
2 minute read
Alumni USC - MEMORIA 2021
Falan as socias e os socios
Este ano, co gallo do noso 25 aniversario, creamos na páxina web unha nova sección chamada “Falan as socias e os socios”.
Advertisement
Neste apartado faremos entrevistas a diferentes socias e socios, para escoitalos, aprender e divulgar as súas traxectorias vitais e a súa relación coa Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago.

Ángel Carracedo Álvarez
Foi unha honra comezar con Ángel María Carracedo Álvarez, catedrático de medicina legal, investigador e experto internacional en xenética. Membro, tamén, da Real Academia Galega de Ciencias. Na conversa, o doutor Carracedo explicou os seus comezos e porqué decidiu estudar Medicina. Logo deunos unha pequena panorámica da súa traxectoria investigadora, ademais de explicar brevemente as investigacións que dirixe, de xenética forense. Explicounos doadamente a relación entre a xenética e certas enfermidades e comentou os proxectos nos que está a traballar.
Foi unha entrevista moi completa e moi interesante, que se pode ver na nosa canle de Youtube.

Elena Vázquez Cendón
A nosa convidada nesta segunda conversa de “Falan os socios e socias”, é unha socia cunha traxectoria sumamente interesante : profesora titular o departamento de Matemática Aplicada. decana da Facultade de Matemáticas. Coordenadora do Máster en Matemática Industrial, presidenta de Estalmat-Galicia. Membro do grupo de investigación en Enxeñería Matemática.
Ángeles López Cabarcos, directiva de Alumni USC e profesora da USC no Campus de Lugo, foi a encargada de conversar coa nosa matemática de referencia, que nos falou, con amenidade e coñecemento de matemática industrial, de investigación matemática, da matemática actual, da relación muller e ciencia, de cal debe ser o futuro USC.
Reiteramos a nosa canle de Youtube, para desfrutar desta conversa con dona Elena

Xesús Alonso Montero
Unha honra desfrutar, rematando outubro, do galeguista egrexio don Xesús Alonso Montero (1928): ensaísta, sociolingüista, profesor, conferenciante, primeiro catedrático de Literatura Galega, ex-presidente da Real Academia Galega...
Jesús López Romalde, directivo de Alumni USC, profesor e investigador na USC, foi quen tirou do fío das lembranzas e recordos de don Xesús: desde a nenez en Ribadavia, a fala, a carreira universitaria en Madrid... todo cunha prodixiosa memoria, coherencia, retranca...
Temos un tesouro na nosa canle de Youtube!
https://www.alumniusc.gal/falan-as-socias-e-os-socios/