
1 minute read
Musical La la land, sétimo musical do Chivite
David Rodríguez Rivada
Co apoio loxístico, organizativo e económico do equipo directivo, colaboran preto de 30 profesores do centro, e alumnado de todos os cursos (preto de 80 alumnos: 12 actores, 15 bailaríns, coro de 40, 3 solistas, 3 maquilladoras, 1 deseñador de carteis).
Advertisement
Dúas horas de espectáculo teatral e musical, con solistas, Coreografías deseñadas por Iria Otero e ensaiadas baixo a batuta da profesora de baile Helena Pousada. Coro de profes (10), alumnos (10) e alumnado de 2 Bach (29) coa materia de Historia da música e a danza. Escenografía de Javier Díaz (profe de plástica), iluminación de Javier Rodríguez (profe de bioloxía), letras traducidas do inglés por Isabel Cota (profe de inglés) e guión adaptado por David R. Rivada (profe de música).
Sabela D. Souto, autora do documental CHIVITITEIROS e de varios vídeos que forman parte deste musical, gravará as funcións do mércores.
Tivemos o privilexio de contar coas colaboracións musicais de Álvaro Blanco (profesor de piano no Conservatorio profesional de música de Ourense), do alumnado de Orquesta do Conservatorio profesional de música de Ourense (dirixido pola profesora Raquel Carrera) e da banda do conservatorio profesional de música de Verín (dirixidos por Miguel Ángel Guerra).

Estes últimos actuarán ao vivo na representación do venres 16 no auditorio de Verín.

As representacións foron as seguintes:


Mércores 14 de xuño, dobre función no Chivite. Unha ás 17:30 e outra ás 20:30h.


Venres 16 de xuño ás 20:30h no auditorio de Verín (coa actuación ao vivo da Banda do CMUS de Verín).
Sábado 17 de xuño ás 20:30h no auditorio de Verín.


Durante todo o curso acompañounos a pregunta de JR: Pode a arte cambiar o mundo?. Ao rematar este ano aprendemos que nas Artes están involucrados algúnhas das cualidades que nos distinguen como seres humanos. En primeiro lugar a creatividade, en canto que creamos cousas que son completamente novas; sumada a un coñecemento das técnicas artísticas (que o alumnado aprende nas clases). Pero adecais tamén entran en xogo a intención do artista e a mensaxe que transmite. Todo iso vai provocar en nós unha morea de emocións. Parafraseando ao cantante Bono “a arte pode cambiar o mundo porque pode cambiar as persoas”




A profesora Rebeca González propuxo un roteiro moi persoal acompañando a grandes artistas:
