
1 minute read
Así é o teu libro DESAFÍOS QUE DEIXAN PEGADA
Nos diferentes apartados das tres unidades encontrarás contidos que che serán de utilidade; por exemplo, como recrealas literariamente, como definilas segundo cal sexa a súa categoría gramatical, como clasificalas segundo a súa forma, como escribilas de acordo coas normas ortográficas ou como relacionalas coas familias lingüísticas ás que pertencen.
AS PALABRAS MILENARIAS
PRESENTACIÓN DA SITUACIÓN
As persoas somos, entre outras moitas cousas pero sobre todo, palabras. Son elas as que nos distinguen do resto das especies xa que, malia que moitos animais posúen sistemas de comunicación propios, carecen da capacidade da linguaxe, que é exclusiva dos humanos. As palabras axúdannos a conectar con outras persoas, a designar o que vemos e o que imaxinamos, a expresar o noso estado de ánimo, os nosos desexos ou aversións... e, cando as circunstancias nos superan, dicimos que «quedamos sen palabras». Propoñémosche que ao longo deste trimestre te mergulles nas palabras da nosa lingua, no seu significado, no seu son. Que te achegues a elas e que as acollas, que as arroles, que as soletrees, que as cantes, que as inventes, que as vistas con novas roupaxes, que enredes con elas... en definitiva, que as fagas túas, que as aprendas, que as ames.
Eu son Dicionario O Portal das Palabras En familia