
4 minute read
Alumni USC - MEMORIA 2021
A Asociación e a Universidade
Colaboración institucional
Advertisement
Alumni USC procura cultivar e coidar cada ano a súa relación coa USC, institución grazas a cal temos unha chea de servizos. A Universidade de Santiago de Compostela leva dando axuda para o bo funcionamento de Alumni USC dende o seu nacemento.
Coma nos anos anteriores, neste 2021 a USC cedeu o local onde se atopa a sede, na Casa da Concha (Rúa da Conga nº 1).
Alumni USC tamén conta cunha delegación permanente no Vicerreitorado de Coordinación do Campus de Lugo, na Casa do Saber (Praza de Pío XII, nº 3).
A USC tamén asume os gastos do correo postal, do teléfono fixo e máis gastos ordinarios (auga, luz e servizo de limpeza).
A USC tamén presta a axuda e asesoramento dos seus servizos informáticos ao persoal da Oficina.
Colaboración do Consello Social
Alumni USC segue contando coa importante colaboración co Consello Social. Grazas a esta institución, contamos cun convenio USC-Alumni USC, que leva asociada unha axuda económica procedente do orzamento do Consello Social. Alumni USC valora e salienta este Convenio, fundamental para poder desenrolar actividades e actuacións.
Coordinadores/as nos centros docentes
Dende 2018 existe a figura de coordinador/a de Alumni USC nas escolas e facultades da USC, sendo unha maneira na que a Universidade aporta apoio á asociación. O obxectivo desta iniciativa é que membros do profesorado proporcionen unha maior visibilidade á Asociación entre o persoal, os centros, e especialmente o alumnado. Grazas a isto os alumnos e alumnas estarán informados das vantaxes de ser socios ou socias en Alumni USC .
EnMente VI. Encontro de Intelixencia Emocional da USC
Os días 2, 3, 4 e 6 de novembro tivemos o pracer de volver a facer o VI EnMente. Grazas ao apoio de Consello Social da USC e o do Instituto de Ciencias da Educación da USC, EnMente xa está consolidado como unha actividade única, orixinal e atractiva desta Asociación.
Igual que no anterior 2020, a maioría das conferencias fixéronse telemáticamente, vía Zoom. Con todo, foi posible facer dous relatorios presencialmente. En total asistiron 116 persoas.
Agora mesmo atopámonos nun tempo onde a educación emocional é moi importante, pois permítenos xestionar a nosa vida persoal, laboral, académica, ou mesmo sentimental.

O programa contou con dous Relatorios presenciais:
Sen medo ningún! Xestión da ansiedade e o medo en situación novas ou de conflito
O relator Antoni Giner, doutor en Pedagoxía e Licenciado en Psicoloxía, animounos a explorar o concepto de medo e de ansiedade para así poder ter a oportunidade de analizar a información e con calma intentar resolver o conflito.

Coidar(te). Pistas para incrementar o teu benestar emocional
A relatora Ana Asensio, psicóloga clínica, psicoterapeuta e Doutora en Neurociencia, dirixiu o foco da charla cara a un plan de exercicios prácticos para mellorarnos a nós mesmos e ao noso entorno. En total foron 4 bloques: observar-te, recoñecer-te, dedicar-te tempo de calidade e confiar en ti.

E tres sesións en liña :
Non deixes para mañá o que poidas facer hoxe! Posta en marcha de hábitos saudables
A relatora Carmen Loureiro, codirectora de Verbalia Comunicación, psicóloga especializada en educación emocional e social, doutora e investigadora e profesora asociada, anímanos a establecer hábitos saudables na nosa vida. Mediante diferentes preguntas e exemplos mostrou métodos para poder establecer rutinas saudables no sentido emocional.

A incerteza laboral que sentimos. Como ver una oportunidade onde non contábamos.
A relatora Rocío Lacasa, psicóloga clínica experta en trastornos de ansiedade, fálanos da existencia de incertezas en distintos ámbitos da nosa vida e mediante un taller explica cómo non caer no pánico e así poder aproveitar as oportunidades.

Liderado e xestión emocional en tempos de crises.
O relator Antonio Moya, licenciado en dereito e empresariais e coach, fálanos sobre cómo a nova situación da pandemia, inflúe nas persoas, e explícanos cómo debe actuar un bo líder. Ademais deixa claro a importancia dun contorno de traballo saudable.
