FONSECA 46 (2023)

Page 1

1º encontro Alumni USC: «A Universidade despois da Universidade»

número_ 46 Decembro de 2023
SECA

Editorial

1º Encontro Alumni USC:

A Universidade despois da Universidade

Xunta Directiva

Entrevista a José Manuel Ortigueira

Artigo do ATD Cuarto Mundo España

Club de Sendeirismo

XVIII Premio Relato Curto

Artigo do Grupo Compostela de Universidades

Letras Galegas 2023

Presentación do libro de Xoán Xosé

EDITA

Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC

Casa da Concha

Universidade de Santiago de Compostela 15782 - Santiago de Compostela

TEL_ 981 580 624 MAIL_ alumni@usc.es

www.alumniusc.gal

Alumni USC - Asociación Antigos Alumnos e Amigos USC

@AlumniUSC1

@alumni_usc

Dirección

Xunta Directiva de Alumni USC

Documentación

Inés Toca Carús

Redes sociais

Carlos Barba

Fotografía

Alumni USC

Gabinete de Comunicación da USC

Imprime

Gráficas Garabal

Redacción, deseño e maquetación SP Media

A Asociación respecta os artigos de opinión asinados e, por tanto, non se fai responsable do seu contido

2 Revista da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela
DEPÓSITO LEGAL: C 2142-2017
Fernández Abella Recanto da saudade Falan socias e socios Socios protectores 3 4-6 8-9 10 11 12-13 14-15 16-17 18 19 20-21 22 23

Fala a nova Xunta Directiva...

Como cada ano, temos a honra de publicar un novo número da revista Fonseca, impulsada pola Asociación do Antigo Alumnado e Amizade da USC.

O noso vínculo para os socios e socias vai máis aló do vencello da amizade; é un firme compromiso co valor intelectual e cultural da cidade de Compostela, asumindo así a responsabilidade de crear pontes de comunicación fidedignas cunha información rigorosa e veraz.

Ademais, a nosa labor como enlace entre os estudantes e a universidade, esixe, sen dúbida, pór en estima o valor do antigo alumnado, que foron e son os cimentos das futuras xeracións.

Por ese motivo, o pasado 22 de setembro do 2023, Alumni USC organizou o encontro A Universidade despois da Universidade, coa intención de mostrar a pegada inesquecible de todos aqueles que pasaron pola nosa institución e que abofé

dan sentido á expresión «a ombreiros de xigantes».

Desta mesma maneira, sentimos a obriga de darlle o noso máis profundo agradecemento á Antiga Xunta Directiva. O seu forte compromiso cara a Asociación e cara a nosa cidade é o alicerce do trazado que procuraremos nos vindeiros anos. Un camiño onde a prioridade é continuar a ser un espazo de encontro social, cultural e de transmisión da lingua galega. E como Nova Xunta Directiva, tamén avanzamos cara novos obxectivos, como son o fomento do emprendemento e a creación dunha nova rede de actividades que acolla aos estudantes máis novos da Universidade de Santiago.

Por último, agradecer aos socios e socias pola súa confianza e amizade.

3 EDIT RIAL SECA

A Universidade despois da Universidade

O 1º Encontro Alumni USC, celebrado o venres 22 de setembro, marcou un fito na historia da Universidade de Santiago de Compostela, reunindo baixo o lema «A Universidade despois da Universidade» á comunidade egresada para debater e reflexionar sobre o impacto duradeiro dos seus alumni na sociedade e a importancia de manter viva a conexión coa institución.

Este evento non só serviu como unha plataforma para o reencontro de antigos estudantes, senón tamén como un espazo de diálogo sobre o futuro e as oportunidades que a USC pode ofrecer á súa comunidade universitaria.

Presidido polo reitor Antonio López e contando coa participación de figuras relevantes como a presidenta do Consello Social da USC, Cecilia Sierra; a presidenta de Alumni USC, Eva López Barrio; o secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, o encontro subliñou o papel determinante da universidade no desenvolvemento de Galicia, tal como destacou Santalices, facendo énfase no avance espectacular da rexión grazas á democracia, a integración na Unión Europea e o progreso educativo.

As actividades do encontro centráronse en dúas mesas temáticas que exploraron a traxectoria e a evolución de Alumni USC dende a súa fundación. Na primeira mesa, destacadas figuras como o exreitor da USC Juan J. Casares Long, o empresario e expresidente do Consello Social da USC Emilio Pérez Nieto, a secretaria da Cámara de Comercio de Santiago Filomena Casal Gómez, e o tamén exreitor e crítico literario Darío Villanueva

compartiron as súas experiencias e reflexións sobre os inicios da asociación.

Namentres, a segunda mesa abordou o presente de Alumni USC e as oportunidades que actualmente ofrece á comunidade universitaria, coas intervencións do catedrático de Enxeñaría Química Gumersindo Feijoo Costa, o físico e divulgador

Jorge Mira Pérez, o enxeñeiro agrónomo José M. Ortigueira Bobillo e a matemática Elena Vázquez Cendón, destacando a importancia da transformación dixital e innovación.

A xornada tamén serviu para presentar os primeiros pasos da asociación desde a súa constitución en 1996, destacando a súa evolución e os cambios lexislativos que afectan ás Alumni en España. Moderadas por Luisa Rivas García e Eva López Barrio, as mesas temáticas proporcionaron un valioso espazo para compartir experiencias, anécdotas e visións de futuro.

O encontro pechouse cunha actuación musical a cargo dos Troyanos de Compostela, seguida dun cocktail no Claustro de Fonseca, favorecendo un ambiente distendido onde os asistentes puideron intercambiar impresións e reforzar vínculos. Este 1º Encontro Alumni USC non só celebrou a pegada deixada polos egresados na USC, senón que serviu tamén pasa sentar e fixar as bases para futuras colaboracións, subliñando a relevancia dunha rede de alumni activa e comprometida co desenvolvemento continuo da universidade e da sociedade galega.

Reafirmouse así a USC como un espazo de reunión, diálogo e reflexión, esencial para o crecemento persoal e profesional dos seus membros e para o avance da comunidade na que se insire.

