Alumni USC - MEMORIA 2021

Page 38

02

I

NOVAS INICIATIVAS

as socias e os socios

I

Este ano, co gallo do noso 25 aniversario, creamos na páxina web unha nova sección chamada “Falan as socias e os socios”. Neste apartado faremos entrevistas a diferentes socias e socios, para escoitalos, aprender e divulgar as súas traxectorias vitais e a súa relación coa Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago.

Ángel Carracedo Álvarez Foi unha honra comezar con Ángel María Carracedo Álvarez, catedrático de medicina legal, investigador e experto internacional en xenética. Membro, tamén, da Real Academia Galega de Ciencias. Na conversa, o doutor Carracedo explicou os seus comezos e porqué decidiu estudar Medicina. Logo deunos unha pequena panorámica da súa traxectoria investigadora, ademais de explicar brevemente as investigacións que dirixe, de xenética forense. Explicounos doadamente a relación entre a xenética e certas enfermidades e comentou os proxectos nos que está a traballar. Foi unha entrevista moi completa e moi interesante, que se pode ver na nosa canle de Youtube.

34

< MEMORIA 2021


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Alumni USC - MEMORIA 2021 by Alumni_USC - Issuu