
2 minute read
Alumni USC - MEMORIA 2021
NOVAS INICIATIVAS_02
1ª Carreira virtual solidaria a favor da Asociación PALUSO
Advertisement
Os días 27 e 28 de febreiro Alumni USC celebrou unha nova actividade adaptada á situación sanitaria: a 1ª Carreira pedestre virtual solidaria, a través da aplicación rockthesport.
Houbo un prezo simbólico de 3 euros por inscrición, e todo o recadado foi para á Asociación PALUSO, co destino do fondo de alimentos, que esta Asociación fai chegar as persoas máis necesitadas. A iniciativa tivo un notable éxito, para ser a primeira no eido virtual. Participaron 118 persoas e recadáronse 354 euros. Cada quen podía saír a correr a distancia establecida de 5 km e a aplicación rexistraba o tempo empregado.
Os gañadores da carreira recibiron as súas medallas o 17 de marzo nun acto de entrega, no cal tamén asistiron Chus Iglesias presidenta da Asociación Paluso e Óscar Páramo, o alumno de prácticas en Alumni USC, quen foi un colaborador fundamental na organización da carreira.
As gañadoras da categoría feminina foron:
1_ Medalla de ouro: Miriam Ferrán Fraga2_ Medalla de prata: Antía Collazo Ferradáns3_ Medalla de bronce: Chus Rodríguez Fraga
Os gañadores da categoría masculina foron:
1_ Medalla de ouro: Adrián Dios Vicente 2_ Medalla de prata: José Rodríguez Rey 3_ Medalla de bronce: Gustavo Noya Pena

https://asociacionopaluso.gal/