4 Revista da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela 1º ENC NTR
ALUMNI USC

Agrupación

SECA
de Troyanos de Compostela De esquerda a dereita: Emilio Pérez Nieto, Luisa Rivas García, Filomena Casal Gómez, Darío Villanueva Prieto e Juan J. Casares Long De esquerda a dereita: María Teresa Bouza Gil, Carmen Pomar Tojo, Víctor García Dopico, Eva López Barrio, Juan J. Casares Long, Miguel Santalices Vieira, Filomenta Casal Gómez, Cecilia Sierra Rey, Luisa Rivas García e Darío Villanueva Prieto.
6 Revista da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela

Elena Vázquez Cendón

«Alumni ofrece a oportunidade de fomentar a interacción entre diferentes xeracións»

En primeiro lugar, considero esencial fornecer a relación de pertenza do alumnado á nosa universidade e que este vínculo perdure, ao titularse, grazas a Alumni.

Na Facultade de Matemáticas temos todas as orlas, que dan conta de todas as promocións, e temos o proxecto de elaborar un libro dixital con todas elas, pode ser o inicio dun proxecto compartido con Alumni e exportable a máis centros.

O espírito emprendedor que se fomenta na USC demóstrase poñéndolle cara ás persoas que o aplican profesionalmente. A colaboración con Alumni tamén permite enfiar o emprendemento, ao fomentar a interacción entre as persoas egresadas de diferentes xeracións. Tomando como exemplo universidades británicas, sería bo promover celebracións para fomentar este valioso encontro e o traballo desde a rede Alumni USC. Por exemplo, poñer data para o día Alumni, co obxecto de recoñecer ás persoas que se formaron na USC, e que desenvolven o seu talento profesionalmente en moitos ámbitos dentro e fóra de Galicia.

Penso que este tipo de iniciativas buscan seguir proxectando a USC e compartir o orgullo que sentimos por pertencer á USC coas xeracións máis novas.

Jorge Mira Pérez

«A principal ágora intelectual de Galicia está no campus da USC, e ten que saberse»

Nun acto solemne ao que asistín hai uns anos no Trinity College da Universidade de Cambridge, o seu director, Lord Martin Rees (eminente físico que, entre outros, ocupa o cargo de astrónomo real), dixo que os alumni do seu college tiñan que sentirse orgullosos da abraiante densidade de ideas que saíran do cuarto de milla cadrada de extensión que nos rodeaba.

Aplicando aquí a reflexión, a principal ágora intelectual de Galicia está no círculo duns 500 metros de raio que ten o seu centro no cruce que hai fronte ás facultades de matemáticas e bioloxía. Dentro dese círculo están o IGFAE, CiQUS, CiTIUS, CiMUS, iMATUS, CRETUS, e facultades que son referencia a nivel nacional.

Non creo que na historia de Galicia se teña producido xamais tal concentración de talento. Alí téñome encontrado, no espazo de poucos minutos, con investigadores recoñecidos cos maiores galardóns de España en eidos da química, física, matemática, das ciencias da computación e intelixencia artificial, da ciencia de materiais, de varias disciplinas do eido das ciencias biolóxicas e da saúde, formáronse un presidente de España e varios autonómicos...

7 SECA
FUTUR
PALABRAS C A VISTA N

Alumni USC renova a súa Xunta Directiva con Eva López Barrio na presidencia

A nova Xunta Directiva de Alumni foi presentada este 2023, marcando o inicio dunha nova etapa para esta institución. Encabezada por Eva López Barrio, a nova presidenta, a directiva está composta por profesionais destacados que levan adiante unha visión compartida para a asociación.

Eva López Barrio, a nova presidenta, é recoñecida polo seu labor no programa de emprendemento feminino da USC. As súas primeiras palabras como presidenta de Alumni foron de recordo para Benita Silva Hermo, a anterior

presidenta de honra falecida recentemente. López Barrio, cunha forte orientación cara o liderado compartido e transversal, aposta por fortalecer a marca USC e reforzar a inserción laboral dos egresados, destacando a importancia da colaboración con empresas e a acción socio -

cultural. Ademais, subliñou a crecente participación das mulleres no liderado de proxectos, unha tendencia que representa unha evolución positiva no ecosistema empresarial.

Acompañando a López Barrio na directiva están Luisa Rivas García como vicepresidenta, Carme Casado Casado como secretaria, e Enrique López Lorenzana como tesoureiro. O equipo complétase cun grupo de vogais formado por José Antonio Pardiñas García, María Curros Ferro, Loreto Fernández Fernández, Mª Teresa Bouzada Gil, Modesto Gómez Rodríguez, Juan Carlos Cobas Gómez, Ariana Fernández Palomo, Igor Mella Núñez e Víctor A. García Dopico.

Este novo equipo directivo reflicte unha mestura equilibrada de experiencia e innovación, co obxectivo de impulsar a asociación cara a novos horizontes.

8 Revista da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela

Eva López Barrio Presidenta

Especializada en transferencia de coñecemento, lidera o Proxecto Woman

Emprende e o Convenio Innovatia 8.3, promovendo o emprendemento feminino en ámbitos académicos e tecnolóxicos. Licenciada en Ciencias Económicas cun mestrado en Comercio Exterior, traballou en marketing e finanzas, enfocándose logo na creación de spin-offs universitarios e a igualdade de xénero no sector dixital.

Luisa Rivas García Vicepresidenta

Avogada activa dende 1996 e socia en Coladas Rivas Arnaiz Abogados en Vigo, é especializada en Dereito Civil, principalmente en Dereito Inmobiliario, Arrendamentos Urbanos, Urbanismo e Sucesións e con experiencia en Seguridade Social e incapacidades laborais.

Enrique López Lorenzana

Tesoureiro

Economista xubilado

Carme Casado Casado Secretaria

Licenciada en Ciencias Económicas pola USC e especializada en Análise Económica. Actualmente desempeña o papel de facilitadora de proxectos empresariais e institucionais no CERSIA Empresa, cunha traxectoria profesional enraizada no desenvolvemento local e a promoción económica.

