1 minute read

O equipo de Dinamización da lingua: Oo Fiadeiro da lingua

Next Article
FAÍSCAS 2023

FAÍSCAS 2023

noso equipo de normalización segue traballando por dinamizar a lingua e estendela a todos os ámbitos do noso día a día. Dende a Sostibilidade, ata o musical La La Land, os concursos de poesía e relato ou a celebración de varias festas anuais: os Maios, o Entroido, (recuperando o concurso de Fotoentroido que pararamos coa pandemia), o Nadal, o Samaín... Este curso ademais tamén tivemos unha xornalista da CRTVG, Manuela Iglesias, para nos falar dos medios en galego: os medios públicos; e da importancia de que existan. Así mesmo, repasamos a realidade do conflito entre Israel e Palestina co escritor Moncho Iglesias Míguez e creamos unha actividade de escrita co IES de Xove: o Circo ambulante. O noso alumnado de 1º e 2ºESO converteuse en personaxes de circo e xa temos a xira medio preparada: dende o fontaneiro ós futbolistas, os paiasos con maquillaxe do Entroido de Verín, funambulistas...

Advertisement

Durante todo o curso fomos colaborando en prol da igualdade, dende a concienciación contra a violencia de xénero cun Scape Room na biblioteca:

E seguimos tamén taballando a Mitoloxía local e é por iso que realizamos unha saída ó Manancial de Cabreiroá , a capela do Santo Antón e a Fonte do sapo (que finalmente quedou no Manancial de Fontenova) con xogos deseñados polo alumnado de Literatura Galega do Séc. XX, onde actualizamos a deusa Coventina, o mito das Tres Marías e o Arangaño e a Virxe do Leite.

O ano que vén seguímos programando actividades!

This article is from: