
1 minute read
Alumni USC - MEMORIA 2021
Premio HUMANITAS 2021
Advertisement
Acto de entrega
O 17 de decembro na Casa da Concha, sede de Alumni USC, foi a cerimonia de entrega do Premio Humanitas a Carmen Pena Ledo, presidenta da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Lugo (AFALU).
Os promotores da recuperación deste galardón –que promove e agasalla o traballo social e desinteresado das Asociacións sen ánimo de lucro– o Consello Social da USC e a Asociación de Antigos Alumnos da Universidade de Santiago estiveron representados por Cecilia Sierra, presidenta do Consello Social da USC e Carlos Herrero, vicepresidente de Alumni USC.