Vogais

Víctor A. García Dopico

Avogado en exercicio en Santiago

María Teresa Bouza Gil

Profesora de Dereito na USC e membro do Club de Sendeirimo de Alumni USC

José Antonio Pardiñas García

Enxeñeiro Técnico Agrícola e profesor xubilado da Escola Politéctica de Lugo

María Curros Ferro

Profesora de Lingua Galega en Secundaria

Modesto Gómez Rodríguez

CEO de Enxeño Galicia

Juan Carlos Cobas

Cofundador e Presidente de MestreLab

Ariana Fernández Palomo

Farmacéutica, investigadora e promotora de LP1

Ígor Mella Núñez

Axudante doutor na USC

Loreto Fernández Fernández

Profesora titular na USC

9
SECA
XUNTA DIRECTIVA

José

Bo día, José Manuel. É un pracer ter esta oportunidade de falar vostede. Para comezar, podería explicarnos que significa para vostede e para a asociación Alumni USC conseguir a declaración de utilidade pública?

Bo día. O pracer é meu. Conseguir a declaración de utilidade pública para Alumni USC é moi importante. Significa un recoñecemento do valor da asociación e ademais permite que as cotas das socias e socios teñan desgravación fiscal, o que é un gran incentivo para os nosos membros.

Falando da Rede internacional Alumni USC, por que considera importante a súa creación e como planea implementala?

A Rede internacional Alumni USC é crucial. É unha oportunidade para aproveitar as experiencias e o talento dos exalumnos que agora viven lonxe. A idea é ter delegacións en diferentes rexións xeográficas ou continentes, mantendo así a conexión coa nosa universidade.

En canto á contribución ao mecenado dos proxectos de investigación, cal é o seu plan para alcanzar o obxectivo de recadación que mencionou?

Para o mecenado dos proxectos de investigación, o noso obxectivo é ambicioso: recadar 10 millóns de euros en 10 anos. Crearíase unha unidade de xestión específica para manter unha comunicación constante coa sociedade e captar recursos de empresas e persoas físicas. No ámbito do financiamento público-privado, pode dar algún exemplo de como esta modalidade de financiamento beneficiou á asociación?

Claro, un bo exemplo é o proxecto expositivo do Camiño de Inverno. Esta iniciativa mostrou un avance na proxección social da asociación e fortaleceu a conexión con outras entidades físicas grazas á colaboración público-privada.físicas. Xa comentamos na reunión que se organizou na Asociación Empresarial do Tambre o caso de éxi-

to da campaña da biopsia líquida.

Finalmente, respecto á colaboración con outras asociacións culturais e sociais, que iniciativas específicas ten en mente?

Creo que é fundamental que Alumni USC colabore máis con outras asociacións culturais e sociais de Compostela. Unha iniciativa que propoño é “Compostela Viva”, un proxecto centrado na inclusión e mobilidade, con participación de asociacións de sensibilidade social.

Moitas grazas por compartir as súas ideas, José Manuel.

Grazas a vós. É importante reflexionar e actuar conxuntamente para o avance da nosa comunidade e da universidade.

10 Revista da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela
Manuel Ortigueira: «Creo que é fundamental que Alumni USC colabore con outras asociacións culturais e sociais»
ENTREVISTA

Equilibrar los territorios e igualar a los ciudadanos

Existen dos situaciones en nuestra sociedad de las que se habla mucho, y para las que, por separado, se tratan de buscar remedios, que suelen consistir básicamente en ayudas a los afectados: una es la del peligro de marginación que viven parados de larga duración, inmigrantes sin documentación, o colectivos que tienen que acogerse al llamado ingreso mínimo vital. Ayudas que no generan lo fundamental, que es un empleo, y la posibilidad de convertir a esas personas en ciudadanos en plenitud social. Cáritas evalúa que hay dos millones de personas en esas condiciones. La otra situación es la de la despoblación de amplios territorios, y el envejecimiento de la población que queda en ellos. Por su edad media (56 años) la población de la llamada Galicia interior no puede darle la vuelta de forma natural a esa situación, que además los pone en una situación de discriminación respecto al resto de ciudadanos, por el deterioro y reducción de los servicios públicos, y por la disminución de las opciones culturales, tecnológicas y de ocio. Sin embargo, habita en territorios en los que siguen existiendo recursos naturales en desuso.

Hace unos meses hemos creado una asociación (Acción Cuarto Mundo), a la que pertenece la USC, desde la que pretendemos poner en valor los recursos existentes en esos territorios y abordar las necesidades de la ciudadanía que los habita, para generar proyectos capaces de generar empleo. Y ofrecer esos empleos (con la iniciativa de una adecuada capacitación para asumirlos) a personas de los colectivos que citábamos en la primera situación mencionada.

La idea es convertir en pobladores a quienes se sumen a la iniciativa, buscando la repoblación de los territorios abandonados, con un cuidado especial en resolver los problemas de la integración social; preparar el relevo generacional, y contribuir a que esa regeneración impulse la recuperación y mejora de servicios, de la cultura, del ocio. Y, por supuesto, de los cuidados a los mayores y a las personas dependientes. Con un plan de re -

habilitación de viviendas (hay 350.000 viviendas vacías o abandonadas en el Rural gallego), para poner en valor algo que es un bien de interés público, y para generar alojamiento a los pobladores, y facilitar el asentamiento, las visitas y el turismo de otras personas.

Acción Cuarto Mundo ofrece a toda persona que quiera aportar ideas, iniciativas, o arrimar el hombro para contribuir, aunque sea aportando un reducido tiempo a la semana, la posibilidad de participar y de aportar el Conocimiento que se fomenta en la Universidad, y la experiencia de cada uno.

Quienes se sientan interesados, pueden obtener más información en contactar@cuartomundo. com

Estamos a vuestra disposición.

11 SECA

CLUB DE SENDEIRISM

Andainas polo Camiño Portugués

No ano 2023, o club de sendeirismo de Alumni USC emprendeu unha serie de etapas polo Camiño Portugués pola costa, retomando a súa actividade o 22 de abril con gran entusiasmo. A primeira etapa, de 16 km, levou aos camiñantes desde

A Guarda ata Oia, disfrutando do bo tempo e das impresionantes vistas da costa galega. Tras un xantar reconfortante, o grupo visitou o Monasterio de Oia antes de regresar a Santiago.

