
8 minute read
APERTURA DE UNIDADE
Temos na boca palabras milenarias para falarmos de castiñeiros e carballos de andoriñas e de niños de paxaros de fontes, de fervenzas, de regueiros, de rías, mares, cabos e areeiros.[...] Din os versos de Xesús Ferro Ruibal. E así é: temos a fortuna de posuír unha lingua con moitos anos de historia; unha lingua antiga e, á vez, moderna. Un idioma inzado de palabras fermosas, recendentes, agarimosas, sarcásticas, rotundas, técnicas... para así podermos expresar calquera idea ou sentimento, calquera concepto ou emoción. As palabras da nosa lingua son un ben colectivo que fomos creando ao longo de moitas xeracións e que transmitiremos ás vindeiras. De nós depende que, recollendo a arela de Cunqueiro, o galego dure «mil primaveras máis».
Nas actividades que che propoñemos analizaremos diversos tipos de palabras en relación con algúns contidos de cada unidade e remataremos cunha tarefa principal: a creación dunha árbore coas vosas palabras preferidas, convertidas en gorentosos froitos.
A árbore das SITUACIÓN DE APRENDIZAXE 10 11
Situación de aprendizaxe, unha para cada trimestre, que poñerá en acción os coñecementos, destrezas e actitudes que vas traballar, e que contribuirá á adquisición e o desenvolvemento das túas competencias.
Secuencia de aprendizaxe da situación proposta.
1
A diversidade é unha característica esencial da natureza humana. Existen diferenzas culturais, raciais, relixiosas, tamén físicas e psíquicas. Todos temos, ademais, capacidades e discapacidades, puntos fortes e débiles. En ocasións podemos pensar que as persoas que teñen algún tipo de diversidade funcional non poden facer algunha cousa, pero axiña nos sorprendemos ao descubrir os seus logros. As barreiras están moitas veces na nosa O respecto ás diferenzas e a inclusión social de todas as persoas debería ser
DIVERSIDADE FUNCIONAL
Que entendes por diversidade funcional?
Coñeces persoas con algunha discapacidade física ou intelectual que adquiriron recoñecemento no ámbito deportivo, profesional, etc.?
En que medida o acceso ao traballo facilita a inclusión e independencia de todas as persoas?
En que consiste a inclusión social?

Que barreiras quedan aínda por derrubar?
Que vas aprender?
1 Comunicación Nesta unidade lerás un fragmento de Lúa nova, unha historia de superación inspirada nunha rapaza coruñesa invidente. Coñecerás vocabulario sobre os sentidos e as sensacións e aprenderás a definir substantivos. Estudarás os textos e as distintas tipoloxías textuais. E practicarás a exposición oral, que é unha competencia imprescindíbel para comunicármonos de maneira fluída.
2 Estudo da lingua
Estudaremos os fonemas vocálicos e consonánticos, que son a materia fónica dos discursos que emitimos. Sabes diferenciar as vogais abertas das pechadas? Pronúncialas correctamente? Repasaremos a sílaba e os seus elementos. E reflexionaremos sobre a diversidade lingüística no mundo.
3 Literatura Achegarémonos á literatura oral e escrita, e ás características das obras literarias. E, por suposto, poderás crear os teus propios textos literarios. Accede ao vídeo de presentación da unidade en anayaeducacion.es
SITUACIÓN DE APRENDIZAXE En familia
SECUENCIA DE APRENDIZAXE
Eu son 1.1 Presentámonos ante a clase cunha cartolina coa inicial do noso nome e seis palabras coas que nos identifiquemos.
1.2 Expoñemos as cartolinas na aula para coñecérmonos mellor.
2.1 Elaboramos a familia léxica dunha das palabras da actividade anterior.
2.2 Anotamos palabras sinónimas e antónimas das incluídas na actividade anterior.
Plurilingües
3.1 Elaboramos un glosario multilingüe coas nosas palabras para recoller as linguas da Península Ibérica.
Dicionario
4.1 Investigamos sobre os distintos tipos de dicionarios.
4.2 Buscamos na Rede os dicionarios en liña da lingua galega e realizamos a busca dalgunhas palabras.
O portal das palabras
5.1 Entramos na web O portal das palabras e buscamos información sobre a palabra do ano e do día.
5.2 Comentamos cal delas é a nosa preferida explicando as razóns da nosa escolla.
+ orientacións en anayaeducacion.es
12 13
Recursos relacionados coas CLAVES do proxecto
Intercambia opinións, cun texto e unhas preguntas para reflexionar sobre o tema da lectura inicial, vinculada a un ODS.
Contidos e recursos dixitais da unidade.
Pasos da secuencia de aprendizaxe correspondentes á unidade coas explicacións necesarias para o seu desenvolvemento.
