
4 minute read
Alumni USC - MEMORIA 2021
Aniversarios
Outra característica, propia e importante, da Asociación é a súa capacidade para organizar os aniversarios das promocións de cada Carreira ou Licenciatura.
Advertisement
Estas xuntanzas son grazas ao traballo de Alumni USC, cumprindo así outro mandato dos Estatutos: promover as relacións de amizade e compañeirismo, xurdidas nos anos estudantís.
Vodas de Ouro de Químicas 1966-1971
O xoves, 15 de xullo, os integrantes da promoción de Ciencias Químicas 1966-1971 reuníronse no Recanto da Saudade para conmemorar a súa volta á USC nun acto presidido pola presidenta de Alumni USC, Benita Silva. Algúns dos membros da promoción son socios coñecidos como Manuel López-Rivadulla, presidente do Ateneo de Santiago, Juan Lema, catedrático da Escola Superior de Enxeñaría da USC ou Ramón Pampín, profesor desta última Escola e sendeirista do noso Club de Sendeirismo.


Vodas de Ouro de Químicas 1965-1970 (50 + 1)
O 9 de setembro, a promoción 1965-1970 de Químicas celebrou as súas vodas de ouro cun ano de retraso, debido á situación creada pola COVID-19, xa que a celebración tivo que anularse o ano pasado.
O grupo visitou o Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago e o Recanto da Saudade onde teñen unha placa conmemorativa e tiveron un acto na Facultade de Químicas que estivo presidido pola decana, Pilar Bermejo, e tamén interviron: Jesús López Romalde, como representante de Alumni USC e os compañeiros da promoción: Otilia Mo, Felipe Macías e Gonzalo Mucientes.
Remataron os actos cun xantar no Hotel Monumento San Francisco.


Vodas de Ouro Dereito 1965 – 1970 (50 + 1)
O venres, 17 de setembro, a promoción de Dereito 1965-1970 celebrou as vodas de ouro con Alumni USC. Esta promoción tivo que anular a celebración o ano pasado por mor da pandemia que estamos a vivir.
A Comisión organizadora estivo formada por Filomena Casal Gómez, Luis González Guitián, Juan Carlos González Nieto, Luis Montero Luna e José Rodríguez Yebra.
Os actos comezaron o xoves 16 de setembro cunha visita ao Recanto da Saudade, onde tiraron a tradicional fotografía.
O evento continuou o venres 17 de setembro, no Paraninfo da actual Facultade de Xeografía e Historia pero que foi o lugar onde eles estudaron a súa carreira.
Estiveron presentes, entre outros, a Decana de Dereito, Ana Gude Fernández, o representante de Alumni USC, Jesús López Romalde e o representante do alumnado da promoción, Juan L. Montero Luna.
O grupo visitou o Pórtico da Gloria e despois rematou a celebración cun xantar no restaurante do Hotel Monumento San Francisco.
Vodas de Prata Medicina 1990-1996
O sábado 23 de outubro un grupo da promoción 1990-1996 de Medicina festexou as súas Vodas de prata.
A Comisión organizadora encabezada por Alexandre García Caballero, estivo formada tamén por Javier Paz Esquete e Carlos Peña Gil.
O programa do día incluía unha visita ao Recanto da Saudade, no Campus Vida, para descubrir a placa conmemorativa. Logo, o grupo foi á Facultade para fotografarse e despois houbo o acto académico, que contou coa asistencia do decano, Julián Álvarez Escudero, o representante de Alumni USC, Jesús López Romalde, o representante do profesorado da promoción, Ángel Carracedo Álvarez, e Moisés Moreira Pacheco como representante do alumnado da promoción.
Remataron a xornada cun xantar no restaurante do Hostal dos Reis Católicos.

Vodas de Prata de Medicina 1989-1995
Os Antigos/as alumnos/as da promoción 1989-1995 de Medicina -que no pasado 2020 celebrarían o 25 aniversario da súa licenciatura, máis que, por mor da pandemia, tiveron que suspender os actos programados- festexaron o sábado 16 de outubro a súa volta ás aulas de Compostela.
O Comité organizador, presidido por Jesús J. Suárez Martínez, está formado tamén por Federico Martinón Torres, Elías Rodríguez Czplicki e Carlos Villar Blanco.
A xornada comezou ás 12,30h. cunha visita ao Recanto da Saudade para descubrir a placa conmemorativa. Despois fixéronse unha fotografía de grupo nas escaleiras da Facultade de Medicina, e logo, xa no Salón de Actos da Facultade, tivo lugar un acto no que estiveron presentes o Decano do centro, Julián Álvarez Escudero, o representante de Alumni USC, Francisco Barreiro Morandeira, coordinador de Alumni USC no centro, o representante do profesorado Alejandro Novo Domínguez e os representantes do alumnado da promoción, Genma Rodríguez Trigo e José Luis Fernández Fernández.
A xornada rematou cun xantar no restaurante do Hostal dos Reis Católicos.

