PRESENTACIÓN
I
Pechamos o ano 2021 un domingo, 12 de decembro, na Catedral de Santiago. Foi algo especial, único e apoteótico! A escusa foi o remate do Camiño de Inverno. 13 etapas... en dous anos. Esa maldita peste! Remate, Ofrenda, Botafumeiro... nun Ano Santo tan estraño e tan cruel. Viñeron moitos socios, amigos, familiares e curiosos. E tamén, con moito ánimo e gozo, a nosa presidenta Benita Silva Hermo. Que fachenda para Alumni USC, sentirnos arroupados pola súa presenza e felicidade. Ollade esas fotos, xa míticas na estela temporal. Somos o que somos, grazas a dona Benita Silva Hermo. Traballadora, constante, xenerosa, delicada, cercana... Estabamos tan cómodos co seu liderado! Por ela, pola súa valía, creamos o título de “Presidenta de honra”, que lle entregaremos neste 2022 –cando redacto a presentación da Memoria 2021–. Estamos no bo camiño!
Agustín Pena Herva Marzo 2022
MEMORIA 2021 >
5