
3 minute read
Alumni USC - MEMORIA 2021
PRESENTACIÓN
Pechamos o ano 2021 un domingo, 12 de decembro, na Catedral de Santiago. Foi algo especial, único e apoteótico!
Advertisement
A escusa foi o remate do Camiño de Inverno.13 etapas... en dous anos.Esa maldita peste!
Remate, Ofrenda, Botafumeiro... nun Ano Santo tan estraño e tan cruel. Viñeron moitos socios, amigos, familiares e curiosos. E tamén, con moito ánimo e gozo, a nosa presidenta Benita Silva Hermo. Que fachenda para Alumni USC, sentirnos arroupados pola súa presenza e felicidade. Ollade esas fotos, xa míticas na estela temporal. Somos o que somos, grazas a dona Benita Silva Hermo. Traballadora, constante, xenerosa, delicada, cercana... Estabamos tan cómodos co seu liderado!
Por ela, pola súa valía, creamos o título de “Presidenta de honra”, que lle entregaremos neste 2022 –cando redacto a presentación da Memoria 2021–.
Agustín Pena Herva
Marzo 2022
A Xunta Directiva
A Xunta Directiva do 2021 foi presidida novamente por Benita Silva Hermo, sendo este o seu último ano de presidencia. O 17 de xuño a Xunta Directiva aceptou a dimisión da tesoureira Isabel Aneiros Penedo, que renunciou ao cargo por motivos persoais. A Asemblea Xeral Extraordinaria do 15 de xullo nomeou a Fernando Barros Fornos como novo tesoureiro.
Presidenta_
Dona Benita Silva Hermo Doutora en Ciencias Químicas. Profesora Titular da USC.
Vicepresidente_
Don Carlos Herrero Latorre Doutor en Ciencias Químicas. Profesor Titular da USC no Campus de Lugo.
Tesoureiro_
Don José Fernando Barros Fornos Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais. Profesor asociado do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da USC. Ecónomo Diocesano do Arcebispado de Santiago de Compostela.
Secretario_
Don Agustín Pena Herva Diplomado en Maxisterio. Empregado de empresa privada.
Vogais_
Dona Loreto Fernández Fernández Doutora en Ciencias Económicas e Empresariais. Profesora Titular da USC.
Don Manuel Fraga Carou Licenciado en Filoloxía Hispánica pola USC. Xornalista. Administrador de empresa privada.
Don Víctor A. García Dopico Licenciado en Dereito pola USC. Avogado en exercicio.
Dona Ángeles López Cabarcos Doutora en Ciencias Económicas e Empresariais. Profesora Titular da USC no Campus de Lugo.
Don Jesús López Romalde Doutor en Ciencias Biolóxicas. Catedrático da USC.
Dona Mar Lorenzo Moledo Doutora en Filosofía e CC. Da Educación. Profesora titular da USC.
Asembleas
Asemblea Xeral Ordinaria
O 15 de xullo tivo lugar a XXVI Asemblea Xeral Ordinaria realizada neste 2021. Debido á situación sanitaria celebrouse de forma online, utilizando a plataforma de Teams.
Na Asemblea presentouse, coma cada ano, a memoria deste correspondente 2020. Tamén presentouse o Informe de Tesourería 2020 e o Orzamento 2021.
Asemblea Xeral Extraordinaria
O 15 de xullo celebrouse tamén a Asemblea Xeral Extraordinaria para elixir e nomear un novo tesoureiro, debido a renuncia por motivos persoais de Isabel Aneiros Penedo. Finalmente nomeouse como novo tesoureiro a Fernando Barros Fornos.
Homenaxe a José Manuel Ortigueira Bobillo
O 30 de novembro realizouse no Salón Nobre de Fonseca o acto de homenaxe a José Manuel Ortigueira Bobillo debido a súa dedicación e contribución en diversas actividades de Alumni USC, como a Exposición fotográfica “Camiño de inverno: de Ponferrada a Compostela”. Na Asemblea Xeral Extraordinaria do 15 de decembro de 2021 ratificouse o nomeamento de socio de honra a José Manuel Ortigueira Bobillo.
Asociados/ as
Ao rematar o ano 2021 Alumni USC contaba con 670 socios, dos cales 31 son socios protectores (en diferentes ámbitos empresariais) e 11 son socios de honra.
670 socios
dos cales 31 son socios protectores e 11 son socios de honra