Continuando coa aventura, o 13 de maio celebrouse a segunda etapa, de Oia a Baredo. Coordinada pola vicepresidenta Luisa Rivas García e o tesoureiro Enrique López Lorenzana, o grupo gozou dun día con bo tempo e unha paisaxe fascinante, rematando cunha visita guiada por Baiona.

A terceira etapa, o 2 de xuño, estendeuse desde Baredo a Priegue. Neste traxecto de 16 km, a visita ao estudo do escultor José Morales destacou, admirando as súas impresionantes obras, incluíndo o monumento a Julio Verne no Náutico de Vigo.

A cuarta etapa, o 17 de xuño, de Priegue a Vigo, sorprendeu aos participantes coa beleza do Xardín Botánico da Fundación Sales, onde contemplaron os impresionantes nenúfares xigantes.

Seguindo a ruta, o 16 de setembro, a quinta etapa desde Vigo a Redondela presentou un percorrido de 15 km cun día solleiro, ofrecendo vistas da ría de Vigo, as Illas Cíes, a península do Morrazo, a Ponte de Rande e a Illa de San Simón. O día culminou cunha visita ao Museo Meirande.

A sexta etapa, o 30 de setembro, levou ao grupo de Redondela a Pontevedra. Despois de 19 km, xantaron no Hotel Palace de Pontevedra e visitaron a Illa das Esculturas, un lugar onde artistas internacionais deixaron o seu legado durante o Ano Santo Xacobeo 1999.

O 21 de outubro, na sétima etapa desde Pontevedra a Briallos, o grupo gozou dun día sen choiva, facendo unha parada en San Amaro tras 9 km e explorando Caldas de Reis pola tarde.

A oitava etapa, o 18 de novembro, foi dende o

Albergue de Briallos ata Valga, cunha parada en O Cruceiro para repoñer enerxías e unha visita á Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón. Finalmente, as últimas etapas, a novena e a décima, celebráronse o 16 de decembro. Comezando en Valga e finalizando en A Escravitude, os camiñantes percorreron 16 km, incluíndo unha visita ao Pazo do Faramello, un edificio barroco do século XVIII con influencias italianas, situado no corazón da Comarca do Sar.

Cada unha destas etapas non só proporcionou exercicio físico e contacto coa natureza, senón tamén unha rica experiencia cultural e histórica, mergullando aos participantes na herencia e tradicións de Galicia. Desde a arte e a historia ata a impresionante paisaxe natural, o camiño ofrecido por Alumni USC é unha fiestra á beleza e riqueza da rexión.

12 Revista da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela
13 SECA

XVII PREMI RELAT CURT

Mar de lembranzas

Pablo Nogueira Campo

Pseudónimo: Joel Fleischman

Atinta súcalle a pel con desleixo e certo atrevemento. Percórrea embravecida, talmente como as ondas do mar que tantas veces navegou a barlovento. Os seus brazos aínda conteñen o remol de motivos mariños, trazados con imprecisión, deixándose esvaecer polo paso dos anos pero firmes no seu propósito de manter acesos os fachos da resistencia tatuada nunha pel engurrada.

Con esa mesma tinta, negra coma o chapapote que noutrora asolagou o seu corazón de tristura e o mar de vil escuridade, escribiu centos de aventuras agromadas na ferocidade das mareas. Aos poucos, foinas rubricando nun libro que rematou por ser o caderno de bitácora da súa vida. Foi nesas páxinas, onde baldeirou verbas que relataron ao longo dos anos as vivencias propias dunha errante vida de mariñeiro. Unha existencia que nin tan sequera ela, cos seus ollos de menta, cabelo de lume e corazón salvaxe, puido arrincar dun mar que sempre foi o seu fogar.

Agora procura vellas lembranzas aldraxadas en fotografías luídas polo inclemente esfolar do almanaque, acubilladas nun poeirento e desolador recuncho da memoria. As imaxes desgastadas pola luz do sol, decontado lle achegan o chuspe a salitre que tantas veces saboreou e o arrecendo da brisa mariña que adoitaba apousentárselle fedello na pituitaria.

Tan só con pasarlle a xema do dedo por riba a unha fotografía descolorida pode sentir o celme irredento do mar de Vigo, o rompente das ondas rachando contra a ourela, ceibando a súa efémera escuma na compaña dun son catártico. Pásalles o dedo por riba unha e outra vez, coma se no tacto se inzase un ritual onde as súas fortes e escrouchadas mans, avezadas a entretecer graúdos nós de mariñeiro, puidesen termar tamén do tempo fuxidío. A través delas olla a súa infancia en branco e ne -

gro, percorrendo as lousas que atondan o chan do Berbés. Espreita con nostalxia a súa mocidade, cun floco de cabelo tapándolle uns ollos curiosos que abraiados, contemplaban unha cidade que aos poucos encomezaba a ateigarse de guindastres. Nelas bosquéxase o trazo irreverente da xuventude camiñando a pé até o teatro García Barbón e agardando na ringleira para acomodarse entre as butacas de veludo granate do cine Fraga. Alí era onde máis lle prestaba esparexer os intres de lecer en terra firme.

Pola cabeza desfílanlle vivencias ganduxadas cos cantos das sereas, coa coruscante luz das bengalas ervellándolle a vista ou o son dos sinais en código morse. Dende ningures se pode dexergar a noite estrelecida como se albisca dende a Ría de Vigo. No seu reflexo debúxase a súa luminosidade plena, o refulxente ronsel arredado pola fugacidade das perseidas e as figuras case xeométricas, compostas por astros arrombados en constelacións.

Ás veces, aínda se fai difícil achandar a chaira superficie da terra firme cando un leva toda a vida aturando o arbitrario vaivén do mar, dexergando o mundo dende a proa e repoñendo folgos en cada peirao no que un retrinco de terra, se erixe coma devezo de acougo.

Aínda así, a mirada pérdeselle a través da fiestra do seu inhóspito cuarto.

