
1 minute read
Exercicios e problemas guiados
1. Descrición dunha gráfica
Describir a seguinte gráfica dando os elementos necesarios para que un compañeiro a poida representar a partir da descrición.
• Indica onde está definida a función e refírete á súa continuidade e á súa derivabilidade.
• Describe, mediante un límite, a asíntota horizontal, e a posición da curva con respecto a esta.
• Describe, mediante límites, a asíntota vertical e a posición da curva tanto á súa esquerda como á súa dereita.
• Describe a asíntota oblicua mediante límites. Refire nun deles a posición da curva respecto á asíntota.
• Describe a condición pola que se obteñen os puntos singulares. Engade condicións para saber cales son máximos e mínimos.
• Completa a información dos puntos singulares coas súas ordenadas.
Solución: Dom f = Á – {1}; derivable en todo o seu dominio.
Asíntota horizontal para x → – ∞: y = 4. Asíntota vertical: x = 1.
Asíntota oblicua para x → + ∞: y = x – 2. Máximo relativo en (3, 2). Mínimos relativos en (–1, –1) e (5, –2).
Cortes cos eixes en (–2, 0), (0, 0), (2, 0), (4, 0) e (6, 0).
2. Representación dunha función logarítmica con valor absoluto
Representar a seguinte función:
3.
Calcular os parámetros a, b, c e d para que a curva de f teña dous extremos relativos en (1, 0) e (0, 1).
f (x) = ax3 + bx2 + cx + d
Representar a función.
Estuda se é simétrica. Indica o seu do-
Solución: minio de definición e se é derivable en todo el.
Acha os elementos necesarios para a súa representación: asíntotas, puntos singulares, etc.
• Coa expresión da función, f (x) = ax3 + bx2 + cx + d, e os datos que temos, f (0) = 1, f (1) = 0, f' (0) = 0 e f ' (1) = 0, formamos un sistema de 4 incógnitas e 4 ecuacións.
• Resólveo e representa a función.
4. Función racional con parámetros
Calcular o valor do parámetro k para que a función: f (x) = xx xk 41 2 + ++ teña y = 4x + 5 como asíntota oblicua. Representar a función.
Para achar a ecuación da asíntota oblicua, realiza esta división: (4x 2 + x + 1) : (x + k)
Calcula o valor de k que fai que o cociente coincida coa ecuación da asíntota, y = 4x + 5.
Representa a función.
Solución:
Solución: