FAÍSCAS 2023

Page 26

contratos programa

sociados aos programas de éxito educativo que a Consellería promove destacan os chamados Contratos-programa (CP) e as modalidades que dentro deles figuran. Concretamente o centro confeccionou ata seis solicitudes que foron concedidas:

Dentro dos CPInnova concedéronnos tres modalidades:

1. EDUSaúde, coordinado por Miguel Fernández Obes.

2. EDUSostibilidade, coordinado por Belén Mellado Franco.

3. EDUCalidade, coordinado por César Sánchez Pampín.

Dentro do CPInclúe concedéronnos catro modalidades:

1. Iguála-T coordinado por Ana Conde Pérez.

2. Convíve-T, coordinado por Lucía Rúa López.

3. Inclúe-T, coordinado por Rebeca Ares Iglesias.

4. Emocióna-T, coordinado por Lucía Rúa López.

Grazas a estes programas puidemos facer unha chea de actividades das que se beneficiou un número importante de alumnado e todas dentro dunha gran variedade: conferencias e charlas, exposicións e conmemoracións, visitas e excursións subvencionadas, etc. Nas seguintes páxinas amósanse algunhas delas.

A
faiscas | IES Taboada Chivite 2023

edusaúde

No presente curso, o departamento de Educación física, xunto con moitos e moitas docentes doutras áreas, desenvolvemos o contrato-programa EDUSAÚDE. O obxectivo fundamental foi acercar aos alumnos e alumnas ao que veñen a ser os hábitos de vida saudables. Sabendo que a adquisición de hábitos e comportamentos é moito máis sinxela en idades temperás, a maioría de actividades leváronse a cabo cos rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO.

Así, os alumnos e alumnas destes cursos desfrutaron de saídas como as que se fixeron ás Illas Cíes, ao parque multiaventura do Lago de Sanabria ou as andainas que se realizaron pola contorna do IES.

Tamén participaron a nivel competitivo dentro do programa XOGADE e das ligas internas EduSaúde, e recibiron charlas informativas sobre aspectos relacionados coa nutrición e o que certas sustancias poden provocar no noso organismo.

Saída ao parque multiaventura Programa XOGADE Programa XOGADE Saída ás illas Cíes Ligas EduSaúde

edusostibilidade

Por segundo ano no noso centro, continuamos traballando na Sostibilidade, despois de comezarmos neste eido co programa de concienciación do rural: “Eu quedo aquí, e ti?”Hai xa catro anos e de seguir co Proxecta “o Monte vivo” que durante dous cursos traballou na concienciación ambiental, referida sobre todo ós incendios. Este curso tivemos moito profesorado comprometido coa Sostibilidade :

Ciencias

Iria Alonso colaborou co Proxecto Ríos e orgnaizaou a actividadede de Consumo consciente realizada por Adega o 24 de abril, amosándonos a realidade do consumo diario e a grande produción de residuos, finalmente o alumnado trouxo as súas camisetas para customizárenas.

Plástica

Física

Nuria Trigueros analizou co alumnado as fontes de enerxía primarias, renovables e non renovables, obrigándoos a pensar en termos tales como o mix enerxético, a enerxía versátil e accesible, etc.

A través de diferentes vídeos e retos o alumnado debeu de alcanzar tivo que se informar para resolver os os retos propostos e os que estean por vir. Cada alumno estivo identificado cun rol (thinkers, techies, influencers, tecnies e stragegos) o que permite agrupar ao alumnado en base a estes roles dependendo dos retos que se abordarán.

Javier

quen sempre está implicada na reutilización e reciclaxe, como se viu nos traxes do Entroido (Dep. EP e V) cos traxes de Entroido con material reciclado e biodegradable celebrando os cincuenta anos do Cabodano de Picaso

Tecnoloxía

dende Tecnoloxía, con César Sanchez sumáronse e elaboraron uns podcast sobre a fauna e a flora de Verín.

faiscas | IES Taboada Chivite 2023
Díaz Blanco cun un labor de estampado de bolsas de tea, así como Rebeca Gzl. Gzl

Educación Física

con Miguel Fdez. contribuíron á Sostibilidade fomentando hábitos de vida saudables, retos físicos como andainas, ou saídas á natureza como a do Parque de aventura de Sanabria, ou a inclusión do roteiro do Manancial de Cabreiroá- Capela de Santo Antón, e Fontenova, dentro da aplicación Relive

Matemáticas

Paula Páramo Méndez e Verónica García Boo aplicaron os contidos de estatística a través da búsqueda de información dos incendios na comarca de Verín durante o verán de 2022. Con imaxes do Google Earth puideron comprobar as superficies antes e despois dos incendios e obtiveron porcentaxes de superficies arboladas queimadas e superficies rasas.

Galego e Francés

Dende galego e francés uníronse tamén varias mans ó proxecto, con Lucía Díaz Nicolino, Yaiza Pichel e Matilde Ral, organizando un roteiro por varios sitios de interese paisaxístico en Verín, e facendo unha recollida de lixo por todos eles.

Alén diso, co alumnado de 1ºBac, fixéronse varias reportaxes sobre a situación do comercio de proximidade, analizando os hábitos de consumo na xente nova

Historia

Música

Román López Díaz de Freijo estivo a voltas co proxecto de Contaminación acústica, concienciando ó alumnado dos problemas que esta ocasiona, e dende Tecnoloxía, teñen xa en marcha uns sonómetros para medirmos o nivel de decibelios en distintas zonas do centro.

María del Carmen Cuquejo Bello, traballaron tamén os incendios e as súas consecuencias no medio, na flora e fauna da nosa contorna con 3ºESO.

XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época

IGUALA-T NO CHIVI-T

Neste curso, como cada ano, o alumnado do Chivite implicouse na defensa da igualdade entre homes e mulleres, así como na loita polos dereitos das minorías sexuais. Ao longo do ano abordamos varias obras de introdución ao feminismo, a saber, Feminismo para principiantes, de Nuria Varela, Un cuarto Propio de Virginia Woolf ou O segundo sexo de Simone de Beauvoir. Así mesmo, dende os distintos departamentos integrados no programa Iguala-T realizáronse diversas actividades: o departamento de Filosofía, con motivo do día de dita disciplina aproveitou para dar voz ás silenciadas e reivindicar a obra de diversas filósofas; así mesmo dito departamento realizou dúas charlas sobre a deconstrucción da masculinidade tóxica e a exploración daqueles aspectos negativos do rol feminino -culturamente mediatizados e a miudo ignorados-. Por outra banda, dende o departamento de Física participouse no concurso de creación artística que tivo lugar o Día da muller e a nena na ciencia; o departamento de Música, pola súa banda, procedeu á creación dunha canción onde se recolle a voz enmudecida de distintas poetas, escritoras e filósofas – algunhas delas pertencentes ao colectivo LGTB-; o grupo de Tecnoloxía construiu un podcast onde o alumnado departiu sobre a devastadora lacra da Violencia de Xénero. Asemade, dende o departamento de galego elaboráronse varias tarefas para a concienciación do alumnado, entre elas, o obradoiro de regueifas e improvisación oral -que rescata do esqucemento un xénero artístico representado principalmente por mulleres- e a creación dun Scape Room que versaba sobre a violencia de xénero. Así mesmo, e sempre coa axuda do departamento de Orientación, os alumnos e alumnas do Chivite asistiron a diversos actos en demanda dos dereitos das mulleres, entre os que destacan a manifestación con motivo das reivindicacións do 8M ou a representación teatral da obra “Golpes”, sita no auditorio de Verín.

faiscas | IES Taboada Chivite 2023

Excursión ás illas Cíes convive-t

Ovenres, día 2 de xuño, fomos de excursión ás Cíes acompañados por Vanesa de Educación Física e César o director. Foi un día marabilloso e moi “guai”. Saímos do instituto ás 7:50 h. e chegamos a Vigo ás 10, máis ou menos. Na viaxe de ida en autobús fomos cantando, facendo fotos, escoitando música, rindo… Cando chegamos a Vigo esperamos media hora polo barco. Esa media hora aproveitámola para comer algo, poñer crema solar e tamén fixemos bailes de TikTok.

Era a primeira vez que iamos nun barco. Subimos á parte de arriba. Alí fixemos fotos co director e cos compañeiros. Deunos a sensación de que eramos paxaros voando no medio do mar. Cando nos iamos achegando, a imaxe que vimos foi preciosa.

Baixamos do barco e fomos andando por un camiño ata chegar ao faro. Menos mal que César, o director, nos axudou a levar as mochilas. Agradecémosllo moito.

Estabamos moi cansos, pero mereceu a pena. Alí sacamos fotos e despois baixamos á praia.

Metémonos na auga. Estaba moi fría, pero non nos importou. Non queríamos saír! Despois comemos e, mentres, comentamos que levabamos cada un de comida. Estabamos desexando acabar de comer para volver entrar á auga. Xogamos moito na auga e coa area e chegou a hora de cambiarnos para marchar.

Collemos o barco de novo. Iamos moi contentas, pero, ao mesmo tempo, un pouco tristes porque pasara todo moi rápido.

Subimos ao autobús. No camiño paramos nunha cafetería moi grande para tomar algo.

Chegamos a Verín.

Estamos moi agradecidas aos profes por esta excursión. Nunca a esqueceremos!

Yasmine Fathallah (1º ESO A)

Toutou Mohamed (1º ESO A)

XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época

INCLÚE-T

Dentro deste programa, que trata de identificar, eliminar ou minimizar, de ser o caso, as barreiras que, derivadas de condicións persoais ou sociais do alumnado, poden limitar o seu proceso de participación e aprendizaxe na aula ou no centro, realizamos varias actividades entre as que destacamos:

DÍAINTERNACION A L DO POBOXITANO

Celebramos este día cunha mesa redonda. Os alumnos/as de 1º e 2º de ESO viron o corto “partir de 0” no que se fala dos prexuízos, das portas pechadas e das miradas indiscretas aos que se teñen que enfrontar as persoas xitanas. Así, alumnado xitano voluntario contou algunhas das súas experiencias nese sentido aos seus compañeiros.

Durante o primeiro trimestre o equipo da Biblio formouse en “Lectura fácil” coa Asociación de Lectura Fácil Madrid a cargo de María Peralta.

Xa no segundo trimestre botou a andar un “Club de lectura fácil” con 6 alumnos/as dirixidos pola profesora de Lingua Castelá, Elena Refojo. O libro escollido foi “Cores prohibidas” de María Peralta, e ao redor del fixeron distintas actividades.

faiscas | IES Taboada Chivite 2023
Club de “Le ctura fácil”

educación responsable

IES XESÚS TABOADA CHIVITE xa é un centro graduado en Educación Responsable despois de rematar con éxito os tres anos do programa.

Este programa da fundación Botín céntrase na educación emocional, social e da creatividade para impulsar a transformación educativa. Aposta polo crecemento saudable dos menores, potenciando o seu talento e creatividade para axudarlles a ser autónomos, competentes, solidarios e felices. Unha educación, que contribúa ao progreso da sociedade e non centrada unicamente no desenvolvemento dos contidos curriculares.

Se pensamos na Educación Obrigatoria, debemos “educar” para vivir e desenvolverse en sociedade, unha sociedade dinámica onde se fan necesarios contidos como a creatividade, capacidade de adaptación, espírito emprendedor, resiliencia, empatía, resolución de problemas, … entre outros que non se recollen de forma concreta no currículo pero que deben ser traballados para favorecer o fin último da educación “o desenvolvemento integral do alumnado”. Despois de 3 anos no Programa ER puidemos aprender outros enfoques que lle podemos dar ao currículo. Enfoques que integran a educación emocional como eixo imprescindible para que rode o proceso de ensino-aprendizaxe.

MOS O S CENTRO GRADUA D !!!O

Tivemos momentos moi gratificantes: coñecer de forma virtual o Centro Botín de Santander que creou unha perspectiva de ilusión pola beleza arquitectónica, traballar os sentidos a través das obras de arte de “Olfato artístico” e rematar coa Visita a Exposición efémera de Xardíns de Allariz que este ano centraba a súa temática na Saúde Mental, visita que derivou en grandes momentos.

Tamén no MÓDULO DE CORO DE EMOCIÓNS, traballado directamente polo profesor de Música, tratáronse as emocións a través de cancións e do canto coral .

Céntrase no Canto coral como unha actividade enriquecedora para todo o alumnado, con independencia das dotes vocais de cada alumno/a. Este recurso non se centra en conquistar a excelencia coral, céntrase na participación, na expresión das emocións e en desenvolver un estado de benestar a través da música. Este ano a través do Musical do centro: LA LALANND, traballouse a Canción “Mil estrellas”.

Logo do programa

A través dos tres anos no MÓDULO DE LITERATURA E EMOCIÓNS comprendemos a importancia de que o alumnado realice unha lectura comprensiva a través das emocións e sentimentos que nacen baixo a lectura. A través de actividades antes, durante e despois o alumnado puido sentir e empatizar con personaxes e situacións das novelas. Esta intención conleva un importante traballo por parte do profesorado xa que debe preparar con ilusión actividades creativas que xurdan da lectura. Destacamos a Scape Room realizada na biblioteca en relación ao libro “Mentira” de Care Santos, que ademais de demostrar a súa comprensión lectora a través dos retos, tamén favoreceu o traballo en equipo entre o alumnado.

Outro dos enfoques que aprendemos e que se traballa moi pouco nos centros educativos son as exposicións de Arte. A través dos 3 anos do MÓDULO DE REFLEXARTE puidemos observar como unha exposición de arte pode desenvolver no alumnado moitas emocións, ideas e goce. Incluso a través de obras de arte abstracta, se dirixes a exposición a través de actividades, o alumnado saca o mellor deles/as.

En definitiva, o Programa Educación Responsable é un recurso máis que pretende favorecer a educación emocional dentro do eido educativo pero de forma inherente ás materias. Pouco a pouco o profesorado vai tomando conciencia da necesidade de enfocar a súa metodoloxía non só a través do DUA (deseño universal de aprendizaxe) para atender a toda a diversidade, senón que tamén debe enfocar a súa metodoloxía a través do DEA (deseño emocional da aprendizaxe).

O
XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época

AGRUPA _TEI

Agrupación de centros

Acomezos de curso o noso centro decidiu formar parte da elaboración dun proxecto en común con outros catro centros que traballan o TEI (Titoría Entre Iguais). A idea naceu no Congreso Nacional celebrado en Sada (A Coruña) a finais do curso pasado.

a elaboración de informes en torno ao desenvolvemento do proxecto cuxa duración será de dous cursos académicos.

Neste primeiro ano traballamos a Mediación Escolar recibindo primeiramente a alumnado de Algete e logo viaxando a esta localidade madrileña. No segundo ano viaxaremos tódolos centros a Barcelona.

O proxecto comezou cunha primeira reunión dos coordinadores de cada centro en Madrid no mes de xaneiro, nas instalacións da Universidade sinalada. Do noso centro fomos Rebeca González, Lucía Rúa e César Sánchez. Alí sentamos as bases do proxecto.

A partir de aí o primeiro que tivemos que facer foi seleccionar ao alumnado interesado en participar, tendo en conta que tiñan que acoller a alumnado foráneo para logo seren acollidos eles en Madrid. A selección implicaba realizar unha serie de tarefas (cartel publicitario sobre a Difusión do Equipo Mediador, unha presentación sobre que é a Mediación entre iguais, viñetas de cómic mostrando unha escena de mediación) e responder a unha serie de preguntas a unha enquisa. Froito desta selección puidemos contar con 8 alumnas e 4 alumnos que participaron de forma máis directa das mobilidades.

Dende o minuto cero houbo unha gran sintonía entre o alumnado de Algete e o noso, sen dúbida unha das cousas máis satisfactorias que puidemos ver foi o alto grao de complicidade entre elas e eles e o ben que se levaban. As mobilidades, tanto a de Verín coma a de Algete, tiveron moi boa acollida nos respectivos centros e sobre o resto do alumnado. Ademais, leváronse a cabo actividades moi enriquecedoras. Debemos dicir que nada sería posible sen a gran implicación do alumnado. A súa actitude foi exemplar en todo momento. Grazas rapazas e rapaces!.

Deste xeito xunto co IES Albarregas (Extremadura-Mérida), IES Tartessos (Andalucía-Camas/Sevilla), IES Gustavo Adolfo Bécquer (Madrid-Algete) e o INS Joan Salvat Papasseit (Cataluña-Barcelona) decidimos acollernos á convocatoria de Agrupación de Centros que cada ano promove o Ministerio de Educación e Formación Profesional e presentar o proxecto creado en común denominado Proyecto emocional de convivencia y bienestar escolar. Neste curso o Ministerio avaliou un total de 143 asociacións concedendo tan só 50 en todo o país. Afortunadamente nós fomos unha das seleccionadas.

Aos cinco centros debemos sumar a colaboración como socio da Universidade Francisco Victoria de Madrid para

Tamén debemos agradecer a todo o profesorado participante nas actividades deseñadas, en particular a Rebeca González e Zaida López, titoras de 3º ESO que nos acompañaron na mobilidade a Madrid e que tanto axudaron á hora de establecer as coordinacións.

Por último, a boa sintonía do alumnado prolongouse ás familias, tanto ás nosas coma ás madrileñas, polo que cabe unha mención moi especial ás nais e pais que tamén decidiron participar neste proxecto.

Agora seguiremos traballando dentro da Asociación para poñer en marcha o aprendido.

César Sánchez Pampín e Lucía López Rúa (Coordinadores)

faiscas | IES Taboada Chivite 2023
Entrevista en Radio Chivite

Con motivo das actividades TEI fomos seleccionados un grupo de estudantes de 3º ESO para facer unha convivencia co I.E.S. de Algete que tamén é un instituto TEI.

Na primeira mobilidade, viñeron os madrileños a Verín. Fixemos moitas actividades de mediación e tamén lle ensinamos un pouco a nosa localidade, íamos ir ao castelo de Monterrei pero desafortunadamente choveu e non puidemos realizar esa visita.

Fixemos moi boas migas entre nós e á hora de despedirse foi moi triste, aínda que sabiamos que nos volveríamos a ver nun mes.

Na segunda mobilidade fomos nos a Algete, alí realizamos tamén actividades de mediación e ensináronnos Madrid medieval, tamén fomos a un centro comercial a comprar.

Esta despedida xa foi máis triste, xa que non nos volveremos a ver ata dentro de un ano cando se realice a mobilidade a Barcelona.

Gustaríanos agradecer a marabillosa acollida por parte das familias. Recomendo facer estas experiencias para coñecer a xente nova e para facer amigos novos.

Ana Gago Prieto (3º ESO C)

XUÑO 2023,
Época
Nº 17. Segunda

NO Chivite en Europa

este curso 2022/2023, o IES Xesús Taboada Chivite foi seleccionado coma Centro Embaixador da Unión Europea entre máis de 400 centros que optaban a este proceso. Tras unhas xornadas de formación en Madrid, ás que acudiu a coordinadora de programas europeos e internacionais, Jose Rolán, foron seleccionados 39 embaixadores e embaixadoras junior no centro. Ademais destes embaixadores e embaixadoras junior temos tamén 5 embaixadores senior que deron a coñecer diferentes aspectos da Unión Europea nas súas materias: Rebeca González, profesora de plástica, Juan Guerra de xeografía e historia, David Rodríguez de música, Verónica Hermida de lingua castelá, Olalla Calo e Jose Rolán de inglés.

Os estudantes seleccionados participaron nunha serie

de actividades como a creación dun InfoPoint con toda a información sobre a UE coa axuda da profesora de plástica; a recreación de cinco danzas europeas, dirixidos por David Rodríguez para celebrar o día de Europa; concurso de Euroscola coa grabación dun TikTok para animar á xente xoven para votar nas Eleccións Europeas de 2024; celebración do Día da Unesco, O Día da Paz, o día da Muller Traballadora e o Día de Europa. Houbo tamén contacto con outras EPAS como o IES Monte Castelo de Burela a través de videoconferencia. Mención especial merece a inauguración do InfoPoint sobre a Unión Europea da man do Teniente de Alcalde, Diego Lourenzo e da eurodiputada Ana Miranda. Dende aquí animávosvos a participar como embaixadores e embaixadoras junior o vindeiro curso 2023-24.

Pablo Hernando Saborido. 3º ESO C

faiscas | IES Taboada Chivite 2023

clube erasmus

Hola, son Mariña e vou falar do clube Erasmus.

A min paréceme unha gran oportunidade, xa que podes viaxar a outro país gratuitamente e aprender das súas costumes e idioma. Polo que vin, os nenos e nenas que foron outros anos pasárono xenial e fixeron moitos amigos, polo que teño ganas de vivir por min mesma esa experiencia.

O único “probema” e que antes de ir tes que esperar un bo tempo para ver se te seleccionaron e ademáis tes que facer unhas actividades, das cales non me queixo, porque foron moi divertidas e paseino moi ben facéndoas.

Falemos dos xogos e actividades: Tivemos que ir ao instituto pola tarde e pornos por grupos (eu estaba cas miñas amigas), despóis tivemos que asignarlle un país a unhas fotos. Ese xogo foi moi complicado porque non tiñamos nin idea, o que a nós nos parecía Portugal acababa sendo algo completamente diferente.

Aínda que quedamos os últimos, pasámolo moi ben. Tamén había unha actividade parecida, solo que era de acertar uns obxectos. Esa foi moita máis fácil porque algúns tiñan letras.

E agora ven o mellor de todo: O Kahoot que fixemos! Foi xenial, había preguntas un pouco máis complicadas que outras, pero quedamos cuartos entón nin tan mal.

Despóis cada un marchou a súa casa (evidentemente), e aínda que solo fixemos eso unha vez, eu espero que se repita porque de verdade que o pasamos moi ben.

Sen máis que decir, e con moitas ganas de ir de Erasmus, despidome. Adeus!

Mariña García 2º ESO A

OYouth Ambassadors

la somos Martina, Ana, Sabela, Celia e Andrea, somos alumnas de 3º da ESO do Chivite e estamos traballando, nun proxecto europeo impulsado por Youth Ambassadors que quere dicir xóvenes embaixadadores, o obxectico é achegar a UE as persoas xóvenes.

Este proxecto consiste nunha campaña electoral basada nun youth goal que representan a visión dos xóvenes para a política de xuventude na Unión Europea. O nome do noso equipo é anduriñas e o youth goal que eleximos foi , facer avanzar a xunventude rural, posto que ao vivir nunha vila vivimos esta realidade en primeira persoa, podemos comezar coas nosas propostas sobre como mellorar o rural, todas estas propostas están centradas en comompoder mellorar a nosa aldea, Verín.

Ampliar e mellorar os servizos sanitarios e terapéuticos que precisan por exemplo os nenos e nenas con Necesidades educativas especiais .Psicólogo infantil, logopeda , rehabilitador tan so contamos cos Especialistas da Mancomunidade é son insuficientes ,para acceder a especialistas privados hai que desplazarse ata Ourense.

A comunicación con Ourense é cada vez peor , hai poucos

autobuses o que impide que a xuventude poida desplazarse de forma autónoma, tanto para motivos de saúde , educativo ou de ocio.

A xuventude en Verín ten pouca a oferta para continuar os estudios de Formación profesional, hai pouca diversidade tanto nos ciclos medios como superiores e moitos escollen continuar en Bacharelato por falta de opcións.Sería positivo que as ofertas de formación se relacionase co potencial da Comarca , a viticultura , turismo…

Ao igual que a Escola Oficial de Idiomas que so imparte inglés , tendo tan perto a fronteira con Portugal sería bo que impartisen portugués , francés …para poder ter máis oprtunidades e seguir formándonos.

Estas propostas pretenden conseguir unha maior atracción cara o rural e diminuír a centralización de servizos que hai nas cidades. Tamén queremos destacar que fixemos un proxecto coa colaboración do CRA de Monterrei entre os rapaces e rapazas que nos amosaron o que era un colexio rural agrupado. Moitas grazas ao CRA de Monterrei por participar con nós. Animádevos a seguirnos nas nosas redes sociais @andurinhas.ue

FOTOENTROIDO

Este ano o concurso Fotontroido tivo unha novidade importante: Por primeira vez realizouse conxuntamente cos Institutos Castro de Baroncelli e García Barbón.

O segundo premio dos tres centros foi para Jorge González de 1º Bac C, pola súa foto co lema “ O meu sentimento”

tarxeta de nadal

E a que non sabedes quen foi o gañador ou gañadora da postal de Nadal? A decisión non foi doado co nivel deste ano!

A gañadora foi Noelia Losada de 1º Bac C

O equipo de Dinamización da lingua:

Oo Fiadeiro da lingua

noso equipo de normalización segue traballando por dinamizar a lingua e estendela a todos os ámbitos do noso día a día. Dende a Sostibilidade, ata o musical La La Land, os concursos de poesía e relato ou a celebración de varias festas anuais: os Maios, o Entroido, (recuperando o concurso de Fotoentroido que pararamos coa pandemia), o Nadal, o Samaín... Este curso ademais tamén tivemos unha xornalista da CRTVG, Manuela Iglesias, para nos falar dos medios en galego: os medios públicos; e da importancia de que existan. Así mesmo, repasamos a realidade do conflito entre Israel e Palestina co escritor Moncho Iglesias Míguez e creamos unha actividade de escrita

co IES de Xove: o Circo ambulante. O noso alumnado de 1º e 2ºESO converteuse en personaxes de circo e xa temos a xira medio preparada: dende o fontaneiro ós futbolistas, os paiasos con maquillaxe do Entroido de Verín, funambulistas...

Durante todo o curso fomos colaborando en prol da igualdade, dende a concienciación contra a violencia de xénero cun Scape Room na biblioteca:

E seguimos tamén taballando a Mitoloxía local e é por iso que realizamos unha saída ó Manancial de Cabreiroá , a capela do Santo Antón e a Fonte do sapo (que finalmente quedou no Manancial de Fontenova) con xogos deseñados polo alumnado de Literatura Galega do Séc. XX, onde actualizamos a deusa Coventina, o mito das Tres Marías e o Arangaño e a Virxe do Leite.

O ano que vén seguímos programando actividades!

XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época

PROMOCIÓN

faiscas | IES Taboada Chivite 2023

PROMOCIÓN 2023

Fila 1: Juan José, Sergio, Miguel, Adrián, Hugo, Pablo, Cristian, Iván, Lucia, David Nicolás, Jaime, Alejandro, Kristiyan.

Fila 2: Nerea, Paula, Sara, Alicia, Marta, Nuria, Claudia, Marta, Elena, Anabel, Daniel, Miguel

Fila 3: Almudena, Sabela, Uxía Salgado, Alba, Uxía Rúa, María, Lucía, Marta, Marco

Fila 4: Unai, Miguel, Nerea

Fila 5: Manuel, Aaron, Ares, David, Paula, Andrea, Noa, Jorge, Carla, Yeray

Fila 6: Joaquín, Ánxela, Marta, Ahinoa, Carla, Gladys, Eliana, Esther, Iker, Susana

Fila 7: Adara, Antía, Iria, Raquel, Noelia

XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época

Un ano mais a nosa biblioteca ofertou diferentes actividades para todo o alumnado. Celebramos o día da Biblioteca, o día da poesía, o día Internacional da muller… engalanamos as nosas portas polo Nadal, tivemos encontros con autores, fixemos contacontos, talleres nos recreos un torneo de xadrez e seguimos cos clubs de lectura que levan funcionando varios cursos

8 de Marzo

As nosas colaboradoras Tania, Mariña, María R., María dos Santos e Valeria amosaron polas clases inventos ideados por mulleres, como o libro electrónico, a xiringa

Un café con poesía

Para celebrar o Dia Internacional da poesía, entregamos versos polas cafeterías de Verín, para que os entregasen aos seus clientes cando tomasen un café.

Taller de calceta

Nos recreos do primeiro trimestre tivemos un taller de calceta, impartido por Conchita, antiga profesora do centro, no que os participantes fixeron unha bufanda.

Contacontos nos coles de primaria

A nosa colaboradora Tania de 4º B realizou dous contacontos: No CRA de Monterrei “La gran fábrica de las palabras” e no CEIP Princesa de España “De que color es un beso”

Día do libro

Celebramos este día cun concurso. O alumnado de 1º-3º de ESO recibiu a sinopse do libro e tiveron que facer a portada e o alumnado de 4º-1ºBach fixeron a sinopse do libro a partir da portada.

Debuxo realizado por Leire Salgado Prieto (gañadora na categoría de 1º3º ESO)

Torneo de Xadrez

Esta actividade resultou exitosa participando nela moito alumnado. O gañador foi Antón José Prieto de 1º ESO B

XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época

CHIVIACTIVIDADES

Ao longo dos últimos cursos foron diferentes as actividades propostas polo profesorado do IES Xesús Taboada Chivite no ámbito STEAM, acrónimo que provén das siglas en lingua inglesa de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas. Combinando estas materias o alumnado adquire competencias para a resolución de problemas, fomenta a capacidade de análise, potencia o pensamento flexible e aumenta a creatividade, elementos fundamentais cando tratamos de innovar.

Con estas actividades tamén pretendemos fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre as rapazas e os rapaces, de xeito que teñan referentes que permitan ampliar a mirada á hora de escoller os seus estudos e a súa carreira profesional. Nos últimos cursos e grazas ao grupo de traballo “eXXperimenta en feminino” do Campus de Ourense, Universidade de Vigo, conseguimos traer diferentes exposicións itinerantes como “As mulleres que nos axudaron a chegar á Lúa” e “Mulleres na Ciencia”. Tamén facilitáronnos a posibilidade de participar no concurso anual “Día da Muller e a Nena na Ciencia”, no que obtivemos diferentes premios ao longo das sete convocatorias que xa teñen celebradas. Durante o curso 2020_2021 os profesores de matemáticas Juan Manuel Cid e Paula Páramo, coordinados pola profesora de Física e Química Nuria Trigueros, participaron no proxecto europeo Erasmus+ KA3 ATS STEM. Os tres profesores traballaron durante todo o ano nun proxecto de análise enerxético con alumnos de 3º ESO recoñecido positivamente pola Consellería de Educación.

Ás veces os inicios non son fáciles pero o bo traballo desenvolto en anos precedentes fixo que neste curso 22_23 o número de actividades STEAM de calidade levadas a cabo co noso alumnado fora altamente produtivo.

faiscas | IES Taboada Chivite 2023
NURIA TRIGUEROS AÑÍBARRO - Coordinadora do Ámbito STEAM

Algunhas das actividades mais destacadas foron: conferencias Igaciencia, visita ao Aula Newton para usar simuladores de vóo, exposición de intelixencia artificial “More than human” en A Coruña, conferencia e obradoiro de escaneo 3D, visita á central hidroeléctrica de Velle, visita ao Domus de A Coruña, concurso “Nena na ciencia”, decoración artística de Nadal, elaboración de traxes para o desfile de Entroido conmemorando o Ano Picassiano, visita a Galiciencia, participación no Canguro Matemático, actividades do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE).... Todas estas actividades foron organizadas por José Ángel Rodríguez e Iria Alonso de Bioloxía e Xeoloxía, Ana Doval e Iria Piñeiro de Tecnoloxía, Paula Páramo e Verónica García de Matemáticas, Nuria Trigueros de Física e Química, Rebeca González de Educación Plástica e Visual, todos eles pertencentes ao grupo CHIVI-INNOVA.

As actividades de divulgación científica e artística desenvoltas este ano servirán para que o noso alumnado afronte o seu futuro académico e profesional cunha perspectiva innovadora e esperamos que grazas a elas as vocacións STEAM medren na sociedade verinesa nos vindeiros anos.

XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época
2022-23

PROXECTO

No verán do 2022 notificáronnos que o IES Xesús Taboada Chivite ía ser un dos 220 centros de Galicia elixidos para ter un “Polo Creativo”. Para isto previamente tivemos que presentar un proxecto e despois de pasar un proceso de selección déronnos a boa nova.

Non foi ata o mes de outubro cando recibimos todo o material adxudicado pola Consellería de Educación e, inda que xa tiñamos preparada unha aula para ser utilizada como Polo Creativo, tivemos que habilitar outra para poder dar cabida non só o material se non tamén ter o espazo necesario para a súa utilidade.

Foron intensos os traballos para catalogar, clasificar e recolocar o material recibido e, sen o apoio do equipo “INNOVA – POLOS CREATIVOS” formado por Ana Doval (Tecnoloxía), Miguel Fernández (Educación Física), Verónica García (Matemáticas), Rebeca González (Educación Plástica e Visual), Paula Páramo (Matemáticas) e Nuria Trigueros (Física e Química), como coordinadora, nada disto tería saído adiante. Ao longo do mes de xaneiro e febreiro o grupo de profesorado “INNOVA – METODOLOXÍAS ACTIVAS”, formado polos docentes citados anteriormente e mais Iria Alonso (Tecnoloxía), Elena Álvarez (Pedagoxía Terapéutica), Juan Manuel Cid (Matemáticas), Javier Díaz (Educación Plástica e Visual), Iria Piñeiro (Tecnoloxía), Jose Angel Rodríguez (Bioloxía e Xeoloxía), Marta Rodríguez (Audición e Lenguaxe) e César Sánchez (Tecnoloxía), recibiu formación sobre o uso do Chroma e xeración de audiovisuais e tamén sobre impresión 3D. No segundo e terceiro trimestre foron moitos os docentes que utilizaron as aulas de Polos Creativos co obxectivo de incorporar diferentes ferramentas e metodoloxías activas na práctica docente. Nesta liña graváronse podcast e vídeos para autoeditar, utilizáronse técnicas grupais, creáronse diferentes situacións de aprendizaxe,... todas elas en prol dunha aprendizaxe motivadora e innovadora. Os primeiros pasos xa están dados. Pero aínda queda un camiño por diante moi longo e espero que sexa produtivo en favor da comunidade educativa de Verín.

NURIA TRIGUEROS AÑÍBARRO Coordinadora de Polos Creativos 22-23
faiscas | IES Taboada Chivite 2023
XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época

Musical La la land, sétimo musical do Chivite

David Rodríguez Rivada

Co apoio loxístico, organizativo e económico do equipo directivo, colaboran preto de 30 profesores do centro, e alumnado de todos os cursos (preto de 80 alumnos: 12 actores, 15 bailaríns, coro de 40, 3 solistas, 3 maquilladoras, 1 deseñador de carteis).

Dúas horas de espectáculo teatral e musical, con solistas, Coreografías deseñadas por Iria Otero e ensaiadas baixo a batuta da profesora de baile Helena Pousada. Coro de profes (10), alumnos (10) e alumnado de 2 Bach (29) coa materia de Historia da música e a danza. Escenografía de Javier Díaz (profe de plástica), iluminación de Javier Rodríguez (profe de bioloxía), letras traducidas do inglés por Isabel Cota (profe de inglés) e guión adaptado por David R. Rivada (profe de música).

Sabela D. Souto, autora do documental CHIVITITEIROS e de varios vídeos que forman parte deste musical, gravará as funcións do mércores.

Tivemos o privilexio de contar coas colaboracións musicais de Álvaro Blanco (profesor de piano no Conservatorio profesional de música de Ourense), do alumnado de Orquesta do Conservatorio profesional de música de Ourense (dirixido pola profesora Raquel Carrera) e da banda do conservatorio profesional de música de Verín (dirixidos por Miguel Ángel Guerra).

Estes últimos actuarán ao vivo na representación do venres 16 no auditorio de Verín.

faiscas | IES Taboada Chivite 2023

As representacións foron as seguintes:

Mércores 14 de xuño, dobre función no Chivite. Unha ás 17:30 e outra ás 20:30h.

Venres 16 de xuño ás 20:30h no auditorio de Verín (coa actuación ao vivo da Banda do CMUS de Verín).

Sábado 17 de xuño ás 20:30h no auditorio de Verín.

XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época

Durante todo o curso acompañounos a pregunta de JR: Pode a arte cambiar o mundo?. Ao rematar este ano aprendemos que nas Artes están involucrados algúnhas das cualidades que nos distinguen como seres humanos. En primeiro lugar a creatividade, en canto que creamos cousas que son completamente novas; sumada a un coñecemento das técnicas artísticas (que o alumnado aprende nas clases). Pero adecais tamén entran en xogo a intención do artista e a mensaxe que transmite. Todo iso vai provocar en nós unha morea de emocións. Parafraseando ao cantante Bono “a arte pode cambiar o mundo porque pode cambiar as persoas”

A profesora Rebeca González propuxo un roteiro moi persoal acompañando a grandes artistas:

Unha viaxe ao mundo de

faiscas | IES Taboada
2023
Chivite
Yayoi Kusama e a súa obsesión infinita polos puntos, Chuck Close e o seu lema “se tes un problema, rómpeo en anacos pequenos” A desfragmentación do cubismo con Pablo Picasso Barbara Kruger e o poder da imaxe,

E así unha infinidade de referencias que a creatividade dos alumnos e alumnas de EPVA e Debuxo Artístico transformou o Centro con magníficas obras: fanzines sobre os seus propios mundos, stop motion sobre a dor de Frida Kahlo, autorretratos, liña contínua de rostros e mans con manchas de tinta, e moitas máis.

Canta creatividade e talento teñen os alumnos do Chivite!

Disfraces de Entroido en homenaxe ao ano Picasso.

epva e debuxo artistico

Polaroids en acuarela sobre os seus lugares con significado Globos metálicos en carboncillo Bodegóns contemporáneos a bolígrafo Pegotes de pintura con lapis a cor

PROGRAMA

Ao longo da nosa vida, todos nós experimentamos a dificultade que supón cambiar de colexio, non sabiamos moi ben con que nos imos a enfrontar: novos amigos, novos profesores, novas normas, non saber se encaixaremos moi ben no novo centro...

Por iso durante todo o curso 2022 23 desenvolvemos unha serie de actividades de acollida para o alumnado de 6º de primaria que se incorporará o próximo curso ao noso instituto.

Os nenos e as nenas e as súas familias visitaron o noso instituto , vendo todas as clases, percorrendo as instalacións, e participando charlas de presentación.

Presentámosvos unha destas actividades de acollida que realizaron nos seus colexios: Amaro Refojo e Princesa de España. O alumnado respondeu a varias preguntas sobre este cambio, tan grande que lles espera; recollemos todas esas respostas en post-it e expuxéronse no seu cole.

Aquí temos unha mostra representativa de todas as súas inquedanzas.

Que é o que máis che gusta do teu colexio?

- As actividades e os profes tan bos que temos.

- As excursións.

- O patio, o comedor e a clase.

- Os amigos e amigas.

faiscas | IES Taboada Chivite 2023

DE ACOLLIDA

Que cualidades tes ti que che poden axudar no cambio ó instituto?

-Que son unha persoa preocupada.

-Xa coñezo xente que pasou por el.

-Que teño facilidade para facer novos amigos.

-Os profes poden axudarme.

-Que axudo á xente, son boa compañeira e estudo moito.

-Que sempre teño un grande sorriso e adáptome ben á clase.

-Que vivo cerca do cole e teño que camiñar menos.

-Ser bo en matemáticas.

-Ser bo en sociais e naturais.

-Que cando quero fago ben as cousas.

Que dificultades pensas que vas ter no instituto?

Estudar

Ser unha nena nova, Non entender algo ó estudar Pelexas, insultos Os profesores serán distintos en cada clase, Os estudos costaranme máis. Estudar novas materias como francés, historia, ciencias, inglés.

Que cousas boas cres que vai ter o instituto?

A cafetería e os profes.

As actividades que se fan, viaxes, o profesorado, as clases e moitas cousas máis.

A ensinanza, os xogos.

Que imos pasar a outra etapa nova na nosa vida.

Físca, Plástica e o recreo

As saídas do centro, coñecer máis amigos, pásalo ben e sacar sempre un gran sorriso.

Que nos van axudar os profes.

A cafetería

XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época

Queridos compañeiros, profesores e persoal do instituto:

Hoxe chega o momento de despedirse dunha grande etapa que marcará o resto das nosas vidas: o noso paso polo Chivite.

Como alumnos de 2º de bacharelato témonos enfrontado a grandes desafíos, tanto persoais como académicos, agora toca dicir adeus e lembrar todo o vivido.

Cada un de nós deixou a súa propia pegada no instituto e aínda que nos afastemos, sempre formaremos parte da súa historia e legado; ademais de todas as amizades que levamos connosco e que pervivirán no tempo.

Queremos agradecer a todos os profesores e persoal do instinto por todos estes anos de aprendizaxe, pero sobre todo por ensinarnos a ser boas persoas. Grazas por crer en nós incluso cando nós mesmos dubidamos, fostes fundamentais nestes anos de evolución.

Unha aperta, o alumnado de 2º Bacharelato

faiscas | IES Taboada Chivite 2023

HASTA PRONTO, HASTA SIEMPRE.

Pues sí. Ha llegado el momento de decir adiós. Después de 17 cursos siendo profe del Chivite ha llegado el momento de embarcarme en un nuevo proyecto, a nivel personal y profesional. Un cambio de aires, un salto a tumba abierta. Son muchos los recuerdos, buenos y malos, que dejo atrás. Son muchos los compañeros con los que he compartido docencia, experiencias, alegrías y disgustos. Son muchos los alumnos y alumnas que han pasado por mis manos. Son muchos los amigos que he encontrado en este proceso. Son muchos los proyectos en los que me he metido de cabeza, sin saber en muchas ocasiones a dónde me iban a llevar.

Echando la vista atrás recuerdo mis participaciones en las Rutas Científicas, Artísticas y Literarias, las Secciones Bilingües, las actividades de divulgación científica ligadas a la Universidad de Vigo, a la de Santiago y a la de Lugo, los proyectos internacionales Comenius y Erasmus+, los proyectos de innovación educativa como Proyecto Newton, Proyecto Descartes, Proyecto HEDA, Aula del Futuro, Polos Creativos, XuvenCiencia, Galiciencia, etc. En todas estas actividades continué formándome como docente y encontré nuevas formas de orientar mi práctica diaria con metodologías innovadoras que no siempre funcionaban al cien por cien, pero que me aportaban nuevas posibilidades para ofrecer al alumnado e intentar atender así la gran diversidad que encontramos en las aulas.

Recuerdo con gran satisfacción todas y cada una de las actividades extraescolares en las que he participado con el alumnado y que he compartido siempre con compañeros que no dudaron en ceder su tiempo libre gratuitamente para que pudieran llevarse a cabo.

He tenido la suerte de participar en la formación de alumnos que hoy en día son viticultores, policías, militares, panaderos, reponedores de supermercado, médicos, investigadores, periodistas, ingenieros, profesores, etc. Y sigo teniendo la suerte de ser reconocida por todos ellos cuando me los encuentro por el mundo adelante.

También me siento muy afortunada de haber formado parte de esta comunidad educativa, llena de grandes profesionales: limpiadoras, conserjes, administrativos y docentes, y que fue duramente golpeada por el virus del COVID, provocando el fallecimiento de familiares y generando efectos secundarios a largo plazo en muchos de nosotros.

Nunca he pretendido ser una piedra en el camino, aunque para algunos y en algunas ocasiones no lo haya conseguido. Mis objetivos han sido siempre cumplir con mis obligaciones, acercar la ciencia a los rapaces y pelear por aquello que considero que es justo. Difíciles objetivos en una sociedad en la que, como observamos día a día, se prioriza al individuo, el momento y la conveniencia.

Sólo me queda agradecer a todos los que me habéis acompañado en este camino vuestro apoyo y vuestra confianza. Estoy segura de que seguiremos encontrándonos en la vida. Confío en que la semilla de la Ciencia que he pretendido sembrar seguirá siendo regada por profes, padres y los propios alumnos.

No me queda más que deciros “Hasta pronto, hasta siempre, mis queridos niños”.

XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época NURIA TRIGUEROS AÑÍBARRO Catedrática de Física y Química Docente del IES Xesús Taboada Chivite, 2006-2023

FAÍSCAS

Segunda época…

Pero falando de épocas, e xa enlazando co que eu pretendía contar, resulta que o que si se inicia é a segunda época de mandato deste equipo directivo. No mes de marzo presentaba ante o Claustro e o Consello Escolar a memoria do mandato 2019-2023 para proceder coa renovación durante catro anos máis.

