Alumni USC - MEMORIA 2021

Page 28

01

I

A ASOCIACIÓN

A Asociación e a Universidade

I

Colaboración institucional Alumni USC procura cultivar e coidar cada ano a súa relación coa USC, institución grazas a cal temos unha chea de servizos. A Universidade de Santiago de Compostela leva dando axuda para o bo funcionamento de Alumni USC dende o seu nacemento. Coma nos anos anteriores, neste 2021 a USC cedeu o local onde se atopa a sede, na Casa da Concha (Rúa da Conga nº 1). Alumni USC tamén conta cunha delegación permanente no Vicerreitorado de Coordinación do Campus de Lugo, na Casa do Saber (Praza de Pío XII, nº 3). A USC tamén asume os gastos do correo postal, do teléfono fixo e máis gastos ordinarios (auga, luz e servizo de limpeza). A USC tamén presta a axuda e asesoramento dos seus servizos informáticos ao persoal da Oficina.

Colaboración do Consello Social Alumni USC segue contando coa importante colaboración co Consello Social. Grazas a esta institución, contamos cun convenio USC-Alumni USC, que leva asociada unha axuda económica procedente do orzamento do Consello Social. Alumni USC valora e salienta este Convenio, fundamental para poder desenrolar actividades e actuacións.

Coordinadores/as nos centros docentes Dende 2018 existe a figura de coordinador/a de Alumni USC nas escolas e facultades da USC, sendo unha maneira na que a Universidade aporta apoio á asociación. O obxectivo desta iniciativa é que membros do profesorado proporcionen unha maior visibilidade á Asociación entre o persoal, os centros, e especialmente o alumnado. Grazas a isto os alumnos e alumnas estarán informados das vantaxes de ser socios ou socias en Alumni USC .

24

< MEMORIA 2021


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.