces na nosa

O respecto ás diferenzas e a inclusión social de todas as persoas debería ser

Diversidade Funcional

Que entendes por diversidade funcional?

Coñeces persoas con algunha discapacidade física ou intelectual que adquiriron recoñecemento no ámbito deportivo, profesional, etc.?

En que medida o acceso ao traballo facilita a inclusión e independencia de todas as persoas?

En que consiste a inclusión social?

Que barreiras quedan aínda por derrubar?

Situaci N De Aprendizaxe

Que vas aprender?

1 Comunicación

Nesta unidade lerás un fragmento de Lúa nova, unha historia de superación inspirada nunha rapaza coruñesa invidente.

Coñecerás vocabulario sobre os sentidos e as sensacións e aprenderás a definir substantivos.

Estudarás os textos e as distintas tipoloxías textuais.

E practicarás a exposición oral, que é unha competencia imprescindíbel para comunicármonos de maneira fluída.

2 Estudo da lingua

Estudaremos os fonemas vocálicos e consonánticos, que son a materia fónica dos discursos que emitimos.

Sabes diferenciar as vogais abertas das pechadas? Pronúncialas correctamente?

Repasaremos a sílaba e os seus elementos.

E reflexionaremos sobre a diversidade lingüística no mundo.

3 Literatura

Achegarémonos á literatura oral e escrita, e ás características das obras literarias.

E, por suposto, poderás crear os teus propios textos literarios.

➜ Accede ao vídeo de presentación da unidade en anayaeducacion.es

Secuencia De Aprendizaxe

Eu son

1.1 Presentámonos ante a clase cunha cartolina coa inicial do noso nome e seis palabras coas que nos identifiquemos.

1.2 Expoñemos as cartolinas na aula para coñecérmonos mellor.

En familia

2.1 Elaboramos a familia léxica dunha das palabras da actividade anterior.

2.2 Anotamos palabras sinónimas e antónimas das incluídas na actividade anterior.

Plurilingües

3.1 Elaboramos un glosario multilingüe coas nosas palabras para recoller as linguas da Península Ibérica.

Dicionario

4.1 Investigamos sobre os distintos tipos de dicionarios.

4.2 Buscamos na Rede os dicionarios en liña da lingua galega e realizamos a busca dalgunhas palabras.

O portal das palabras

5.1 Entramos na web O portal das palabras e buscamos información sobre a palabra do ano e do día.

5.2 Comentamos cal delas é a nosa preferida explicando as razóns da nosa escolla.

+ orientacións en anayaeducacion.es

This article is from: