4 minute read

FAÍSCAS Segunda época…

Pero falando de épocas, e xa enlazando co que eu pretendía contar, resulta que o que si se inicia é a segunda época de mandato deste equipo directivo. No mes de marzo presentaba ante o Claustro e o Consello Escolar a memoria do mandato 2019-2023 para proceder coa renovación durante catro anos máis.

˝CHISPAS PEQUENAS QUE SALTAN DO LUME COUSA MOI BRILLANTE˝

Advertisement

Sempre houbo algo que me chamou a atención na publicación das diferentes Faíscas que é o acompañamento do número de edición co valor dunha época. Por exemplo, o curso pasado saíu a edición nº 16, segunda época, e a deste curso é o nº 17, segunda época.

Eu, incrédulo de min, pensei se o da época tiña que ver cos períodos de mandato das Direccións do centro. Menos mal que, consultado Javier Díaz, un dos grandes culpables de que ano tras ano a nosa revista saia á luz nos finais de curso, aclaroume que Faíscas naceu hai máis de trinta anos. Logo tivo un gran parón, rematando a súa primeira época e agora imos pola segunda época; unha vez reiniciado o proceso de edición. Na primeira época as edicións saían mediante edición multicopista, isto é, fotocopias grampadas de todo o que se ía facendo ao longo do curso. Na segunda época foron incorporándose novas técnicas máis acordes con técnicas de maquetación actuais.

Agora ben, Faíscas sempre tivo un sentido metafórico, fai referencia ás chispas que podendo converterse en grandes chamas iluminarán o camiño do noso alumnado para conseguir un próspero futuro sempre que atopen a contorna e momento axeitados.

Se cadra esta dúbida non era só miña, polo que así todas e todos sabemos algo máis da nosa Faíscas e da súa historia. Agardo que esta segunda época sexa moi lonxeva e que siga amosando a gran cantidade de iniciativas, participacións, actividades, etc que se desenvolven no IES Xesús Taboada Chivite evidenciando que somos un centro moi activo, creativo, implicado e comprometido; grazas ó traballo, esforzo e ilusión dun grupo amplo, moi amplo de persoas, entre as que se atopan: profesorado, alumnado e persoal non docente.

Na exposición que se fixo conclúese que o grao de cumprimento dos obxectivos marcados no proxecto de dirección, moi ambicioso e redactado con gran coñecemento de todo o que rodea a este centro, foi elevado. Concretamente podemos dicir que o cumprimento está por riba do 80% xa que das 34 liñas de actuación definidas chegaron a acadarse 28. Non obstante, para min o que é realmente importante, máis cós números, é poder sinalar que sendo catro anos moi duros, no que atravesamos situacións xamais vividas por culpa dunha pandemia que nin quero nomear, estou moi orgulloso por estar rodeado de xente tremendamente traballadora e comprometida. Aquí debo mencionar ao resto de membros do equipo directivo: Jose na vicedirección, Eduardo na xefatura de estudos e Juan na secretaría traballan de xeito incansable para tentar que todo transcorra da maneira máis fluída. Somos un grupo moi unido que remando na mesma dirección temos a eficacia, exemplaridade, transparencia, o diálogo, etc como sinais de identidade que nos acompañan en todas e cada unha das decisións que se toman ou debemos tomar. Pero ademais, contar cun Claustro implicado, comprometido, colaborador e receptivo sen dúbida fai que todo sexa moito máis sinxelo. Por iso tamén é de agradecer o traballo de todas as compañeiras e compañeiros que durante estes últimos anos estiveron ao noso carón. Tampouco me esquezo do persoal non docente, o seu traballo fai que unha parte importante de aspectos que nos rodean engrenen e funcionen correctamente. Acollemos a nosa renovación con ilusión, ganas de seguir mellorando e ganas de seguir traballando nun período de profunda transformación do sistema educativo ao que non lle tememos, as cicatrices pandémicas e a experiencia atesourada deben darnos pulos para seguir adiante.

Nesta segunda época seguiremos tentando que o Chivite sexa un referente non só a nivel local, senón tamén a nivel provincial e autonómico. Loitaremos para que as nosas alumnas e alumnos teñan as mesmas oportunidades que calquera alumna ou alumno doutra localidade ou da cidade. Impulsaremos e fomentaremos unha educación de calidade, inclusiva, na que teña cabida a diversidade de alumnado, igualitaria e de equidade. Non debemos esquecer que o alumnado é o que dá sentido á nosa profesión, todo o que facemos e en todo o que nos formemos os docentes debe ter un impacto directo nelas e neles, por riba dos intereses individuais.

Este equipo directivo fomentará unha inercia de traballo que procure unha atmosfera dinámica e activa envolvente do noso claustro, de xeito que, sendo conscientes das grandes renovacións, que sempre supoñen aires cargados de novos folgos, polas que a cotío pasa o noso claustro e polas que seguirá pasando (cambios xeracionais, localización da nosa vila, etc,) seguiremos avanzando nos nosos obxectivos trazando unha folla de ruta na que o traballo colaborativo e a ilusión do claustro sexan piares fundamentais para que del emanen as ideas que fan que todo isto sexa posible. Xa rematando, nos vindeiros anos esta folla de ruta estará centrada en:

1. Atender a demanda da transformación dixital na que estamos inmersos.

2. Fomentar a innovación educativa mediante o achegamento e formación en novas metodoloxías.

3. Seguir mellorando as nosas instalacións e recursos en torno á sostibilidade do centro e da súa eficiencia. Seguiremos creando novos espazos para a cooperación, novos espazos de diálogo e de tempos para compartir.

4. Impulsaremos a educación emocional seguindo formándonos neste aspecto.

5. Seguiremos apostando por unha educación de calidade e no que se aposta por unha escola inclusiva e de equidade na que toda a diversidade teña cabida e tamén pola igualdade entre mulleres e homes.

6. Continuaremos co proceso de internacionalización do centro aproveitando a acreditación Erasmus pero tentando o mesmo dende un enfoque plurilingüe na que o inglés non sexa o único protagonista, senón que tamén o sexan o francés e o portugués.

Por último, volvo lembrar que as nosas alumnas e alumnos deben ser os grandes beneficiados e que entre todas e todos, o alumnado incluído, debemos avivar as faíscas que iluminen os nosos camiños.

”O coidado da parte emocional para que haxa vida, esas flores, as mimosas, a auga como vida” Rebeca González González

This article is from: