ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR ALUMNI USC Cursos online Formalumni
I 03
I
Este ano a Federación Alumni España puxo a disposición a todo os socios e socias pertencentes as asociacións federadas (incluíndo AlumniUSC) a plataforma de cursos online FormaAlumni. Estes cursos estiveron dispoñibles dende o 29 de xaneiro ata o 28 de febreiro. Esta iniciativa foi unha colaboración co socio tecnolóxico da Federación, a consultora TDconsulting, que desenvolveu unha plataforma cun amplo catálogo de cursos seleccionados de acordo coas demandas e tendencias actuais, certificados por CertiUni (https://www.fundacioncertiuni.com).
Charlas e conferencias
I
Charla do Dr. Jorge Mira: “Cambio estacional de hora e fuso horario de España” O 25 de marzo de 2021,o noso socio Jorge Mira, catedrático e comunicador da USC, falou do cambio estacional da hora e do fuso horario de Galicia e España. Sempre didáctico e cercano, o profesor Mira reiterou o seu apoio ao cambio de hora primaveral (+1) e outonal (-1).
Charla do Dr. Juan Gestal: “A pandemia da COVID-19: Encarando a recta final” O xoves 15 de abril de 2021, tivemos o pracer de asistir a unha charla do Dr. Juan Gestal. Socio de Alumni USC. Profesor emérito da USC. Experto e comunicador desta peste do século XXI. Na súa disertación explica que a pandemia da COVID-19 está encarando a recta final. E apóiase nas diapositivas e diagramas da presentación de powerpoint, facilitando datos e estatísticas.
Conferencia do Dr. Carlos Pajares: “Hans Küng: O Cristianismo na cultura actual” O xoves 3 de xuño de 2021, tivemos o pracer de asistir, vía Teams, á conferencia de don Carlos Pajares Vales, catedrático de Física Teórica, profesor emérito da USC, sobre O cristianismo hoxe...
Outro tesouro de Alumni USC! Reiteramos o noso convite para visitar a nosa páxina web, onde están todas as charlas online
https://www.alumniusc.gal/actividades/conferencias/
MEMORIA 2021 >
39