Compromiso ODS Plan Lingüístico Desenvolvemento do pensamento Aprendizaxe cooperativa
Saberes B Sicos E Adquisici N De Competencias
Obradoiro de comunicación
A exposición oral
«Arte de falar en público», así define o Dicionario Xerais Oratoria
Falar en público é unha situación á que moitas veces temos que enfrontarnos e en moi diversas circunstancias.
Esta destreza, como calquera outra, pode aprenderse e perfeccionarse.
Unha improvisación, un discurso, un e,,, son algunhas posibilidades para practicar o desenvolvemento das nosas habilidades lingüísticas.
PLANIFICA O DISCURSO 1 6
2
3 4
5
Onde vas falar? Para quen?
De canto tempo dispós?
PREPARA O TEMA
Busca información. Le, subliña, anota, selecciona a información de interese.
ELABORA UN GUIÓN
Elabora un guión cos puntos que vas desenvolver. Pensa na estrutura adecuada (presentación – desenvolvemento – conclusión).
EXPÓN O TEMA
Expón o tema ante os compañeiros e compañeiras. Ten en conta os seguintes aspectos:
• Mira de fronte e mantén contacto visual.
Fala co volume de voz apropiado. Pronuncia con claridade, vocaliza ben para que te entendan.
Fala con fluidez e cun ritmo correcto.
• Evita un ton monótono e xoga coa expresividade da voz.
Mantén unha expresión relaxada e unha postura corporal natural.
• Emprega un vocabulario adecuado ao propósito comunicativo (rexistro formal).
Unha exposición na clase non é o mesmo que unha conversa informal no patio. Emprega conectores para relacionar as ideas e as partes do discurso: en primeiro lugar... por un lado... como dicía... por conseguinte... en resumo... para rematar...
• Constrúe oracións breves e sinxelas.
• Evita as palabras comodín (cousa, iso...) e as expresións tipo aaaa..., emmmm...
Peche Da Unidade
Para terminar
COMPRENDE Y APLICA ¿Qué has aprendido?
1 Le atentamente o texto e realiza as actividades.
ADI IGLESIAS, PRATA EN 400 METROS
A Galiza supérase nos Paralímpicos a) Define coas túas palabras estes conceptos. xogos paralímpicos diversidade funcional b) Localiza os substantivos correspondentes ás distintas disciplinas ou modalidades deportivas. Redacta unha definición das características de cada unha. c) Resume o contido. Inventa outro título que recolla a idea esencial. d) Identifica os seguintes elementos.
Dous ouros, unha prata, oito diplomas e aínda con posibilidades de sumar máis títulos a poucas horas de que rematen os Xogos certifican o bo momento no país para deportistas con algún tipo de diversidade funcional. Os Xogos Paralímpicos de Toquio 2020 demostraron que o esforzo e a valía teñen recompensa.
ACTIVIDADES Debate. En que consiste o valor ecolóxico das linguas?
Todos estamos preocupados polo medio ambiente e desexosos por manter a diversidade natural do mundo en que vivimos, o mundo que queremos para os nosos fillos e netos. Adoptamos leis sobre contaminación e aire limpo, sobre subministro de auga e hábitat naturais para especies singulares. Neste contexto, a xente está caendo na conta de que as linguas teñen un valor eco- lóxico e necesitan unha protección adecuada. Unha lingua forma parte do medio ambiente tanto coma os arbustos, as montañas ou os ríos. Markus Warasin, Doce argumentos a favor da diversidade lingüística e o papel das linguas minoritarias no futuro da UE (adapt.)
En que consiste o valor ecolóxico das linguas?
2 Debate. A diversidade lingüística é un signo de riqueza cultural, xa que as linguas forman parte da herdanza cultural dos pobos. Cantas linguas usades na vosa aula, ademais de galego e castelán?
Existen falantes procedentes de países que posúen unha lingua dife- rente? Con que outras linguas estades en contacto na vosa familia, barrio, etc.?
3 Analiza as ideas recollidas neste texto.
O ESPELLO DA LINGUA As linguas levan dentro as emocións das persoas que as falan.
(...) Porque en cada palabra dun idioma, dunha lingua, hai algo noso, que deixamos nelas; unha avoa, unha pegada, un anaco de pan, unha familia, unha bágoa, un enfado, un lugar, unha pinga de chuvia, un sorriso, unha amiga. Unha lingua é como unha especie de espello, porque as palabras que a forman fixémolas nós e os nosos devanceiros, moi devagar, ao longo dos séculos, case sen decatarnos. E sabes unha cousa? Non hai linguas mellores nin peores. Todas as linguas son iguais, como as persoas. Só os racistas pensan que hai persoas mellores e peores. (...) Sabes?, unha lingua é coma un espello. Pode mostrarnos o que somos, a que lugar pertencemos. Pero non podemos ser como Brancaneves e preguntarlle ao espello se hai lin- guas máis bonitas que a nosa. E sabedes por que? Porque todas as linguas son iguais de bonitas. Fran Alonso, Douche a miña palabra (fragmento) Debate. E vós que pensades? Estades de acordo coa opinión ex- presada?
4 Creade un glosario en varias linguas con termos básicos necesarios para promover o mutuo coñecemento e a intercomunicación (saúdos, gus- tos, familia…). Acompañade as palabras de debuxos ou iconas facilmen- te identificables.
Obradoiro de comunicación para desenvolver as túas habilidades emprendedoras e mellorar as destrezas comunicativas.
Diversas formas de representar a información que serán de gran utilidade para a súa comprensión.
Iconas incluídas nalgunhas actividades que suxiren a clave do proxecto que pode aplicarse en cada caso.
Emisor Receptor Mensaxe Código Canle
U i) Indica o timbre da vogal tónica destas palabras:
O deporte paralímpico fálanos de exemplos de superación, de vontade de medrar e alcanzar os obxectivos malia as dificultades que hai no camiño. As e os deportistas con algunha discapacidade funcional non o tiveron fácil e, no caso galego, engádeselles a decisión de marchar fóra do país por motivos laborais ou para optar a unha mellor preparación.
Con todo, dezaseis deportistas da Galiza (catorce máis dous de apoio) viaxaron até Toquio desafiando toda unha pandemia mundial para participar nos Xogos Paralímpicos que rematarán mañá na capital nipoa.
Os ouros de Susana Rodríguez e Adi Iglesias As maiores satisfaccións para a Galiza no medalleiro viñeron do tríatlon e o atletismo. A médica e deportista viguesa Susana Rodríguez gañou o primeiro ouro galego dominando a proba de tríatlon e marcando un tempo final de 1:07:15. Despois, participou na final de 1 500 metros na clase T11 conseguindo diploma ao quedar en quinto lugar. O segundo ouro galego saíu da final de 100 metros lisos na categoría T13 e chegou da man de Adiaratou Iglesias, a atleta do club Lucus Caixa Rural, nunha espectacular carreira na que marcou un tempo de 11.96. A pesar de ser a máis rápida no tempo de reacción, Iglesias non saíu do todo ben e tivo que ir de menos a máis para terminar remontando e gañando a carreira. E para rematar a súa excelente participación en Toquio conseguiu a prata na final dos 400 metros lisos na categoría T13. [...] e) A cohesión do texto conséguese, entre outros recursos, mediante a repetición de palabras do campo semántico do deporte. Localiza esas palabras e explica o significado. f) «Con todo», «A pesar de», «E para rematar» son algúns dos conectores textuais empregados. Localízaos e clasifícaos segundo o seu significado. g) Localiza un topónimo e o seu xentilicio. h) Sinala e define os fonemas que se corresponden coas grafías marcadas:
A. EscurEdo 04/09/21 http://www.nosdiario.gal (adapt.)
Caixa Ru al v guesa
SITUACIÓN DE APRENDIZAXE esforzo exemplos pandemia galego recompensa fóra l) Clasifica as palabras segundo a presenza de ditongo ou hiato: reacción apoio nipoa categoría país malia conseguiu médica atleta deporte saíu despois m)Cres que o deporte contribúe a mellorar a vida das persoas e promover a integración social? Procura información sobre a campaña da RTVG #NonMiresXoga. O seu lema é: «Os límites están só na nosa mirada». Que quere dicir? Cal é o seu obxectivo? Redacta un texto coa túa opinión sobre esta cuestión. Aplica as propiedades textuais aprendidas.
REFLEXIONA E VALORA Valora o teu grao de reflexión sobre as actividades da situación de aprendizaxe vinculadas a esta unidade. Aspectos para analizar ✔ ✘
Que temas ou ideas predominaron na elección de palabras coas que vos identificastes?
Que información dalgún compañeiro ou compañeira che pareceu máis interesante? Cal das familias léxicas resultou máis rica? Cantas palabras incluíches ao glosario das linguas peninsulares? Descubriches algún tipo de dicionario que descoñeceses?
Que dicionario consideras máis completo? Cal empregas con maior frecuencia?
Que razón xustifica a elección da palabra preferida?
PON A PROBA AS TÚAS COMPETENCIAS Realiza la autoevaluación competencial incluida en anayaeducacion.es
41
Comprende e aplica, con diversas actividades sobre o que aprendiches na unidade .
Reflexión sobre os avances realizados na situación de aprendizaxe correspondente á unidade.
Proposta de acceso a recursos na web para visualizar os contidos gramaticais, repasar o aprendido e avaliar as túas competencias.