Imaxínase camiñando engorde por Urzáiz, ascendendo até o Calvario ou desfacendo os pasos cachaceiros pola Rúa Príncipe, ouvindo o remorso das melodías esparexidas por algún músico ambulante. Arestora e para evocar os tempos murchados, balancea a cadeira coma se fose a oscilación propia dun navío. No renxer da madeira do chan, cre escoitar a buguina dun barco a piques de arribar. Repara nunha botella de auga e bota de menos prestarlle o seu temón ao líquido que contén o envase. Abaixa o queixo e agarima a caluga. Decátase de que xa non fica gorecida por unha gorra de capitán. Un par de bágoas abrollan de cadanseus ollos arreguizados pola nostalxia. Esvaran polas fazulas embaixo até abandonarlle esta vez si, nos beizos, o acre sabor salgado. Refuga enxugalas. Adora sentir o salitre beliscándolle na pel, escorregándolle polas comisuras.

Amalloado a un porto de desconsolo, as vellas instantáneas e o diario manuscrito supoñen o único lugar no que pode apelicarse ao recordo do que

14 Revista da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela

noutrora foi. Ao mergullarse con teimosía nelas unha e outra vez, atopa un recuncho onde abrigarse ao fin, da tempestade da memoria minguada polo alzhéimer.

Foi ese o único naufraxio que tivo que padecer na súa dilatada existencia, o da memoria asolagada polo esquecemento, o dos recordos afundíndose nas profundidades mariñas, coma tesouros que fenderon a madeira dun vello buque á deriva por un mar de lembranzas a piques de esmorecer. No maxín esvaécense a silueta graúda do Sereo, o sabor noitébrego dos bares de Churruca e os tentáculos agrelando do hierático corpo dun Xulio Verne cicelado ao pé do Náutico. Foi 20.000 leguas baixo dos mares a obra que xunto cos solpores deitándose sobre a Ría de Vigo, fixeron que nos candorosos anos da infancia, eslumecese por converterse en mariñeiro.

Só ela, co seu amplo sorriso, angulosa faciana e voz aloumiñeira, parece poder rescatalo do limbo do esquecemento. Outra xeración distante no tempo pero lindeira no agarimo. Escoita as súas historias mentres lle muda un cueiro no dormitorio. Sempre o agasalla un sorriso e unha verba amable. É a enfermeira que máis se asemella a aquela muller que noutro tempo estivo a piques de arredalo para sempre das mareas. Ao marchar ela, apaga a luz. Pecha as pálpebras dos ollos e reza para poder lembrarse esta noite de soñar con ela.

Acto de entrega do premio

O martes 19 de decembro, celebrouse o acto de entrega do XVII Premio de Relato Curto, patrocinado por HM Hospitales, na Facultade de Filosofía da USC. O encontro estivo presidido por Eva López Barrio, presidenta de Alumni USC, quen abríu e pechou o acto, ademais de presentar aos diferentes convidados. Primeiramente, Teresa Sanmarco, profesora de filoloxía italiana na USC e presidenta do xurado nesta edición, leu a acta co fallo do premio.

Tras ela, Pablo Nogueira foi quen de deleitarnos coa lectura da súa obra, e título gañador do premio en cuestión, “Mar de lembranzas”. Foi unha poética experiencia chea de sentimento e de nostalxia.

En último lugar, a intervención de Marilar Aleixandre, escritora, tradutora e bióloga, consistíu en agasallarnos cun conto sobre a creación literaria titulado “O ollo do dragón”.

15
SECA

Bárbara Fachal Santos

Grupo Compostela de Universidades

Trinta anos tecendo redes de colaboración na educación

superior

O Grupo Compostela de Universidades (GCU), que festexa este ano o seu trixésimo aniversario, naceu a principios dos noventa no corazón do Camiño de Santiago. Este feito favoreceu o xurdimento dun vínculo fraterno entre ata de peregrinación e a rede, que botou a andar cunha asemblea fundacional na Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1994. Na súa xénese participaron a USC e as universidades Jaume I, Georgia Augusta Göttingen, Miño, Valladolid, Nantes e Lieja. A sede do Grupo Compostela de Universidades está na Casa da Cuncha da USC e a cuncha de vieira dos camiñantes tornouse en símbolo destacado do logotipo do GCU e tinguiuse de azul, presaxiando que co tempo as súas fronteiras se estenderían a ambos lados do Atlántico. Hoxe en día, arredor de oitenta institucións de todo o mundo integran a súa comunidade.

Ao longo da súa traxectoria, a decana das redes universitarias internacionais con sede en España fixo da innovación unha constante e soubo afrontar desafíos. O seu programa Stella for Staff promoveu a mobilidade do persoal administrativo antes de que a Comisión Europea lles abrise as portas do Erasmus+. Impulsou a sinatura de diversas declaracións por medio das que se sumou á loita mundial contra a corrupción, ao avance na portabilidade dixital dos datos do alumnado, ao compromiso coa defensa dos dereitos humanos ou á promoción do diálogo intercultural. Os seus encontros de reitores serviron para reunir aos equipos de goberno das institucións académicas socias, debater acerca do reto que supón a integración dos obxectivos de desenvolvemento sustentable na educación superior e as oportunidades que brinda a iniciativa de universidades europeas. Froito das sinerxías xurdidas, 25 universidades do GCU forman parte de case a metade das alianzas en marcha. Ademais, consciente do potencial da internacionalización na casa, leva oito anos brindando formación ao profesorado sobre aprendizaxe colaborativa en liña e intercambios virtuais.

O GCU levou a cabo estas accións coa mirada fixa na súa misión de promover o diálogo e a cooperación en todos os eidos da educación superior, guiada na súa andaina polos valores do Camiño de Santiago, en torno aos que se xestou. Avanza cara a consecución desa meta coa complicidade dos seus membros, poñendo en valor e outorgando visibilidade á súa contribución.

Con eles teceu redes de colaboración para participar en máis de 60 proxectos cofinanciados pola Comisión Europea no marco dos programas Tempus, Erasmus Mundus e Erasmus+. A fin de facilitar o establecemento destas alianzas, lanzou a ferramenta Ferramenta de búsqueda de socios, que permite publicar propostas e procurar socios a través da súa rede social Composnet.

Nestes trinta anos, a pegada do traballo Grupo Compostela de Universidades atesorou significativos recoñecementos como a declaración de entidade de utilidade pública polo Ministerio do Interior en 2020 ou un Premio Camiño de Santiago, concedido pola Xunta de Galicia na edición de 2018.

Accións de futuro

A camiñada do Grupo Compostela de Universidades prosigue baixo a presidencia de Carla Martins, quen rodeada dun equipo multidisciplinar e plurinacional continuará progresando no fortalecemento da rede e da súa comunidade. Xuntos fomentarán a excelencia dentro do GCU e fortalecerán a súa relevancia internacional mediante as súas actividades recorrentes, nas que se reflicte o seu espírito inclusivo e progresista. As iniciativas da rede buscan xerar un impacto positivo en toda a comunidade das institucións académicas de ensino superior asociadas: equipos de goberno, profesorado, persoal administrativo e investigador, e alumnado.

Os equipos de goberno reúnense na asemblea xeral e presentan as candidaturas ao Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia. Este galardón distingue anualmente a unha persoa ou institución que destaca polo seu labor en prol da unidade europea, a preservación do patrimonio cultural do Camiño de Santiago e dos seus valores, e o progreso social. Nas próximas edicións, impulsarase a notoriedade global dun premio que recoñeceu a traxectoria de persoeiros e entidades internacionais dos ámbitos da

16 Revista da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela

cultura, a política, a educación, a comunicación e a investigación.

En canto ao profesorado, a rede fomenta a difusión do saber que atesouran mediante a organización de congresos académicos e da súa actividade editorial. Tamén propicia a adquisición de novas competencias profesionais e lingüísticas do profesorado coa convocatoria anual de prazas de mestre visitante en colaboración coas universidades socias.

Nas actividades dirixidas ao alumnado, o Grupo Compostela de Universidades adopta un enfoque máis experimental con accións de voluntariado, obradoiros e percorridos polo Camiño de Santiago. Unha gran parte delas estruturadas ao abeiro do paraugas da Academia Compostela no Camiño, o punto de partida das iniciativas da rede ligadas ao itinerario cultural europeo. Hai tres anos as ramificacións do centro de saber do GCU estendéronse coa Academia Compostela de Debate. Unha formación en liña deseñada para reforzar as súas habilidades relacionadas coa oratoria e aprender técnicas de debate.

Para aqueles que desenvolven a súa carreira no ámbito da investigación, a rede ideou unha competición que lles axudará a coller soltura nas destrezas relacionadas coa comunicación. Este concurso de pitches de investigación recoñece anualmente ás tres presentacións en vídeo que mellor adaptan a súa mensaxe á audiencia, transmiten a relevancia do seu labor e a súa aportación á sociedade. Por medio del, a rede tamén contribúe á difusión das políticas levadas a cabo polas institucións de educación superior socias neste eido. Nos próximos anos, na árbore da que brotan as iniciativas da rede crecerá unha nova rama para contribuír á construción dunha sociedade social e ecoloxica-

mente responsable. O GCU apoiará aos seus membros nesta transición mediante accións de formación sobre prácticas sustentables na súa reunión anual e comprometerase coa redución da súa pegada ecolóxica. Ao mesmo tempo, co propósito de garantir o acceso á educación das persoas con menos recursos, crearase un fondo para apoiar a este alumnado no curso de estudos de posgrao. Este novo equipo de goberno pretende estabilizar e ensanchar as fronteiras da rede, convidando a unirse a novas institucións de educación superior de Europa, Norte América e América Central, o Caribe, América do Sur, o Norte de África e o Mediterráneo Oriental.

Fóra da súa comunidade, o GCU busca incrementar a súa relevancia como actor global, a través do reforzo dos vínculos xa existentes con organizacións como o Consorcio para la Colaboración de la Educación Superior en América del Norte, a Asociación de Municipios del Camino de Santiago, a Asociación Nacional de Universidades e Instituciones de Educación Superior, a FAUBAI – Associação Brasileira de Educação Internacional e a Asociación de Universidades Colombianas, o Instituto Europeo de Itinerarios Culturales ou a Organización de Estados Iberoamericanos. Asemade, procurará o establecemento de novas sinerxías través das alianzas de universidades europeas ou a Rede Universitaria de estudos sobre Itinerarios Culturais. Á consecución destes obxectivos contribuirá tamén o reforzo da estratexia de comunicación, coa que aspira a aumentar o radio de difusión das accións desenvolvidas polo GCU e subliñar as conexións entre o seu pasado e presente. Esta nova liña poñerá o foco nos valores fundacionais da rede e reforzará a súa presenza en redes sociais. Ademais, editarase un libro electrónico no que se repasarán os principais fitos da súa historia.

17

LETRAS GALEGAS 2023

O ano de Francisco Fernández del Riego

Este pasado 16 de maio de 2023, véspera do día das Letras Galegas, a Universidade de Santiago celebrou unhas das festas por excelencia de Galicia e da nosa literatura.

Este acto, no que participou tamén Alumni USC coa presenza da súa vicepresidenta Luisa Rivas García, tivo lugar no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.

O galardón deste ano estivo dedicado á figura de Francisco Fernández del Riego, un intelectual e político galego que desenvolveu unha constante labor a prol da cultura galega. No acto, repartíronse varios exemplares do libro Francisco Fernández del Riego, ao meu xeito rebelde, editado pola USC e escrito polo catedrático de Filoloxía Galega, Xosé Henrique Monteagudo Romero, que pronunciou tamén unha conferencia durante o acto, homenaxeando e achegándonos á figura de Fernández del Riego.

A figura de Fernández del Riego

Francisco Fernández del Riego, luminaria da cultura galega e destacado impulsor da súa literatura, deixou un legado imborrable como escritor, intelectual e político durante os anos 30. Nado en Lourenzá, este galeguista xogou un papel crucial no renacemento cultural de posguerra en Galciia, cofundando a Editorial Galaxia e a revista Grial. A súa produción literaria abrangue dende o ensaio até a narrativa, destacándose por obras que profundizan na identidade e cultura galgas.

Membro da RAG dende 1960, presidiu esta entidade, marcando a súa historia con discursos e publicacións que ensalzaban a galeguidade. A súa xenerosidade evidenciouse ao doar a súa colección de libros a Vigo, creando un museo na súa honra.

Foi ademais unha personaxe galardoada con múltiples precios e a súa vida e obra continúan a ser un faro para Galicia e a súa tradición.

18 Revista da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela

Alumni USC presenta o libro do poeta Xoán Xosé Fernández Abella a título póstumo

O 28 de setembro Alumni USC celebrou a presentación e homenaxe ao socio recentemente finado Xoán Xosé Fernández Abella.

O acto tivo lugar na Facultade de Filosofía da USC e nel interviron a presidenta, Eva López Barrio; Xesús Alonso Montero, catedrático de Literatura Galega e socio de Alumni; o antigo directivo Manuel Fraga, e o fillo do poeta, Juan Fernández. O libro presentado foi Últimos poemas de eloxios e outros poemas, editado por Edicións Fervenza. No acto, Xesús Alonso Montero leu unha parte do seu prólogo e aproveitou para alabar ao poeta e á súa ampla colección de poemas e libros.

Pola súa parte, Manuel Fraga Carou compartiu unha serie de fotos dos momentos de Fernández Abella con Alumni.

19 SECA H MENAXE

Aniversarios

O sábado 16 de setembro, celebrouse un encontro moi especial en Santiago por parte dos exalumnos da promoción 1993-1998 da Facultade de Farmacia da USC. O grupo reuniuse en primeiro lugar, coa presidenta de Alumni USC, Eva López Barrio, no Recanto da Saudade, para descubrir unha placa conmemorativa. Non faltou a tradicional foto de grupo á entrada da Facultade, seguida dun evento académico no Salón de Graos, finalizando a xornada no Hostal dos Reis Catolicos.

O sábado 8 de xullo foi un día notable, a promoción 1993-1998 de Químicas, que celebraba cunha placa conmemorativa no Recato da Saudade, o 25º Aniversario da súa promoción. Durante a cerimonia, tivemos a honra de escoitar a Juan J. Casares Long, Catedrático da USC e exreitor da Universidade, quen compartiu as súas reflexións e experiencias. Aínda que Alumni non participou directamente na organización deste evento, este encontro entre antigos estudantes tivo unha grande importancia para a entidade.

Revista da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela 20

RECANT DA SAUDADE

Matemáticas tamén celebrou este ano o 50º Aniversario da promoción 1969-70.

Os actos celebrados o día 9 de xuño deron comezo no salón de actos da facultade, onde participaron, ademais da presidenta de Alumni, a decana da Facultade de Matemáticas, Elena Vázquez Cendón, e o Catedrático da Área de Análise Matemática Gerardo Rodríguez, en representación dos docentes desta promoción.compañeiras que participarán do encontro, ademais dun total de máis de 20 compañeiros e compañeiras

O exalumnado de ADE, Químicas, Matemáticas e Medicina tamén tiveron este 2023 varios encontros, algúns deles de promocións que celebraban os seus 50 anos. Estes foron o caso de Químicas, que reuniu o pasado 28 de xuño no Recanto da Saudade á promoción 1968-1973 para celebrar as súas Vodas de ouro. Tamén foron ocasión de celebración as voda de ouro da promoción de licenciados en Matemáticas no ano 1970, que se reuniron na facultade para logo asinar no seu Libro de Honra.

A facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolleu tamén unha celebración a finais de ano. O 11 de novermbro, a primeira promoción de ADE de Compostela celebrou os seus 25 anos de licenciatura. Así o fixeron tamén os licenciados en Medicina no ano 1998, que celebraron o pasado 13 de maio as súas vodas de prata, nun acto que tivo lugar na Facultade de Medicina e Odontoloxía, seguido do tradicional descubrimento da placa conmemorativa no Recanto da Saudade, no campus universitario, e que rematou cun xantar no Hostal dos Reis Católicos.

O sábado 13 de maio foi unha xornada memorábel para a promoción de Medicina de 1992-1998. Os exalumnos reuníronse primeiramente no Recanto da Saudade, onde se descubriu unha placa conmemorativa. Posteriormente, o Salón de actos da Facultade acolleu as intervencións da vicedecana Ángela J. Torres Iglesias, dos representantes dos exalumnos Beatriz Cigarrán Vicente e Xoan Miguéns Vázquez, do representante do profeso rado Arturo González Quintela, e da presidenta de Alumni USC, Eva López Barrio.

Vodas de Ouro de Químicas

Vodas de Prata de ADE

Químicas tamén acolleu este ano 2023 a celebra ción das Vodas de Ouro da promoción 1968-1973. No acto interviron o decano, Jesus Sanmartín Ma talobos, o profesor Manuel Bermejo Patiño e os representantes do alumnado da promoción, Mª Amalia Andrade e Antonio Eduardo Casal. Des pois o grupo trasladouse ao Recanto da Saudade onde os esperaba Eva López Barrio, para descubrir a placa conmemorativa do seu paso polas aulas da nosa Universidade.

Vodas de Ouro de Matemáticas

O sábado 11 de novembro celebrouse un evento moción de A.D.E., unha conmemoración á que mento contou coa presenza de Loreto Fernández, membro da directiva de Alumni USC. Desde a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, uníronse á celebración Xoan R. Doldán, o decano, xunto coa estimada profesora Marisa del Río, enriquecendo aínda máis o evento coa súa presen

Vodas de Prata de Medicina

21 SECA

FALAN S CIAS E S CI S

Carlota López Pardo destaca a colaboración universidade-empresa no agro galego

Carlota López Pardo, licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, máster MBA de Administración e Xestión de Empresas pola Universidade Intercontinental da Empresa e adxunta á Presidencia (Vicepresidenta) da Empresa ARESA dende o ano 2006, é socia de Alumni USC. Foi entrevistada o día 18 de abril de 2023 polo vogal da Xunta Directiva de Alumni USC, José Antonio Pardiñas García.

Carlota López Pardo falou amplamente sobre os temas propostos polo entrevistador.

Moi especialmente explicou sobre as súas orixes lucenses e o seu produtivo paso pola Universidade de Santiago de Compostela para a súa formación en Dereito.

A súa incorporación á empresa ARESA e a súa xestión, dende moi nova, servíronlle para poñer en valor a súa formación MBA pero tamén os seus coñecementos legais.

Contounos polo miúdo o grande interese que esta empresa ten pola colaboración coa Uni-

versidade, como o demostra o Premio ARESA que cada ano entrega 10.000 euros á persoa, asociación ou empresa que destaque polas súas iniciativas innovadoras no agro galego, ou unha aula colaborativa que ten na Facultade de Veterinaria.

Destacou igualmente o papel que pode levar a cabo Alumni USC como ponte entre a Universidade e seus egresados que, moitas veces, son autónomos ou empresarios.

22 Revista da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela
De esquerda a dereita: Eva López Barrio, presidenta de Alumni USC; José Antonio Pardiñas García, vogal, e Carlota López Pardo, socia e vicepresidenta do Grupo Aresa

ZONA SANTIAGO

DESDE 2014

Cafetería LEMBRANZA

Rúa Montero Ríos, 39 15701-Santiago de Compostela

TEL_ 981 593 636 www.cafeterialembranza.com

COPY NINO

Avda. Rosalía de Castro, 58, bajo 15706-Santiago de Compostela

TEL_ 981 590 302 www.copynino.com

Librería FOLLAS NOVAS

C/ Montero Ríos, 37 15706-Santiago de Compostela follasnovas@follasnovas.es

TEL_ 981 594 406 FAX_ 981 590 612 www.libreriafonsecadecompostela.es

HOTEL MONUMENTO SAN FRANCISCO

Campillo de San Francisco, 3 15705-Santiago de Compostela

TEL_ 981 581 634 www.sanfranciscohm.com

DESDE 2015

Carrocera CASTROSUA

Carretera de A Coruña Km. 59,5 15890-Santiago de Compostela

TEL_ 981 552 460 www.castrosua.com

LÁPICES 4

Avda da Coruña 4-baixo. 15701-Santiago de Compostela

TEL_ 981 580 429 www.lapices4.com

JOSÉ OTERO

Xeneral Pardiñas, 13, baixo. 15701-Santiago de Compostela

TEL_ 981 569 230

VÍA LÁCTEA COMUNICACIÓN

Praza da Nosa Señora da Mercé de Conxo, 6, 1º C

15706-Santiago de Compostela

TEL_ 981 554 407 www.vialactea.es

DEDE 2016

LIMPIEZAS SALGADO

Fernando III O Santo, 41 15701-Santiago de Compostela

TEL_981 599 089 www.salgadolimpiezas.es

UNA GRUPO BUSINESS GLOBAL S.L.

Avda. Barcelona, 33, local 1A 15706-Santiago de Compostela

TEL_ 902 150 152

www.unagrupo.com

CÁMARA DE COMERCIO DE SANTIAGO

San Pedro de Mezonzo, 44 15706-Santiago de Compostela camara@camaracompostela.com www.camaracompostela.com

DESDE 2019

FUNDACIÓN USC

Seminario de Estudos Galegos 15705-Santiago de Compostela

TEL_ 881 814 854 www.servizosdixitais.fundacionusc. gal

DESDE 2020

Gráficas GARABAL S.L.

Codesedas, 5 (Figueiras) 15897-Santiago de Compostela

TEL_ 981 562 595

graficasgarabal@graficasgarabal.es www.graficasgarabal.es

Papelería XAQUÍN

Rúa Nova de Abaixo, 14 15701-Santiago de Compostela

TEL_ 981 599 451 px@papeleriaxaquin.com www.papeleriaxaquin.com

ZONA A CORUÑA-FERROL

GENESAL ENERGY

Parroquia de Cortiñán D-13-14 15165-Bergondo

TEL_ 981 674 156

www.genesalenergy.com

GRUPO INTAF

Estrada de Cedeira, km 1,5 15570-Narón

TEL_ 981 397 142 intaf@intaf.com www.intaf.com

ZONA LUGO

DEDE 2015

Restaurante FONDE DO REI

Avda. Madrid, 5 e 36 27002-Lugo

TEL_ 982 245 608 / 982 223 711 www.fontedorei.es

PRELO

Rolda da Muralla, 34, baixo 27002-Lugo

TEL_ 982 280 359 www.prelo.es

EL PROGRESO DE LUGO

Rúa Ribadeo, 5 27002-Lugo

TEL_ 982 298 146 www.elprogreso.es

DESDE 2016

ARESA

Avda. Madrid, 197 27002-Lugo

TEL_ 982 222 400 FAX_982 222 502 www.aresa-agricola.com

DESDE 2017

AMSLAB S.L.

Avda. Benigno Rivera, 56 27003-Lugo

TEL_ 982 808 074 / 982 223 711 www.ams-lab.com

DESDE 2020

ASERENER S.L.U.

Rúa Río Sil, 44, baixo 27003-Lugo

TEL_ 982 253 446 www.instalacionescruz.com

DESDE 2022

Librería Bahía

Avda. da Mariña, 42, baixo 27780-Foz

TEL_ 982 140 434 info@libreriabahia.com

ZONA PONTEVEDRA

DESDE 2016

COGAL

Alceme

36530-Rodeiro

TEL_ 986 790 100 www.cogal.net

BODEGAS TERRAS GAUDA

Estrada Tui-A Guarda km 55

36760-O Rosal

TEL_ 986 621 111 www.terrasgauda.com

GUIMERÁNS Trofeos S.L.

Rúa Cobian Roffignac, 19, baixo 36007-Pontevedra

TEL_ 986 167 176

FUNDACIÓN ROBERTO RIVAS

Pazo de Sestelo, 9 36547-Siador (Silleda)

TEL_ 624218911

www.fundacionrobertorivas.org

23 SECA SOCIOS PR TECTORES

O grupo de Sendeirismo de Alumni USC, á súa chegada a Compostela despois de percorrer o Camiño Portugués pola costa, foi recibido polo Grupo Parlamentario da Alcaldía de Santiago, que agasallou á asociación cunha acuarela de Joaquín González Dorao.

Descubre a nosa revista

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
FONSECA 46 (2023) by Alumni_USC - Issuu