
1 minute read
DE ACOLLIDA
Que cualidades tes ti que che poden axudar no cambio ó instituto?
-Que son unha persoa preocupada.
Advertisement
-Xa coñezo xente que pasou por el.
-Que teño facilidade para facer novos amigos.
-Os profes poden axudarme.
-Que axudo á xente, son boa compañeira e estudo moito.
-Que sempre teño un grande sorriso e adáptome ben á clase.
-Que vivo cerca do cole e teño que camiñar menos.
-Ser bo en matemáticas.
-Ser bo en sociais e naturais.
-Que cando quero fago ben as cousas.
Que dificultades pensas que vas ter no instituto?
Estudar
Ser unha nena nova, Non entender algo ó estudar Pelexas, insultos Os profesores serán distintos en cada clase, Os estudos costaranme máis. Estudar novas materias como francés, historia, ciencias, inglés.
Que cousas boas cres que vai ter o instituto?
A cafetería e os profes.
As actividades que se fan, viaxes, o profesorado, as clases e moitas cousas máis.
A ensinanza, os xogos.
Que imos pasar a outra etapa nova na nosa vida.
Físca, Plástica e o recreo




As saídas do centro, coñecer máis amigos, pásalo ben e sacar sempre un gran sorriso.
Que nos van axudar os profes.
A cafetería
Queridos compañeiros, profesores e persoal do instituto:
Hoxe chega o momento de despedirse dunha grande etapa que marcará o resto das nosas vidas: o noso paso polo Chivite.
Como alumnos de 2º de bacharelato témonos enfrontado a grandes desafíos, tanto persoais como académicos, agora toca dicir adeus e lembrar todo o vivido.
Cada un de nós deixou a súa propia pegada no instituto e aínda que nos afastemos, sempre formaremos parte da súa historia e legado; ademais de todas as amizades que levamos connosco e que pervivirán no tempo.
Queremos agradecer a todos os profesores e persoal do instinto por todos estes anos de aprendizaxe, pero sobre todo por ensinarnos a ser boas persoas. Grazas por crer en nós incluso cando nós mesmos dubidamos, fostes fundamentais nestes anos de evolución.
Unha aperta, o alumnado de 2º Bacharelato
