1 minute read

PROGRAMA

Ao longo da nosa vida, todos nós experimentamos a dificultade que supón cambiar de colexio, non sabiamos moi ben con que nos imos a enfrontar: novos amigos, novos profesores, novas normas, non saber se encaixaremos moi ben no novo centro...

Por iso durante todo o curso 2022 23 desenvolvemos unha serie de actividades de acollida para o alumnado de 6º de primaria que se incorporará o próximo curso ao noso instituto.

Advertisement

Os nenos e as nenas e as súas familias visitaron o noso instituto , vendo todas as clases, percorrendo as instalacións, e participando charlas de presentación.

Presentámosvos unha destas actividades de acollida que realizaron nos seus colexios: Amaro Refojo e Princesa de España. O alumnado respondeu a varias preguntas sobre este cambio, tan grande que lles espera; recollemos todas esas respostas en post-it e expuxéronse no seu cole.

Aquí temos unha mostra representativa de todas as súas inquedanzas.

Que é o que máis che gusta do teu colexio?

- As actividades e os profes tan bos que temos.

- As excursións.

- O patio, o comedor e a clase.

- Os amigos e amigas.