˝CHISPAS PEQUENAS QUE SALTAN DO LUME COUSA MOI BRILLANTE˝

Sempre houbo algo que me chamou a atención na publicación das diferentes Faíscas que é o acompañamento do número de edición co valor dunha época. Por exemplo, o curso pasado saíu a edición nº 16, segunda época, e a deste curso é o nº 17, segunda época.

Eu, incrédulo de min, pensei se o da época tiña que ver cos períodos de mandato das Direccións do centro. Menos mal que, consultado Javier Díaz, un dos grandes culpables de que ano tras ano a nosa revista saia á luz nos finais de curso, aclaroume que Faíscas naceu hai máis de trinta anos. Logo tivo un gran parón, rematando a súa primeira época e agora imos pola segunda época; unha vez reiniciado o proceso de edición. Na primeira época as edicións saían mediante edición multicopista, isto é, fotocopias grampadas de todo o que se ía facendo ao longo do curso. Na segunda época foron incorporándose novas técnicas máis acordes con técnicas de maquetación actuais.

Agora ben, Faíscas sempre tivo un sentido metafórico, fai referencia ás chispas que podendo converterse en grandes chamas iluminarán o camiño do noso alumnado para conseguir un próspero futuro sempre que atopen a contorna e momento axeitados.

Se cadra esta dúbida non era só miña, polo que así todas e todos sabemos algo máis da nosa Faíscas e da súa historia. Agardo que esta segunda época sexa moi lonxeva e que siga amosando a gran cantidade de iniciativas, participacións, actividades, etc que se desenvolven no IES Xesús Taboada Chivite evidenciando que somos un centro moi activo, creativo, implicado e comprometido; grazas ó traballo, esforzo e ilusión dun grupo amplo, moi amplo de persoas, entre as que se atopan: profesorado, alumnado e persoal non docente.

Na exposición que se fixo conclúese que o grao de cumprimento dos obxectivos marcados no proxecto de dirección, moi ambicioso e redactado con gran coñecemento de todo o que rodea a este centro, foi elevado. Concretamente podemos dicir que o cumprimento está por riba do 80% xa que das 34 liñas de actuación definidas chegaron a acadarse 28. Non obstante, para min o que é realmente importante, máis cós números, é poder sinalar que sendo catro anos moi duros, no que atravesamos situacións xamais vividas por culpa dunha pandemia que nin quero nomear, estou moi orgulloso por estar rodeado de xente tremendamente traballadora e comprometida. Aquí debo mencionar ao resto de membros do equipo directivo: Jose na vicedirección, Eduardo na xefatura de estudos e Juan na secretaría traballan de xeito incansable para tentar que todo transcorra da maneira máis fluída. Somos un grupo moi unido que remando na mesma dirección temos a eficacia, exemplaridade, transparencia, o diálogo, etc como sinais de identidade que nos acompañan en todas e cada unha das decisións que se toman ou debemos tomar. Pero ademais, contar cun Claustro implicado, comprometido, colaborador e receptivo sen dúbida fai que todo sexa moito máis sinxelo. Por iso tamén é de agradecer o traballo de todas as compañeiras e compañeiros que durante estes últimos anos estiveron ao noso carón. Tampouco me esquezo do persoal non docente, o seu traballo fai que unha parte importante de aspectos que nos rodean engrenen e funcionen correctamente. Acollemos a nosa renovación con ilusión, ganas de seguir mellorando e ganas de seguir traballando nun período de profunda transformación do sistema educativo ao que non lle tememos, as cicatrices pandémicas e a experiencia atesourada deben darnos pulos para seguir adiante.

Nesta segunda época seguiremos tentando que o Chivite sexa un referente non só a nivel local, senón tamén a nivel provincial e autonómico. Loitaremos para que as nosas alumnas e alumnos teñan as mesmas oportunidades que calquera alumna ou alumno doutra localidade ou da cidade. Impulsaremos e fomentaremos unha educación de calidade, inclusiva, na que teña cabida a diversidade de alumnado, igualitaria e de equidade. Non debemos esquecer que o alumnado é o que dá sentido á nosa profesión, todo o que facemos e en todo o que nos formemos os docentes debe ter un impacto directo nelas e neles, por riba dos intereses individuais.

REVISTA DO IES XESÚS TABOADA CHIVITE . VERÍN. OURENSE
Maio 2016 Número 10 - Segunda Época
Deseño: Javier Díaz Blanco
faiscas | IES Taboada Chivite 2023

Este equipo directivo fomentará unha inercia de traballo que procure unha atmosfera dinámica e activa envolvente do noso claustro, de xeito que, sendo conscientes das grandes renovacións, que sempre supoñen aires cargados de novos folgos, polas que a cotío pasa o noso claustro e polas que seguirá pasando (cambios xeracionais, localización da nosa vila, etc,) seguiremos avanzando nos nosos obxectivos trazando unha folla de ruta na que o traballo colaborativo e a ilusión do claustro sexan piares fundamentais para que del emanen as ideas que fan que todo isto sexa posible. Xa rematando, nos vindeiros anos esta folla de ruta estará centrada en:

1. Atender a demanda da transformación dixital na que estamos inmersos.

2. Fomentar a innovación educativa mediante o achegamento e formación en novas metodoloxías.

3. Seguir mellorando as nosas instalacións e recursos en torno á sostibilidade do centro e da súa eficiencia. Seguiremos creando novos espazos para a cooperación, novos espazos de diálogo e de tempos para compartir.

4. Impulsaremos a educación emocional seguindo formándonos neste aspecto.

5. Seguiremos apostando por unha educación de calidade e no que se aposta por unha escola inclusiva e de equidade na que toda a diversidade teña cabida e tamén pola igualdade entre mulleres e homes.

6. Continuaremos co proceso de internacionalización do centro aproveitando a acreditación Erasmus pero tentando o mesmo dende un enfoque plurilingüe na que o inglés non sexa o único protagonista, senón que tamén o sexan o francés e o portugués.

Por último, volvo lembrar que as nosas alumnas e alumnos deben ser os grandes beneficiados e que entre todas e todos, o alumnado incluído, debemos avivar as faíscas que iluminen os nosos camiños.

”O coidado da parte emocional para que haxa vida, esas flores, as mimosas, a auga como vida” Rebeca González González

XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época O coidado.
César Sánchez Pampín (Director).
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.